Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Todos contamos, ti tamén"

Construíndo futuro: outra oportunidade para o patrimonio

A Unesco abriu novamente o proceso para a declaración de obras mestras da humanidade. Escolas galegas e portuguesas protagonizan outra vez a loita polo recoñecemento ao patrimonio inmaterial galego-portugués.

Redacción - 09:00 20/11/2007

"Hai dous anos case o conseguimos", lembran desde o colectivo Ponte nas Ondas. Daquela a Unesco xa recomendara seguir no impulso da candidatura para unha posterior oportunidade. E desta volta ábrese o camiño para ela. O patrimonio inmaterial galego-portugués pode, "como merece", ser recoñecido internacionalmente.

Desde a asociación lembran que coa entrada en vigor da Convención do Patrimonio Inmaterial, a Unesco estabeleceu que só os Estados poidan inscribir as súas propostas para a proclamación de Obra Mestra da Humanidade. O prazo de presentación de candidaturas para a lista indicativa abriuse xa no mes de setembro, e as novas inscricións serán publicadas no outono de 2009. Desde Ponte nas Ondas turran xa para que os gobernos español e portugués "non deixen pasar esta nova oportunidade".

"É un deber das presentes xeracións non crebar o elo da cadea que lles corresponde no devir histórico e transmitírenlle aos seus herdeiros a cultura recibida dos antepasados, modificada e adaptada, sen pretender impor formas antigas de vida, máis polo contrario, divulgándoa para que poida ser recriada e así recibir novo alento", expón a campaña. "Un patrimonio para o futuro da Eurorrexión!".


4,3/5 (10 votos)


Comentarios (5)

bernaldina #1 20/Novembro/2007 bernaldina

E porque non, patrimonio inmaterial con Asturias ou con Castela e León. Os portugueses pasan de nós.

ranciadas #2 20/Novembro/2007 ranciadas

Sinxelamente porque o boicote desde as forzas rexionalistas asturianas e do propio goberno autónomo e de Izquierda Unida foi unha das campañas, xunto coa prensa de ultradereita de La Nueva España, das máis noxentas que se puideron dar contra Galiza. A cultura galega está só no Eo-Navia, o resto que apande. Eu non nos quero en ningunha candidatura conxunta. Hai que falar claro, NON ESQUECEMOS. Con Portugal e co Bierzo SI.

Maeloc-do-Rouco #3 21/Novembro/2007 Maeloc-do-Rouco

Cara Bernaldina, esquece-te o que @s portuguess@s (lisboetas) pensem ou deixem de pensar de nos..Tamem moit@s galeg@s forom ate "onte" a Portugal falando castelhano e espanholeando (e moit@s ainda a dia de hoje pra confundir mais as coussas)...Estamos a falar dum patrimonio galego-portugues (ou GALAICO) que fala das duas Galizas, ate o Minho e entre o Minho e o Douro que historica, cultural e antroplogicamente som a mesma nazom (a Sul posibelmente mais lusitanizada pola influenza lisboeto-lusitana e a nossa posibelmente espanholizada pola influenza castelhano-madrilenha)...Asturies nom quere saber nada de Galiza tam pouco, eles forom ensinados que som a origem da nazom espanhola (?) e ainda que seja um "disparate" e que haberia que olhar mais a Historia da Galllaecia Asturicense (origem dos reinos galaicos de Asturies e Leom) e dificel fazer-lhes cair da "burra"...Por nom dizer as areas galaico-lucenses de Eu-Navia e Val de Ibias, occidente berziano e As Portelas em Samora...O que nos compre e analisar os porques das coussas e acougadamente fazer umha leitura que erga esperanzas e corasons

mineru #4 21/Novembro/2007 mineru

Las cosas son muy claras amiguitos!!!!!Si quisierais el apoyo de asturies lo habriais conseguido de una manera muy facil:RESPETANDO.Cuando se pidio la candidatura,con poner tambien que era parte del territorio asturiano el que tambien entraba en la propuesta,todo arreglado,como asi paso con la propuesta conjunta de Asturies y galicia que hace poco fue aprobada,para bien de todos.Pero como algunos siguen con ese afan neo-imperialista,pues lo sentimos pero no podemos apoyar un proyecto de absorcion territorial por parte de galicia hacia territorio astur.

mineru #5 21/Novembro/2007 mineru

Yo tengo otra propuesta:presentar al reino asturiano para el patrimonio inmaterial;donde estaban incluidos todos los territorios del noroeste peninsular;un reino medieval que fue la primera nacion de la peninsula iberica,que aun tienen en comun lengua y cultura!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: