Fidel Castro. A miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet (Edicións Xerais) estará nas librarías a finais de ano e presentarase en febreiro na Feira do Libro da Habana.
A relación de Fidel Castro con Galicia é ben coñecida. O seu pai, Ángel Bautista Castro, naceu en Láncara, e despois de ser enviado á Guerra de Cuba en 1898 e de regresar por un breve periodo a Galiza, estableceuse definitivamente na illa. Fidel visitou Láncara en 1992, concello que adquiriu un certo simbolismo nas eleccións municipais de 1979, cando BNPG e PCG, moi igualados en votos, pugnaron por gobernar o lugar de orixe do líder da revolución cubana.
Fidel Castro. A miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet é a tradución ao galego, aumentada e actualizada (revisada polo propio Fidel durante a súa convalecencia), de Cien horas con Fidel, presentado por Ramonet en Cuba en maio de 2006. Xerais publicará a obra en decembro, e a súa intención é presentala en febreiro na Feira do Libro da Habana, onde Galiza será o país convidado.
A obra, produto das entrevistas que Ignacio Ramonet tivo con Fidel Castro durante tres meses, repasa toda a vida do presidente de Cuba, dende a súa infancia, a Revolución ou os momentos que marcaron a historia do país nas últimas décadas, como a crise dos mísiles e a visita de Xoán Paulo II, así como a relación de Fidel co Che Guevara e Hugo Chávez, e o futuro do socialismo.
Finalmente, o libro, traducido por Xosé Manuel García Crego, tamén trata as orixes galegas de Castro, así coma a participación de galegos no asalto ao cuartel Moncada e no proceso revolucionario. Ademais, un dos capítulos está dedicado a Manuel Fraga e noutro repasa as súas relacións co Estado Español a través de Felipe González e José María Aznar.
Muito bom, mas já tem falado galego nessas entrevistas:
http://loja.campo-letras...
A obra que publica Xerais está completa, coas indicacións e últimas achegas que fixo Fidel Castro. A outra obra da que fala Moledo non ten nin incluíu estas achegas polo cal, a edición de Xerais é a definitiva e completa. E, polo que teño lido eu, son ben importantes as indicacións finais de Fidel e incluídas na obra publicada pola editorial galega. Só esa puntualización ao comentari de Moledo.
Entrañable la admiración de los nacionalistas gallegos (y también de alguno español) por este carnicero cubano que mantiene oprimido al pueblo cubano...¡¡¡VIVA CUBA LIBRE!!! ¡¡¡MUERTE AL DICTADOR!!!
Carroñeiro, non sei por que será pero tamén un admirado teu como Manuel Fraga Iribarne é admirador de Castro, porque por enriba de todo éstahe o nacionalismo galego e iso amólache. Pois revólvete.
Iso é que o seu pai reclámao.
ranciadas, si fueras inteligente ya hubieras advertido lo de que "también alguno español" admiraba a Castro. Pero te equivocas conmigo, yo no admiro en absoluto a Manuel Fraga. Lo único que le reconozco es haber tenido que aguantar durante tantos años a miserables como tú.
Interesante libro, deseguro.
Aínda que algunha mente lucida (sic) como a do ghavoteiro non se dea de conta de que a opresión ao pobo cubano mantena EEUU, quizais lendo unha migalla se lle vaia curando.
gaviotero vai comentar algho no artigo de dani álvarez, sobre os neonazis, bule!! q seguro q dende dentro tes moito que contar.
Pois seguro que di cousas máis interesantes co de Asnar.
Bo, será moi interesante para min ler ese libro para ver como explica Fidel certas cousas contraditorias. Iso si. Se Ramonet e Fidel tocan o tema.
Como explicase Fidel a súa amizade con Carlos Andrés Pérez (C.A. P), ata o punto que este foi o primeiro que lle vendeu petróleo a prezos preferentes (pacto de San José). De feito, na toma de posesión de C.A.P. Fidel foi un dos invitados de honra. (Como dicimos en Venezuela. O primeiro chicharrón)
Como explicase Fidel as declaracións do goberno Cubano ante o sanguento e criminal golpe de estado do 04 de febreiro de 1.992 ao seu amigo C.A.P. Comandado por Hugo Rafael Chávez Frías e o gran compañeirismo que comparte con este na actualidade. Non é algo contraditorio?
Como explicase Fidel o descoido do embaixador de Cuba en Venezuela Germán Sánchez Otero ao recoñecer en público a xerarquía presidencial do innomeable Carmona Estanga. Polo menos os embaixadores de España e USA foron menos expresivos que o seu colega Cubano.
Esperemos e leamos a ver como se explican estas contradicións.
En primeiro lugar dicir que sempre fun votante do BNG dende que tiña 18 anos. E a verdade e que me parece moi complicado de defender o réxime de Fidel Castro. Non se poden criticar outro tipo de réximes ou dictaduras e non criticar a Fidel ou a Chaves por moito que digan que son de esquerdas. A realidade esta clara, en Cuba non hai liberdade de expresión e non hai liberdades políticas. Nos USA que tanto gustan criticar alguns, a liberdade de expresión é un feito, ali podense defender todo tipo de ideas. Estou de acordo en que os USA en moitas cousas non son un modelo, pero no caso da liberdade se expresion e na liberdade de prensa son un modelo a seguir. E para os que discrepan invitoos a leer de vez en cando o Herald Tribune, New York Times, etc ...
Esta claro que repercute o bloqueo dos USA en Cuba, pero tamen é certo que innumerables paises e empresas comercian con Cuba evitando o bloqueo Americano, polo que este é mais simbolico que real. Incluso empresas Americanas venden multitude de productos a Cuba, como poden ser carne, cereais, mediciñas, etc ...
En fin, espero que os sipatizantes, votantes e membros do BNG muden a sua actitude con estes personaxes que son doutro tempo.
Bueno, antes de nada vamos a ver si Fidel llega a diciembre, que con un poco de suerte...
Compañeiro XOHAN. Eu non creo que o BNG teña como liña o apoio aberto a gobernos como o de Chávez ou Fidel. De feito, ata o que eu se, Anxo Quintana foi bastante ponderado ao comentar o altercado entre Juan Carlos I e Hugo I. Non che podo negar que algún dos seus membros poida habérselle reblandecido o entendemento a forza de petrodólares cos que posiblemente se compraron tantas conciencias en España por exemplo a de Juan Carlos Monedero.
Os que asumiron unha defensa sen concesións de Chávez son Esquerda Unida en boca de Gaspar Llamazares e o eurodiputado Willy Meyer. É vergoñosa a forma rastrera como estes políticos venderon a súa conciencia ao sátrapa de turno en Venezuela.
Non é a primeira vez que un criminal tomou o pensamento Socialista como unha sorte de disfrace para intentar saciar a súa fame de poder absoluto. Podemos sinalar o NACIONAL SOCIALISMO de Hitler.
En esencia Chávez non é máis que outro militar latinoamericano que intento acceder ao poder dando un golpe de estado 04/02/1.992. No cal asasináronse inocentes e intento derrotar a un goberno elixido nun proceso moito máis democrático que o tecnocrático sistema que permitiu a continuidade deste criminal no poder.
Desde que ingreso ao goberno dedicouse a fomentar a división entre os grupos sociais e dilapidar a maior bonanza petroleira da historia do país comprando conciencias de intelectuais, políticos e medios de comunicación en Venezuela e todo o mundo. Ata na nosa Galiza. Se queres podes ler os últimos 20 titulares GZ-EXTERIOR dedicado a Venezuela e poderasche dar conta que non se menciona para nada a opinión ou a realidade da comunidade Galega nese país. Pola contra, non é máis que a tradución ao galego da liña editorial da Axencia Bolivariana de Noticias.
Se a alguén se lle ocorre discrepar do mesiánico pensamento de Chávez, este non o pensa 2 veces para descualificar, insultar, ameazar e incentivar aos seus partidarios de forma “espontanea” tomen accións respecto diso.
Particularmente considérome nacionalista e antimonárquico. Creo que esta última institución é anacrónica e o mesmo peso do seu anacronismo terminase por desprazala e permitirá que un proceso republicano se instituya. No caso do nacionalismo Galego, creo que o BNG é unha das forzas que lidera a loita a favor desta xusta e nobre empresa. Pero sempre pensei que o concepto de nación non debe amarrarse a ideoloxías políticas. Eu creo que teñen que existir Galegos de esquerda, Galegos de dereita, Galegos de Centro ou Calegos independentes. Creo que a Galeguidade é un sentimento. Un querer ser. Creo profundamente, que mentres o concepto de Nación Galega sepárese de tendencias políticas, relixiosas, etc. Permitirá que nos xuntemos nun fin común. Unha nación de todos e para todos, sen que isto signifique pechar as portas e os apegos a outras comunidades peninsulares unidas a nós nun lazo de irmandade.
Mi madriña "Gaviotero Guerrilero"... pois que se anime a participar noutra Bahia "porquiños"...;-)))
Eu penso que hai xente que fala con moitos prexuízos de Hugo Chávez.
Chávez non chegou ao poder por medio dun golpe de estado. O golpe de estado que el dera fracasou, e estivo preso por elo. Fora un golpe contra un goberno corrupto, falsamente democrático e cun pobo na miseria. Para acabar con esa situación do pobo é para o que agora está a gobernar Chávez, e non goberna por imposición mais si por decisión popular, que unha vez tras outra lle dá a súa confianza nas urnas. A oposición vive na legalidade, aínda que xa intentou un golpe de estado contra el.
