Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS XERAIS

O Movemento pola Base censura que o BNG “publicitase” os candidatos antes de que debatera o Consello Nacional

Censuran que os catro cabezas de lista ao Congreso pertenzan á UPG ou sexan próximos a Quintana.

Redacción - 19:32 06/11/2007

O Movemento pola Base (MpB) anunciou que se vai abster na votación dos catro cabezas de lista ás Eleccións Xerais. Segundo fontes citadas por Europa Press, dende esta corrente nacionalista consideran que os militantes “están forzados a decidir sobre un feito consumado”. Coidan que houbo unha manobra para “publicitar” os candidatos propostos pola Executiva Nacional antes de que se discutira o asunto no Consello Nacional.

Segundo as fontes que cita EP, o feito de dar a coñecer os candidatos deixa nunha posición “moi difícil” ao Consello Nacional xa que se non están conformes coa dirección “teñen que desautorizala e iso é moi duro”.

Mais dende o MpB recalcan que a Executiva Nacional escolleu os catro candidatos “dentro do 60%” que venceu na última Asemblea Nacional e deixa á marxe sensibilidades como as da Alternativa, Encontro Irmandiño ou o propio Movemento pola Base.


3,3/5 (10 votos)

Comentarios (5)

eugalego #1 6/Novembro/2007 eugalego

Movemento polo Cu.

ranciadas #2 7/Novembro/2007 ranciadas

Que razón teñen.

fuco-lois #3 7/Novembro/2007 fuco-lois

eugalego estas pola liberda de expresión?. Que eleghanÇia a túa. Podes rebautizarte, mellor, ti porco!

ulo #4 7/Novembro/2007 ulo

é dificil comprender porqué MpB, reivindicandose de esquerdas e obreiro, segue no BNG, que hoxe é de dereitas e burgués (as politicas de privatización denunciadas pola CIG son dignas de calquer neoliberal ou social liberal).
O pobo traballador galego necesita, XA, unha alternativa de clase e de esquerdas. A cada día que pasa, a decepcion vai crecer na base social de esquerda deste país, abrindo a porta ou á volta da dereita, xa directa, o PP, ou xa de maneira indirecta, PSOE/BNG de Quintana e UPG.
Os do MpB teñen unha responsabilidade historica, xunto coas forzas que hai a esquerda do BNG, e é actuar con toda claridade, deixando de afortalar unha forza que cada día é máis de dereitas, o BNG actual.
E teñen esa responsabilidade, porque mentras se manteñan, lle dan ao BNG un carnet que non é o seu, o de ser unha forzas de esquerdas, debilitando as posibilidades da reconstruccion da esquerda na Galiza.
O BNG é o PNB ou o CiU da Galiza.

Canledalebre #5 8/Novembro/2007 Canledalebre

É curioso que cada vez que o Movemento pola Base critica -de forma constructiva- determinados procederes que existen no BNG, que de seguro non son compartidos pola inmensa maioria das bases do Bloque, e que tenden a ir minando os seus presupostos asemblearios e democraticos, saia alguén desde o esquerdismo dicindo que non comprende por que o MpB segue no BNG.
Realmente curiosa esta coincidencia entre o autonomismo dereitoso e o ultraesquerdismo ultraindependentista de que o MpB non siga no BNG, non vos parece? Estarán compinchados?
Galiza e a clase traballadora necesitan que o MpB siga medrando e consolidándose, dentro do Bloque, e tamén fora.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: