Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Francisco Rodríguez, voceiro do BNG no Congreso

"A idea dunha Galiza incapaz está introducida incluso no nacionalismo"

En poucos meses deixará Madrid despois da súa traxectoria como deputado nacionalista no Congreso. Esta semana visitou Vieiros. Con el falamos entre outros asuntos da política estatal, do BNG ou do Goberno.

F.Arrizado/R.Noguerol/R.Vilar/ Uxío Broullón (vídeo)/ César Galdo (fotos) - 09:10 14/11/2007
Tags:



Francisco Rodríguez apura os últimos meses como voceiro do BNG no Congreso. Atrás quedan doce anos de intenso e brillante traballo parlamentario que ninguén lle discute. O adeus ao Parlamento español, non é nin moito menos, un adeus ao activismo político. Aos seus 62 anos, Rodríguez quere combinar a docencia (pedirá atender alumnos de Garantía Social) co traballo interno no Bloque. O líder da UPG, o partido historicamente hexemónico dentro da organización frontista, quere seguir a dar a batalla. Logo de 35 anos militando no nacionalismo repasa con Vieiros a súa última etapa no Congreso e tamén se estende na súa visión do problema nacional.

Rodríguez é consciente de que a súa persoa esperta simpatías e receos a partes iguais, incluso dentro do propio Bloque. Mentres que uns o consideran unha das figuras máis válidas do nacionalismo contemporáneo outros cren que é unha sombra demasiado pesada e incluso negativa para o futuro do BNG. Sexa como for, Paco Rodríguez non puxo ningún tipo de condicionante para debater abertamente con Vieiros. Durante case dúas horas participou nunha mesa de redacción na que non faltaron momentos de paixón e outros máis pausadamente reflexivos. Ofrecémoslle os resultados desa conversa:



4,79/5 (28 votos)


Comentarios (19)

Xabi1 #1 14/Novembro/2007 Xabi1

Vale, Paco. Onte vinche nun filme sobre Reganosa falando da empresa, a súa ubicación, a planta e o "proxecto estratéxico" que supón esa empresa para Galiza.
amén decías que estás en contra da ubicación pero a prol da planta de gas. Esquizofrenia chámanlle á figura?.
E lembrei aquelo do auto-odio.
E escoitei que o alcalde de Mugardos, do teu bloque querido, amezada veladamente á veciñanza próxima á planta con que se non venden á empresa casas e terreos, él, o concello, expropiará en beneficio de Reganosa.
Cóntalle, Paco, a Luz Torrente o ben que estará cando dentro duns meses lle expropie o alcalde de Mugardos a súa casa para construir unha rotonda, xusto aí, na súa casa, seguro que non é por ser opositora á planta de gas, seguro que é por calquer outra cousa: igoal que facía o alcalde de Teo, Armando Blanco, que era do PP, cos veciños opositores a súa política municipal.
Un día, Paco, contas en público as razóns que levaron ao BNG- ou é só a ti e á UPG?- a apoiar a planta de Reganosa e as razóns para declarar a Tojeiro fillo predileto das Pontes de García Rodríguez por iniciativa de Vitolo, ex-alcalde do BNG e membro da UPG: haberá moito progre en Galiza, pero que os comunistas anden de ganchete co empresariado rapaz e ruín, que paga mal, que é un explotador, iso, Paco, non me negarás que non é novidoso nesta periferia europea.
Total, en resumo, que a culpa témola nós, os de embaixo, porque non comprendemos ben o papel do Conselleiro de Industria, recentemente recuperado dunha enfermidade, que está desaparecido en combate desde que trincou moqueta, en especial no tema de Reganosa.
A culpa será de quen sexa agás vosa, do BNG, por quer continuar levantando o mamotreto da Cidade da Cultura e deixar entrampada para sempre a Galiza.
E sobre contratacións en Vicepresidencia, na Consellería de Medio Rural ou na Consellería de Cultura, irregularidades graves, todas, denunciadas pola CIG (tamén estes traballan para o PP, Paco?), sobre iso non falamos, Paco. E sobre o modelo urbanístico de Poio (Pontevedra) con alcalde do BNG, tampouco falamos.
Non, se aquí o fácil é remontarse aos Reis Católicos e falar do auto-odio, pero da actualidade, pouco.
Por exemplo, vos que queriades ser "hexemónicos" resulta que agora sodes compañeiros do PSOE no bipartito, seguro que polo ben de Galiza, iso fica claro, Paco, pero hai que mudar moito, pero que moito, moito, para receber a Zapatero na mani de Nunca Maís a base de ovos de corral e agora gobernar tan tranqui coa súa franquicia en Galiza.
E teño unha dúbida, Paco. Ti retornas... porque sabes que ides perder escanos no parlamento español. Ou non?.

jujolor #2 14/Novembro/2007 jujolor

non sei que me da que os comentarios feitos son soamente feitos dende o rencor de alguien que queria que perdurase o de sempre non si, mais creo que hai que mirar cara diante e iste si iste señor e a unica representacion da Galiza dentro da camara de deputados do estado Español, e il a soamente il e o que mira cara os intereses de todos os galegos non coma outros que antepoñen a E antes da G.


SEMPRE EN GALIZA

boinete #3 14/Novembro/2007 boinete

Independentemente de que un seña nacionalista ou non, a xente como Paco Rodríguez haille que recoñecer o seu traballo a prol de Galicia, como algún día tamén llo recoñecerán a Manuel Fraga os nacionalistas.

boinete #4 14/Novembro/2007 boinete

Por certo, no das caixas de aforro ten máis razón cun santo.

xacataca #5 14/Novembro/2007 xacataca

#3

Poñer no mesmo saco a un "tipejo" como Fraga e a un home -que aínda que non comparta moitas das súas ideas- como Paco Rodríguez di moi pouco (ou moito) de ti.

Por certo, boinete, no das caixas de aforro ten (e tes) máis razón cun santo.

ulo #6 14/Novembro/2007 ulo

Pregunta: como se pode ser nacionalista nun estado centralista, que nega expresamente o dereito a autodeterminacion; e que todo o programa politico xire a redor da exixencia de máis autonomia.
Na miña terra, que é Galiza, iso é rexionalismo.
Unha nazon, por esencia democrática, ten que exixir a autodeterminacion nos feitos, non nas palabras os días de festa, 25 xullos, congresos, etc. E se iso choca coa constitucion realmente existente, pois ha que loitar contra esa constitucion.
Exixir "autonomia", por moito que poña "nazon", non deixa de ser un eufemismo de "rexion autonoma historica". E polo tanto que iso defende non é nacionalista, é rexionalista.
O BNG retrocedeu máis atras que os martires de Carral, hoxe xa renunciou mesmo a reivindicacion da circunscripcion unica, a disolucion das provincias impostas dende o estado e das diputacions.
Hoxe o BNG é unha organizacion rexionalista, disfrazada de nacionalista.
E todo o demáis, palabras valeiras de contido.

Espasende #7 14/Novembro/2007 Espasende

O Paco non era o único que estaba do BNG no parlamento. Agora mesmo tamén anda a Olaia Fernández e no seu día, outros. Non é só traballo dil aínda que el sexa o portavoz.
Do Paco habería que pedirlle contas das purgas internas da UPG, das de hai anos ás de hai pouco. Habería que preguntarlle pola súa teima antiindependentista, dos seus escornamentos co Beiras e Camilo. Habería que preguntarlle polo papel sectario da UPG dentro do BNG. Habería que preguntarlle se puido facer moito mais do que fixo, que eu non lle poño chatas a esa laboura pero non vou caer na complacencia. Habería que preguntarlle por ese sistema de delegados que "delegou" o asemblearismo á historia.
A min, particularmente, Paco Rodríguez e camarilla son virus dentro do nacionalismo (que non digo que poideran facer un traballo bon no eido institucional). Aínda pensa que é son a vangarda comunista e andan da mao dos empresarios, de Reganosa ou de Construtora Galega. En fin. Paco, xubílate tamén da UPG e do BNG! E moi atinadas as consideracións de Xabi1 e de ulo. Cómpre outra alternativa dentro do nacionalismo galego

lavesedo #8 14/Novembro/2007 lavesedo

Ai mimá os do benegá!! E vieiros fai unha entrevista con mordente, ehh!!, indo onde doe, xornalismo do bo, lede só devagar o encabezamento deste artigo. Como dixo Carlos Blanco o outro día en Chantada "después quedamos ahí atrás para chuparnos las pirolas"
Concordo co XAbi1, co ulo e co espasende.

lavesedo #9 14/Novembro/2007 lavesedo

perdón, quixen dicir que lerades a primeira alínea.

breixoak #10 14/Novembro/2007 breixoak

Pois eu creo que a entrevista clarifica moitas cousas. Tamén o momento dunha UPG un tanto debilitada e as dúbidas dun BNG que non acaba de erguer a cabeza. Non son paquista, nin o fun nunca, mais creo que este país ten demasiada facilidade para as críticas viscerais. O coronel tivo cousas moi boas, que repercutiron no ascenso do BNG, e tamén é certo que tivo comportamentos que rozaron o despotismo (ou eu ou ninguén).

Lavesedo, para ser de Cangas, es ben pavero

lavesedo #11 14/Novembro/2007 lavesedo

breixoak, e ti porque dis q son de canghas???

carlosroca #12 14/Novembro/2007 carlosroca

Parabéns polo traballo e a reflexión señor deputado. Animese a continuar na liña que esta entrevista define. Sempre por e para Galiza.

Lamento que @s progres, radicaliñ@s que andan nas nubes e individualistos-camaleonico-oportunistas, teimen ir fronte ao BNG, mais desgrazadamente e mentres o País non mude haberá que convivir e aturalos. En fin, canta enerxia desperdiciada.

BonKarallan #13 14/Novembro/2007 BonKarallan

¡¡Parabens!! Francisco Rodríguez, un histórico desde os tempos da ditadura franquista, como o son tamén Beiras, Encarna Otero, Suso Seixo, o secretario da CIG, e o xa falecido Moncho Valcarce, o párroco de Sésamo e Sueiro e da Ermita de San Cosme e San Damián, mais coñecido polo "cura das Encrobas". amigo meu...

Poderédeslle discutir moitas cousas, pero nunca, que é un home honesto, honrado, leal e sobre todo un traballador pola defensa da nosa Galiza.

manual #14 14/Novembro/2007 manual

Que mágoa ver que, en xeral, os comentarios non serven para un debate serio senón para ver quen chega ao maior insulto.

A min na entrevista paréceme que vai unha boa análise da situación do BNG, do Goberno e do país. Na miña opinión, Francisco Rodríguez é un dos grandes capitais que ten o BNG e que ten Galiza.

sozinho #15 15/Novembro/2007 sozinho

Francisco é un exemplo de boa maduración, un valor seguro, non como Fraga. Sen embargo, xacataca, Fraga tamén ten experiencia e valores: constitución, varias leis, intento de reforma do senado... En fin, que independentemente de coxuntura política, ideoloxía ou carácter, a política é un traballo desenvolvido e Fraga fíxoo. Ademais rodeouse de caciques que o mantiveron no poder e que tiraron partido da súa neglixencia. Pero estamos en Galicia e iso sucede en tódolos partidos. En canto a Francisco, unha mágoa que non siga en Madrid e unha mágoa unha entrevista tan pobre, máxima tendo en conta que durou... dúas horas!

Xabi1 #16 15/Novembro/2007 Xabi1

Obrigado, Carlosroca, por me perdoar a vida. Se non mudo, por favor, envíame a un campo de re-educación nacional-popular pouco asombrado.

carlosroca #17 15/Novembro/2007 carlosroca

Velaí está o recoñecemento do erro para encetar o camiño do acerto, a xenerosidade e o traballo para o País. Exemplo es a ollar por outros progreadictos... a desintoxicarse! ;-)

ghalisia #18 15/Novembro/2007 ghalisia

sozinho: "unha mágoa unha entrevista tan pobre, máxima tendo en conta que durou... dúas horas!"

Clica, home, clica e verás que entrevista é moi longa...

sozinho #19 15/Novembro/2007 sozinho

Pois menos mal que mo dis, ghalisia, estou afeito ás micro-novas de Vieiros. Isto si é un bo traballo. Penso ten moito miolo e demostra que ten moito que ofrecer a quen queira aprender da política do país dentro ou fóra do bloque. Unha gozada. Parabéns, Vieiros, a ver se seguides así coas entrevistas!
Non é que estea dacordo en todo o que di, pero si penso se tratan os temas con calma e coa racionalidade que precisan. Francisco sempre me pareceu un político demasiado ideaista e que non concretaba, pero inda mantento algunhas destas eivas, vai mellorando (ao meu entender). Sen embargo... canto ten que aprender Quintana!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: