Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O Extrugasa enfróntase ao líder do seu grupo

Outro partido do mellor do baloncesto galego que non vai retransmitir a TVG

As de Vilagarcía xa están na capital rusa, dispostas a xogar contra o até o de agora invencíbel BC Moscow.

Redacción - 11:33 22/11/2007
Leslie Ardon, unha das mellores do Extrugasa, no partido contra o Sdent Sierre Basket

Leslie Ardon, unha das mellores do Extrugasa, no partido contra o Sdent Sierre Basket

As xogadoras do BC Moscow lideran até o de agora o Grupo I da Copa de Europa de baloncesto, e as galegas viaxan a Rusia conscientes das poderosas rivais ás que se van enfrontar esta tarde no Pazo dos Deportes de Krylatskoe.

As xogadoras rusas, moi potentes fisicamente, moitas rozando os dous metros de altura e moi boas no xogo interior son un rival impecable, que poñerá a proba os nervios da arousás.

Despois de lles gañar a semana pasada ás suízas do Sdent Sierre Basket por 85-64, a clave da clasificación está en vencer ao Beretta-Familia na casa, no pavillón de Fontecarmoa, o vindeiro 5 de decembro. Pero as galegas non van renunciar a gañar en Moscova.

A Galega tampouco vai retransmitir este partido
Desta volta a Galega tampouco vai retransmitir un partido do mellor baloncesto galego e dun equipo que, após anos de loita, conseguiu situarse entre os mellores de Europa.


3,75/5 (4 votos)

Comentarios (2)

bcngz #1 22/Novembro/2007 bcngz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha cousiña neniño/a... Non se pode ser máis sensacionalista que tiular a nova vencellando o tema a que non será retransmitido o partido, no canto de falar por exemplo das expectativas do equipo galego. Se non é retransmitido (CHO DIGO COMA XORNALISTA QUE SON DUN MEDIO ESTATAL), é porque o público obxectivo desta retransmisión sería minimísimo, é dicir, non o vería ninguén. E a televisión, aínda que sexa pública, debe manter unha marxe de share ao longo da súa grella. Un mal programa afecta non só á grella dese momento, senón que tamén á franxa na que se ubique.

Ademais. Suspenso á hora de titular! Coma pode ser que o titular da nova sexa practicamente o mesmo que o ladiño do final? Eu pregúntome, tes algún tipo de formación?

Tino #2 26/Novembro/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

bcngz: ti tampouco tes moita formación. Da tua frase "coma pode ser" a q te refires? ao verbo comer? Deberia ser "como pode ser".
Mais o importante desta noticia é q o apoio da tvg ao deporte galego é infimo por non dicir ridículo. É imperiosa a TVG2 onde teria cabida todas estas emisión "de malos programas q non veria ninguén segundo dis ti". Eu veriao e moitos galegos mais tamén, ademais de programas culturais, noticieiros serios e q aprofunden na noticia, retrasmisións de festivais e actos culturais con desconexións por comarcas...
Todo isto non o veria ninguén...coma ti, por exemplo, mais non todos somos coma ti.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Marina Kress, outra das xogadoras do Extrugasa Cortegada, a pasada semana xogando contra as suízas
Marina Kress, outra das xogadoras do Extrugasa Cortegada, a pasada semana xogando contra as suízas
Anastasia Danilochkina, unha das estrelas do equipo ruso
Anastasia Danilochkina, unha das estrelas do equipo ruso



Locais:
GZ-Sete