Naturalamente que hai protestas e manifestacións con violencia, pero esa violencia non hai porqué atribuírlla en exclusiva aos partidarios de Chávez nin moito menos. É máis, os partidarios de Chávez son obxectivamente os menos interesados en desestabilizaren, por razóns obvias.
Chávez é o presidente lexítimo de Venezuela, dígase o que se diga, e a maior parte do pobo, hoxe por hoxe, está con el. O que vaia dar lugar iso no futuro non o sei. Ogallá triunfe un socialismo auténtico e democrático nese país, aínda que son consciente de que hai fortes intereses económicos en facer con Chávez o mesmo que se fixo con Allende en Chile, cousa á que non él alleo, como sempre, o goberno dos Estados Unidos.
Amigo Xeonllo, por suposto que Chávez non chego ao goberno no sanguento e criminal golpe de estado do 4 de febreiro de 1.992.
Eu pregúntolle a vostede Chávez foi condenado polo seu crime? Non cabaleiro, foille SOBRESEÍDA a causa e paso no cárcere menos tempo que moitos dos imputados nos feitos do 11 de Abril e non falemos dos privilexios que gozaba e que hoxe se lles negan a outros detidos con argumentos moitos máis dubidosos.
Aclárolle unha cousa, o 11 de abril de 2.002 non existiu un golpe de estado. Non o digo eu, é unha sentenza firme do Tribunal Supremo de Xustiza de Venezuela (cando aínda tiña algo de autonomía) Ditamino que se trato dun VALEIRO DE PODER. Xa que o Xefe do Estado Maior Conxunto de Venezuela, Xeral Lucas Rincon R. díxolle a todo o mundo “ao presidente #solicitar a renuncia, a cal acepto” Entendeu? “A CAL ACEPTO” .Se este individuo mentiulle á nación e ao mundo (ata o embaixador Cubano creulle) Por que non está preso?. Non compañeiro Xeonllo. Foi ratificado no seu cargo e despois foi nomeado ministro do interior. E se vostede cre que amento. Por que non se dá unha viaxe a Portugal onde actualmente cumpre funcións de embaixador de Venezuela e pregúntalle se é certo o que está gravado en vídeo para a posteridade?
Mais sorpréndeme que parecese que xustificase que por ser o goberno de CAP (Carlos Andrés Pérez) corrupto, déalle visos de legalidade a un alzamento militar. Cando o lóxico é que se existiu delito xulgáseselle e se se comproba o mesmo, sancionar de forma exemplar. Bo, CAP foi destituído do seu cargo por MALVERSACIÓN DE FONDOS ao utilizar a partida secreta para pagar seguridade á Presidenta Violeta Chamorro. De tal xeito que nesa Venezuela existían poderes mais autónomos que na actualidade. E para nada xustificábase utilizar tanquetas, avións e tropa para tomarse a xustiza nas súas mans.
Se vostede cre que o ascenso de Chávez ao poder serviu para castigar a corrupción da cuarta república. Infórmolle. Non hai un só corrupto preso dese nefasto período político. E isto é así por neglixencia e incompetencia do goberno actual cuxos entes xudiciais son instrumentos de represión e utilízanse máis para perseguir á disidencia que garantir a seguridade e a xustiza.
Se a cuarta república foi corrupta a quinta fai palidecer o pasado. Co agravante que a contraloría e a fiscalía xeral da república son monicreques do goberno e os xuíces que non deciden a gusto do goberno son destituídos ou simplemente descualificados.
Nos 9 anos de goberno Chávez gozou da maior bonanza petroleira na historia do país. Só cítoche 4 exemplos que fan palidecer o monto polo cal foi destituído CAP.
PLAN BOLIVAR 2000
O CENTAL AZUCREIRO EZEQUIEL ZAMORA
O CASO VELAZQUEZ ALVARAY
O MALETIN DE ANTONINI WILSON
Cando falas dos intereses de USA Sabe vostede cal é o principal cliente petroleiro de Venezuela? Decátese, son os Estados Unidos de América, non só véndeselle petróleo. Hai varias refinerías e unha vasta rede de estacións de servizo e ata patrocina vehículos de competencia. De tal xeito que se alguén ten un tratado de libre comercio cos gringos é o propio Chávez. ¡Que inconsistencia ideolóxica! Verdade?
Cando falas de violencia e Chavismo sería bo que se informase quen é Richard Peñalver os seus antecedentes criminais e as súas actividades en defensa do proceso revolucionario, infórmese que son os círculos bolivarianos ou os carapaicas.
Chávez e os seus continuos triunfos en votacións. Cos últimos organismos electorais Chávez gañaría ata un concurso de beleza. Só basta ver onde están na actualidade os dous “imparciais” presidentes deste organismo. Carrasquero, "O TRAMPArente" é maxistrado do tribunal supremo de xustiza e o autoproclamado imparcial Jorge Rodríguez, cumprindo funcións de vicepresidente da república e exercendo con vehemencia o seu defensa do proceso de cambio. E se vemos o traballo da presidenta actual do ente comicial, non temos a menor dubida que será premiada de xeito adecuado.
O interesante é que o Chavismo non gaña unha soa elección nas grandes universidades do país (famosas por ser berce dun socialismo contestatario e militante e que non se tragan o conto que Chávez é socialista).
Saudos companheiro.
Amigo Coutoven, non é serio dicir que houbo un vacío de poder e que Chávez de súpeto quixo irse para decidir o contrario dous ou tres días despois. Chávez, evidentemente, nunca quixo irse e foron outros os que quixeron “ilo”. Por suposto que se deteñen a un e lle “solicitan” que renuncie e vai o tipo e renuncia, iso non é unha renuncia libre. Non nos imos tragar contos para nenos.
Non sei nada desa historia de que o Xefe do Estado Maior Conxunto, Xeral Lucas Rincon R., lle pediu a renuncia a Chávez nin se estaba implicado no golpe ou non, mais do que eu non teño dúbida é de que houbo un golpe de estado.
Non se trata de xustificar un alzamento militar polo simple feito de haber un goberno corrupto. Era moito máis, era todo un sistema corrupto de moitos anos e décadas, mentres unha grande parte do pobo está na miseria. Chávez quixo con aquel golpe dar comezo non a unha dictadura fascista cruel e opresiva, non, o que quixo e quere Chávez é facer unha revolución. O que non sabemos, e co que hai que ser escéptico, é con como pode evolucionar esa revolución, en que vai quedar, e o meu desexo é que coa vixiancia e movilización do pobo iso vaia por bo camiño, cara ao socalismo. É o meu desexo.
E di Coutoven:
“Se vostede cre que o ascenso de Chávez ao poder serviu para castigar a corrupción da cuarta república. Infórmolle. Non hai un só corrupto preso dese nefasto período político. E isto é así por neglixencia e incompetencia do goberno actual cuxos entes xudiciais son instrumentos de represión e utilízanse máis para perseguir á disidencia que garantir a seguridade e a xustiza”.
Pois iso non o sei, mais imaxino que unha posible causa está no constante acoso do que vén sendo obxecto o goberno de Chávez por parte da oposición.
As institucións democráticas mantéñense en Venezuela, por moito que digan os que queren ver a todo trance a Chávez fóra do poder e polo medio que sexa, Chávez fixo todo dentro da lei, dun xeito indiscutiblemente democrático, en todos os procesos electorais venezolanos houbo observadores internacionais independentes que avalaron como bo ou aceptable o democrático desas eleccións, e o demais son contos. Contos interesados.
Non hai ningunha contradicción en que Venezuela lle venda petróleo a Estados Unidos ou a calquera outro país. ¿Que tiña entón que facer Chávez, negarse a vender e prexudicar así a economía do seu país? Evidentemente, non. Estados Unidos compra petróleo porque lle convén e Venezuela llo vende porque lle convén, e ben feito está. De inconsistencia ideolóxica, nada. Iso non é máis que demagoxia barata de dereitas.
Cando falo de violencia ratifícome, amigo Coutoven, en que a quen obxectivamente menos lle convén practicala é ao que ten o poder, porque a violencia só serve nese caso para desestabilizar o sistema e o goberno. Moito máis interesada na violencia está certa oposición, e non vou negar que seguramente os chavistas tamén a empregan, mais non parece honrado intentar facer crer que todo é culpa dos “matóns” ao servicio de Chávez. Por favor, menos caricatura, que iso é demasiado burdo. Hai violencia polas dúas partes, mais manteño que ao goberno neste caso non lle interesa nada que haxa ese tipo de incidentes.
”O interesante -di tamén Coutoven- é que o Chavismo non gaña unha soa elección nas grandes universidades do país (famosas por ser berce dun socialismo contestatario e militante e que non se tragan o conto que Chávez é socialista)”.
Eu supoño que nas universidades venezolanas hai de todo, e haberá tamén estudiantes que apoian a Chávez ou que están á expectativa de ver como evoluciona a situación. Os que están decididos con toda claridade a facer fracasar calquera tipo de intento anticapitalista sempre é sen a menor dúbida a dereita, o capital e os seus guardiáns ou “amos” do norte do continente.
Saudos companheiro.