Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'DEBAIXO DE DZIGA VERTOV HAI UNHA BUXAINA'

Valentina Carro gaña o 'Pérez Parallé' cun poemario de vangarda

Valentina Carro Padín, de 23 anos e afincada en Barcelona, gaña a vixésima edición deste certame cunha obra que recupera "a mellor tradición vangardista".

Redacción - 12:30 20/11/2007

Valentina Carro Padín naceu en Castrelos hai 23 anos. Cursou o bacharelato en Cambados e estudou en Barcelona, onde traballa na actualidade. Debaixo de Dziga Vertov hai unha buxaina é un poemario que traballa na tradición vangardista dende unha perspectiva feminista. Recupera deste xeito unha forma de contar o mundo que tivo produtivas experiencias no noso país, como Ronseltz ou Rompente. Así o destacou o xurado, formado polos escritores Lino Braxe, Xiana Arias (gañadora do Pérez Parallé o pasado ano), e a crítica literaria Ana Salgado.

O premio, concedido polo Concello de Fene, permitirá a publicación da obra en Espiral Maior. A entrega do premio terá lugar o vindeiro sábado, 24 de novembro, a partir das 20 h nos locais do Círculo Mercantil Unidade de Fene. Así mesmo, o xurado acordou conceder un accésit ao libro As idades do metal, de Alfredo Ferreiro, que tamén será publicado en Espiral Maior, co título de Metal Centro.

De Cambados a Barcelona
Valentina Carro Padín é natural de Castrelos e cursou os seus estudos no IES Ramón Cabanillas de Cambados onde en 2001 acadou, co relato "De Lady O''Hara en Buenos Aires y otras pequeñas cosillas" o 2º premio do certame de narrativa convocado polo Ateneo Valle Inclán de Vilanova de Arousa. Na actualidade vive e traballa en Barcelona.


4,1/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: