O equipo futbolístico africano é o candidato máis firme para xogar contra Galiza o vindeiro mes de decembro en Balaídos.
A Xunta continúa sen desvelar o rival que se enfrontará o vindeiro mes de decembro á Selección Galega de fútbol. Porén,segundo puido saber Vieiros, aínda que hai varias frontes abertas, as negociacións con Camerún están moi avanzadas e poderían incluso pecharse a vindeira semana.
A selección camerunesa está considerada, por palmarés, unha das mellores do continente africano. De feito, gañou en catro ocasións a Copa de Nacións deste continente xesta que lle valeu aos seus xogadores o cualificativo de “leóns indomábeis”. Ademais, o combinado africano participou en cinco ocasións na Copa Mundial de Fútbol.
O partido celebrarase no estadio de Balaídos entre o 26 e o 28 de decembro. De confirmarse que será Camerún o elixido, a selección podería aproveitar o encontro para preparar a Copa de Africana de Nacións que se disputa entre o 20 de xaneiro e o 10 de febreiro de 2008.
Pero a quén lle importa que Galicia xogue contra Camerúuuuuuuuun??? Os partidos son simbólicos! Catalunya vai xogar contra Xibraltar! (simbolismo onde os haxa... sexa Xibraltar unha selección boa ou non)
A ningún galego lle importa que a nosa selección xogue contra Camerúuuuuuuuuuun...
Puaaaaaaaagh!!! ¬¬
Non se trata de "xogar" por "xogar". Trátase de que a selección sexa aceptada nas competicións internacionais... Que noxo de partido este ano. Non o penso ver e moito menos asistir. Que lle dean este ano ao partido da selección.
Escollede:
Países intimamente vencellados a nós:
1º Arxentina
2º Portugal
3º Suíza
Nacionalismos e nacións sen estado:
1º Escocia
2º Irlanda
3º Gales
4º Euskadi
Como a selección xogue contra calquer outro como a pallasada do ano pasado, eu, paso do partido.
Tamén hai galegos aos que lles gusta o fútbol e prefiren ver un bo partido. Para xogar con Suiza, Gales ou Eire (non sabía que era unha nación sen estado!!!) eu prefiro que xoguen con Camerún. Evidentemente, o candidato ideal para o partido de Vigo sería Portugal pero, desafortunadamente as seleccións non venhen de balde e imaxino que a Cidade da Cultura xa se chupa todo o orzamento. Eu si penso estar.
pois eu si q penso ir...sexa Camerún, Euskadi ou Escocia...
Galiza é Galiza...
Portugal coido que non acepta xogar contra seleccións non aceptadas po-la fifa...ou algo así. E ademáis como xa dixeron...non temos tanto diñeiro...
Pero Camerún TEN MOI MOI BO EQUIPO!!!!
Hai q apoiar á selección...pq se non é así, pode que se noutro momento chega o PP á Xunta...colle e quita a selección, coa excusa de que a xente non vai ...e non lle interesa!.
Tedes os dous parte de razón (castrexo e conde). A selección galega tiña que xogar cos equipos que di castrelo para ser máis revindicativo ainda, pero todos deberíamos ir o partido porque xoga Galiza, a nosa selección, a da nosa Nación.
si.. el castrejo...si...
camerum pois camerum...nom gostas...botalhe açucar....
as pessoas nom vão ver umha partida da NOSSA EQUIPA porque gosta do rival de turno...vão ver a sua equipa por AMOR...pero nom amor esquizofrenico do que ti amosas...con naturalidade, a ver umha partida de futebol (do you know?)
Futebol:festa-amizade-rivalidade-esportividade-antiracismo...nom te basta, chegalhe dabondo para serem um jogo feito com umha simples bola de coiro...
