Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Calidade e cantidade

Novo récord de intervencións no Senado: Cacharro, unha en catro anos

Nesta lexislatura que remata, o senador por Lugo tan só fixo unha pregunta, onde se interesaba pola lista de personalidades invitadas por Fomento á entrega dun premio.

Fernando Arrizado - 13:10 25/10/2007

Certo é que, na súa maioría, os representantes do noso país na Cámara alta do parlamento español non se destacan por ter unha intensa actividade parlamentaria, mais o senador electo pola provincia de Lugo e ex presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro Pardo, gañaría unha medalla de ouro de celebrarse unha competición deportiva. En realidade gañaría todos os premios.

Durante os catro anos desta lexislatura que xa remata, Cacharro Pardo realizou unha única intervención parlamentaria (unha pregunta con petición de resposta por escrito). O 10 de febreiro de 2005 rexistrouna no Senado, doce días despois foi admitida a trámite e o 6 de abril foi contestada.

Dado que Cacharro concentrou o traballo de catro anos nunha soa intervención/pregunta, o tema tratado debería ser de vital importancia: "Valoración do goberno en relación coas personalidades invitadas o día 12 de xaneiro de 2005 aos actos de entrega ao Ministerio de Fomento do Premio Internacional Puente de Alcántara", polas obras realizadas na A-6 en varios tramos da provincia de Lugo. Medalla de ouro á 'calidade' no traballo.

Magnitude do seu labor como senador

Mais, para ter unha máis adecuada perspectiva do 'exhaustivo' traballo do de Guarromán (Jaén, Andalucía) -un dos catro representantes de todos os lucenses en Madrid-, cómpre salientar as 166 intervencións do seu compañeiro de partido, o popular Cesar Aja, ou as 590 do socialista Luís Anxo Lage, ambos os dous senadores tamén por Lugo.

Por non falar doutros casos. Lonxe están, por exemplo, as representantes da Coruña e de Ourense, Mª Belén do Campo e Mª Mercedes Gallego, ambas tamén do PP, con 1.923 e 3.452 intervencións parlamentarias cada unha, entre preguntas, interpelacións e solicitudes.

Este dato confirma un dos mitos máis estendidos no que se refire a capacidade de traballo de homes e mulleres. As dúas únicas senadoras con que conta Galiza, dos 19 representantes en Madrid (catro por provincia e tres por designación autonómica), son as que máis intervencións realizaron nesta lexislatura.

En terceiro lugar aparece o ex alcalde de Ourense, Manuel Cabezas (senador por Galiza, en substitución de Corina Porro), que realizou 1.726, ou o que é o mesmo, 1.726 intervencións máis ca Francisco Cacharro Pardo, medalla de ouro á 'cantidade'.

Xa pola cola, dispútanlle o posto ao ex presidente da deputación lucense -aínda que con moi poucas opcións de vitoria- Evaristo Nogueira, senador do PP electo pola Coruña, con 13 intervencións (oito preguntas orais e cinco por escrito) en catro anos. No terceiro posto sitúanse, empatados, o alcalde socialista da Coruña, Francisco Xavier Losada, e o senador por Lugo do Partido Popular Fernando Rodríguez con 15 intervencións cada un.

Senadores por designación autonómica

Outro dato. Ademais de Manuel Cabezas, os outros dous senadores por Galiza, Francisco Jorquera (BNG, en substitución de Anxo Quintana, o único desta formación) e Manuel Fraga Iribarne (PP), realizaron 74 e 324 intervencións parlamentarias cada un, respectivamente.

O primeiro repartidas en dúas interpelacións, 27 preguntas orais, 42 con requisito de resposta por escrito e 3 solicitudes, namentres que no caso do segundo -que non baixa o ritmo- todas foron reclamacións de resposta por escrito.


Ligazóns

4,86/5 (7 votos)

Comentarios (6)

ichavinho #1 25/Outubro/2007 ichavinho

Si senhor asi se xustifica o soldo dos nosos "representantes" no senado.

afonsoriscos #2 25/Outubro/2007 afonsoriscos

todo un currante, si señor!!! que o despidan....

vaia!! se xa o fixeron.

BonKarallan #3 25/Outubro/2007 BonKarallan

¡¡Fóra laretas do senado!! Hai que deixar durmir ¡carallo!

Cesare #4 25/Outubro/2007 Cesare

Se non leo mal, o octoxenario Manuel Fraga realizou 5 veces máis intervencións ca Francico Jorquera... Diaños! E iso sen ter en conta que ao señor Fraga o acompañan un cento de senadores máis, e a Jorquera... mmm... ten que facer todo el soíño.

xacataca #5 26/Outubro/2007 xacataca

Que razón tes, Cesare!

Habría que recuperar a Fraga como presidente de la Junta de Galicia por lo mucho que ha hechio, hace y seguirá haciendo por nuestra región .... y a esos nazi-onalistas del Bloque que van a Madrid de paseo había que mandarlos de una patada en el culo para Portugal .... por vagos.

teixugo #6 9/Novembro/2007 teixugo

Concordo consigo xacataca, todos para Portugal a criar aos nossos filhos!!!!! Nem galescolas, nem blingüísmo, nem enredos. Os nossos filhos criados libremente e não pelo travalho feito nestes últimos 20 anos por estes moinantes pelexos da OPOSIÇãO.

NINHADA DE RATOS!!!!!!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: