Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Piden que se revisen as medidas adoptadas

Os ilustradores galegos solidarízanse con 'El Jueves'

Consideran que o secuestro da revista é un “ataque inaceptábel á liberdade de expresión” e supón unha “censura retrógrada”.

Redacción - 17:19 26/07/2007
Cabeceira da web da AGPI, por Ictioscopio

Cabeceira da web da AGPI, por Ictioscopio

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, AGPI, rexeita o secuestro da revista satírica El Jueves e o peche da súa páxina web. Os ilustradores consideran que os feitos constitúen “un ataque insólito e inaceptábel á liberdade de expresión”, e que son unha “censura retrógrada para a democracia”.

A entidade, formada por máis de 70 profesionais do país, afirma que o secuestro e o peche do portal atentan contra a libre expresión das ideas e resultan “perigosos”. A AGPI di que hai outro tipo de procedementos máis axeitados no caso de que se cometan inxurias ou calumnias, sen ter que chegar a eses extremos.

Por todo iso, os debuxantes galegos solidarízanse cos traballadores da revista, deséxanlles que se restabeleza o seu labor e pídenlles ás autoridades que defendan os dereitos democráticos e revisen as medidas adoptadas contra El Jueves.


4,75/5 (12 votos)

Comentarios (2)

ecoe #1 26/Xullo/2007 ecoe

Mais nas declaración de inculpamento non reclaman o minimalizado dereito de libre expresión!

Tino #2 27/Xullo/2007 Tino

Hai q abrir o debate cara unha república e a eliminación de prebendas ao nacimento nunha determinada familia.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: