O obxectivo é desvincular a mala sorte deste animal. Ao redor de 60 mil felinos pretos son asasinados anualmente no país mediterráneo.
A superstición persegue os gatos dende hai séculos
Aínda que sen moito arraigo en Galiza, noutros países europeos o gato negro asóciase á mala sorte. Mais é en Italia, lugar en que mesmo algúns homes persígnanse cunha man namentres coa outra cobren as súas partes para se protexeren do 'maligno' animal, onde esta superstición vai máis aló da anécdota.
Segundo algunhas estimacións, ao redor de 60.000 felinos de cor preta morren asasinados cada ano neste país. Co fin de que esta cifra diminúa, informa a axencia ANSA, a Asociación Italiana en Defensa dos Animais e o Ambiente (AIDAA) organiza este sábado nas principais cidades unha xornada para reclamar a dignidade do gato negro.
Entre os eventos inclúense exhibicións ao aire libre, xuntanzas e xantares aos que levar aos michos, e entregas de premios e galardóns para os seus mellores protectores.
"O noso primeiro obxectivo é reducir o número de animais asasinados ou abandonados" -afirmou Lorenzo Croce, representante de AIDAA- "mais tamén loitar contra a superstición e axudar a limpar a mala imaxe dos belidos gatos negros".
Nom é isso que nom tenha arreigo na Galiza, como aí se diz, mas na Galiza os gatos pretos dam boa sorte! Assim o recolhe o médico novecentista Jesus Rodríguez López no seu interessante «Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares» (em espanhol), publicado pola primeira vez em 1895.
É por esse motivo que nas casas galegas tradicionalmente costuma haver polo menos um gato preto.
I eu propoño que copiemos a idea eiquí! Tanto mais se, coma dí o #1, hai tradición de que traian sorte e de telos polo medio.
A min, alomenos, venme que nen pintado! ;o)
Está ben que o digas ti #2 e logo que se celebre o día do "carallán".
Na Coruña hai unha Administración de Lotería que se chama Gato Negro e eu xoguei unha vez no Nadal e tocoume a pedrea.
Así que eu aos gatos negros téñolles moito agarimo.