Hai gente que por AMOR as nossas cores leva anos e anos procurando que voltassem jogar-se partidos da NACIONAL GALEGA sem importar-lhes um caralho as opossiçaões, os localismos ou se do outro lado jogase um bosnio, um coreano, um camerunés ou um algeriano, O MUNDO é bonito porque é DIVERSO!!!!
que venha o nene agora a subestimar Nações como o Camerum ou Ecuador e dizer que ja esta cansado de ir o estadio a ver jogar a NOSSA EQUIPA, bom ...problemas teus que ninguem interessam...para mi e proprio de imbeciles e escuros...sabes como segue a letra nom...bem...
eu acho que para muitos dos emigrantes do camerum que moran no nosso pais sera umha boa oportunidade para se juntar e festejar, e a nos para demostrar-nos/-lhes a nossa Paixão e Hospitalidade...
bom...espero como nos dous anteriores jogos nesta nova andaina da NACIONAL GALEGA seja umha grande festa e mostra de unidade...
mais nada apertas e serenidade a tud@s...
Eu tamén penso ir, non faltei ningún dos primeiros anos. Aínda así, comparto a opinión de condedecotobade-- hai que buscar simbolismos...
Todos coa nosa selección, sexa contra que sexa non podemos deixala!!!
o momento de canta-lo himno galego o comezo todo o estadio é un momento memorabel...
Eu o do ano pasado non puiden ir, por traballo...fun o de Santiago...e penso ir o de Vigo...
Eu quero ver a Galiza...nada máis...contra quen sexa...e ahí teñen razón Louzara e Carlinhos...
é por amor a nosa terra e o fútbol...
Unha festa galega.
entendo que uns rivais apetezan máis ca outros, sexa por motivos futbolísticos (bos equipos) ou políticos (nacions sen estado, paises con moita "galeguidade"...etc)...
Pero o importante é ENCHER BALAIDOS!!!
Saúde e Terra
Que eu saiba xa se intentou con Portugal pero só queren xogar con selecións oficiais. Iso si, un triangular GalEusCat molaba...
Eu irei de todos os xeitos, pero por deus, que se xogue dunha vez con Escocia ou Irlanda, nacións celtas como Galiza e hoxe por hoxe son mellores futbolísticamente que Camerún que nin sequera chegou ao Mundial.
non eh o feito de contra quen xogar senon que a selecion do noso pais xoge, a que di O_Castrexo pareceme oportuno o que il menciona
SEMPRE EN GALIZA
Por certo, se é verdade que Portugal se nega a xogar contra Galiza, entón o único que podo dicir é que son uns porcos e haber se lle sirve aos galegos que queren un achegamento con Portugal para darse conta que ese país non quere nada con nós.
No seu momento separouse do Reino de Galiza e dende esas poucas cousas fixo en prol de Galiza e por iso eu digo, nin con España nin con Portugal. Independencia!
Castrexo
vente que lle imos meter unha palleira a Camerún. Sempre con Galiza
Está ben, Camerún é un bo equipo.
O problema de xogarmos con Portugal é que máis de un non sabería a quen animar.
Tamén vou, de momento non faltei a ningún dos dous. Iso si, que esta vez avisen por megafonía antes de tocar o himno se hai que cantar o himno enteiro ou a versión express, para sabermos se temos que facer o bis no Fogar de Breogán.
Eu creo que tiñamos que xogar contra esa selección que adestra un tal Luís Aragonés, pero que non é Aragón.
Ou senón, contra a que adestra Clemente, e que non é Euskadi.
Ou se non contra unha selección de xogadores non galegos pero que din que xogan nos equipos galegos: Deportivo, Celta, Racing...
Pois eu non penso ver ese lixo! Iso a min non me di nada!
Panem et Circenses!
Pero é que eu non quero que me poñan só un partido no Nadal. Non vedes que nos están a tomar por parvos? :( Isto é un chiste... Partidos simbólicos deste tipo deberían conter certa reivindicación política como ben saben facer vascos, cataláns e xibraltareños. Iso a min paréceme unha broma.
E o de Portugal... que non se rebaixa a xogar con seleccións "rexionais" ou de "segunda categoría"... Pfff. Xa o sabía eu, vindo de quen ven... en fin!
Queremos estar xogando, de broma, no Nadal todos os anos ou queremos que as nosas seleccións participen en competicións internacionais?
Algúns xa sei que pretenden levarme a contraria a min nos seus comentarios e facer demagoxia unha vez máis porque son parvos e non lles dá a cabeza para máis pero realmente queremos iso para as nosas seleccións? Circo? Facernos o chiste? Chegará un momento no que ninguén sinta nada pola selección... será o mesmo todos os anos.
Eu hei sear pola GALIZA SEMPRE jogue contra quem jogue...Orabem, estou dacordo co que di O Castrexo que os jogos tenhem que ter certo relevo cando menos simbolico, tendo em conta que ainda estamos no tempo de tirar pra diante coa nossa equipe nacional...Outra, certamente sobranceira e mudar de desenho. Nom gostei dele jamais, e se queremos encher o nosso pais de camissolas da Galiza debemos oferecer um equipamento ATRACTIVO, nom a coussa laida que levam os nossos jogadores...A minha proposta e utilizar a nossa bandeira nacional como recurso pra a camissola que e a parte mais importante da indumentaria (e bem doado e bem mais bonito que a pseudocreatividade pretenciossa actual...da que ninguem gosta sinceramente...ou poucos polo que eu sei) e um calzom dum azul mais escuro e meias da mesma cor...O que seja mais nom esta merda (com perdom)...Abofe que bem laido o traxe actual, mais feio impossibel...Vamos O_Castrexo que nisto estamos mais que dacordo! ;-)...Adiante Galiza
Debe ser a primeira vez logo ;)
Concordo contigo tamén en que deben sacar o modelo camisola inspirado nos tetra bricks e facer algo con máis estilo e máis gusto. A ninguén lle gustou ese lixo de camisola.
Ata que non a cambien tampouco a penso ir mercar.
Lastima que Galicia no juega en Buenos Aires con Argentina, asi podria ver el partido en el estadio.
Iso quería eu. Xogar con Arxentina, por exemplo.
Contra Arxentina si que era un bo partido. Gañara quen gañara sería un partido moi emotivo e tiña que ser en Arxentina para rendirlles unha homenaxe a todos os nosos compatriotas emigrados.
Gañarlle a España no terreo de xogo e nos despachos tampouco estaría nada mal.
Sabem que Camerum -ou Kamerun em alemão- vem de CAMARÃO? E que em Portugal também se lhe chama República dos Camarões?
Sim, os alemães tomaram o nome que os portugueses (s. XV, ou seja, os filhos dos galegos) deram àquele território costeiro da África em que tantos camarões apanhavam. Depois franceses e ingleses tomaram o nome do alemão e adaptaram como Cameroon e Cameroun. Cousas.
http://pt.wikipedia.org/wiki/C...
A min gústame a camiseta da selección catalá!
Da igual. Se trata de un partido folclórico de una selección autonómica en la que nacionalistas gallegos se dedican a berrear consignas llenas de impotencia y frustración.
Para gaviotero:
Los partidos de la seleccion del estado español tambien son folcloricos ya que la mayoria de las veces hacen papelones, sobre todo en los mundiales, y en dichos partidos los nacionalistas españoles se dedican a berrear consignas nazionalistas como "¡¡arriba Eapaña!!"
La diferencia, josr, más allá de que se juegue mejor o peor, es que en el caso de la selección española, sí se trata de una selección nacional jugando un partido oficial. Es la pura realidad.
Mientras que en los encuentros para bloqueiros, que es en lo que ha terminado convirtiéndose lo de la selección gallega, se celebran fantasías nacionales cuando la que está en el terreno de juego no es más que una vulgar selección autonómica, en un partido amistoso por no decir simplemente navideño, hasta con varios entrenadores y que no sirve más que para permitirle berrear cuatro tonterías independentistas a los espectadores.
Se nota que no has visto partidos de la selección española hace tiempo, porque lo de "arriba España" no se canta en los campos. Eso es lo que cantabas tú frente al Caudillo con el brazo en alto...Comprendo que ahora necesites disimular.
a nosotros lo que de verdad nos jode es que a esos partidos folclóricos para bloqueiros vaya tanta gente, mientras que la selección española tiene tan poco tirón en esta región que ni siquiera organizan partidos aquí, y cuando lo hacen van 4 gatos.
Gaviotera, a ti o único que che fode é Gaviotero e aos demais que nos dean polo "q"