A Audiencia Nacional considéraos "responsábeis dun delito de inxurias a El-Príncipe", contemplado no artigo 491.1 do Código Penal.
O xuíz central do penal da Audiencia Nacional, José María Vázquez Honrubia, condenou este martes unha multa de 3.000 euros para cada un dos dous humoristas da revista satírica El Jueves Guillermo Torres e Manel Fontdevila, aos que considera "responsábeis dun delito de inxurias ao Príncipe", contemplado no artigo 491.1 do Código Penal, pola caricatura realizada dos príncipes españois botando un ferrete.
O fiscal Miguel Angel Carballo solicitou elevar de 3.600 a 6.000 euros a multa para os dous humoristas ao considerar que a difusión da caricatura aumentara os beneficios económicos" da revista, o cal considerou "intolerábel para o Ministerio Fiscal".
Os dous humoristas afirmaron non sentirse culpábeis da comisión de ningún delito, namentres que o seu avogado defensor apelou á liberdade de expresión para xustificar a actuación dos seus representados.
Liverdade de expresión e xustiza no estado espanhol xa!!
xuiz:Jose Maria Vázquez"porque no te callas"
carallo, menos mal que hugo chávez vive en miraflores, si non nin o que dín os máis optimistas da forbes que leva roubado dende que rixe o país sudaméricano lle chega para pagala multa por meterse co insigne cazador de mitrofán.
e son estes os xuices e a xustiza que fai que uns tipos e unhas aeromozas teñan desconfianza do poder xudicial no chad? antes de someterme a xustiza en madrid prefiro que me xuzguen en addis-abbeba.
Como dixo Gila_ "Si a los monarcas no les gustan las bromas, que se marchen del pueblo".
Isto que é unha multa ou un imposto sobre os beneficios?
E o fiscal do "Carballo" tamén quererá unha porcentaxe por contribuír á difusión.
Como moito, deberían meterlle 2.500 € para Felipe e Letizia, polo traballo realizado. (jejejeje....). Viva a República!
A min, uns compañeiros fixéronme unha caricatura. E pintáronme con guedellas e todo! U-la multa para eles? Ah, claro, que me debuxaron a min, non ao rei. Esquecíao.
Unha vergonza. Unha Constitución que di que todos somos iguais agás o pailán ese e a sua familia cos seus trepas e achegados.. manda carallo!
Se fora eu o que os tivera que pagar serían os 3000 € mellor gastados da miña vida...
Solo decir da viñeta de Guillermo Torres e Manel Fontdevila, que hai un antes e un despois desa caricatura.
Eles foron os que lle abriron os ollos ao resto da sociedade e agora moitos estan a darse conta que o rei non é intocable.
A partir de agora sabemos que o que se fai na casa real é cuestionable.
- ¿En qué se gasta o presuposto da casa real? (é non digo nos actos oficiales). Donde está o diñeiro que "sobra" a fin de ano? Ou e que casan exactamente os ingresos e gastos?
- A pregunta de Chaves molestoulle de verdade ao rei. Acaso sabía él algo do intento de golpe de estado en Venezuela?
- ... A partir de aquí podedes ir facendo vos todas as preguntas que queirades.
Por que se separaron Marichalar e a elefanta Elena?
Por que din que Felipe é do Real Madrid?
Porque non fai máis que foder á la leti...la leti, la leti co de Madrid...
Os duques de Lugo sepáranse. Como van repartirse Lugo?
Compatriotas de Lugo, temos un grave problema.
¡¡Nin ducados, nin coronas. Queremos celtas e sen filtro!!