Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O partido con acento máis galego deste ano

Un 'derbiño' que pode rematar coas bancadas semidesertas

O derbi de Segunda, entre o Celta de Vigo e o Racing de Ferrol, vai enfrontar 12 xogadores galegos. O Celta achega catro e os outros todos veñen de Ferrol.

Redacción - 10:10 01/11/2007
Antes de entrar en Balaídos, en xuño deste ano / Flickr: alfonso_fontan

Antes de entrar en Balaídos, en xuño deste ano / Flickr: alfonso_fontan

Os derbis que todos lembramos eran aqueles Celta-Depor, de cando ambos os dous equipos estaban en Primeira. Agora que o equipo celeste volveu a Segunda, encheu, como acostuma facer, o cadro con xogadores do país, cando hai un ano só tiñan unha presenza mínima.

Esta domingo 12 xogadores galegos hanse enfrontar en Balaídos nun partido que, se cadra, termine co baleiro habitual dos bancos do estadio vigués, xa que, segundo apuntan dende o club, poderían chegar a vender unhas 10 mil entradas.

As cousas van mellor para os celestes, que están de sétimos na clasificación, cos mesmos puntos que o Racing, que está sexto. Ademais os do Celta veñen de lle gañar ao Sporting de Xixón, dando unha imaxe un bocado máis seria que fala das súas aspiracións de volver a Segunda. Os do Racing, pola contra, andan facendo unha das súas mellores tempadas e, coa forza do ascenso, enfróntanse con ansia a grandes como a Real Sociedade, que sufriu para manter o empate a ceros na Malata, o sábado pasado.

Dous galegos titulares no Celta
O novo adestrador celeste, o madrileño López Caro vai apostar por Rubén e Roberto Lago como titulares. O central compostelán, Lago, é fixo nas aliñacións célticas; e o lateral esquerdo, Roberto Lago, volverá á titularidade, tras as súas últimas e boas actuacións no campo. Tamén anda no cadro Jonathan Vila, do Porriño; e Sergio (porteiro do filial) que actuaría como terceiro porteiro. O único galego que fica no corpo técnico vigués (após a marcha de Fernando Vázquez, Ramón Carnero e José Covelo) é o preparador físico, Miguel Martínez.

Xogadores da casa no Racing
No Racing hai tres mozos galegos entre os titulares (o punta vigués Jonathan Pereira, o central Manuel Castiñeiras e o gardameta Queco Piña, que ademais xogou na canteira celeste).

Hai tamén no cadro ferrolán outros xogadores do país coma o defensa coruñés Repi, Diego Piñeiro e os porteiros Rubén Martínez e Paco Fernández. Tamén anda por aí Corredoira, mais lesionado. O corpo técnico do Racing, encabezado polo mugardés Juan Veiga, é enteiramente galego.

O partido xogarase este domingo, ás 18:00 horas no Estadio de Balaídos.


3.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: