Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Novo ciclista ruso para o KGZ

Vladimir Saychev: "Estou moi ilusionado coa fichaxe polo Karpin Galicia"

O ciclista chegou o domingo a Vigo, procedente de Moscova, e xa se incorporou ao equipo a comezos desta semana.

Redacción - 12:40 27/11/2007

A nova fichaxe do KGZ, de 21 anos, dixo chegar ao equipo "contento e moi ilusionado", aínda que, antes de se marcar calquera obxectivo, pretende ter un tempo propio para a "adaptación e coñecer un pouco mellor o ciclismo galego".

Saychev iniciouse no ciclismo aos 12 anos en Samara, e como amador estivo dúas tempadas no Locomotiv e a última no GS 93 Promosport italiano.

En categoría júnior proclamouse campión de Europa en pista contrarreloxo por equipos, sobre catro quilómetros e el mesmo se define como "un bo contrarreloxista", que tamén gusta das carreiras sobre terreos ondulados. Outra calidade que resaltou de si mesmo foi "a regularidade. No último ano en Italia non puiden lograr ningunha vitoria, pero si conseguín clasificarme bastantes veces entre os dez primeiros; o nivel amador alí é moi alto".

Para esta tempada tiña unha oferta "pero preferín a oferta do Karpin Galicia, que me ofrece unha maior proxección deportiva". Do equipo galego a información que ten até o momento é "a que puiden conseguir a través de Internet"; "sei que un dos seus corredores acabou quinto na pasada Volta a España", comentou finalmente o ciclista de Samara, que se expresa con certa facilidade en italiano.

Concentración do Karpin Galicia cos seus 18 ciclistas

O Karpin Galicia realiza, a partir da terza feira en Carballo, unha concentración que se prolongará ata o 4 de decembro e na que participará a totalidade do cadro de corredores, no momento actual, 18: Ezequiel Mosquera, Gustavo Domínguez, Marcos Serrano, Carlos Castaño, David Herrero, Juan Mourón, Serafín Martínez, David García, Gonzalo Rabuñal, Ramón Troncoso, Eduard Vorganov, Gustavo César Veloso, David Abal e as cinco incorporacións para a nova tempada: Delio Fernández, Alejandro Paleo, Jesús Cobelo, Alberto Fernández e Vladimir Isaychev.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: