Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O 'Caso Obradoiro' segue a preocupar á ACB

Docobo, presidente do Obradoiro: "Isto non ten volta de folla"

A liga profesional española está a ler e reler a sentenza do Supremo que deixa xogar ao equipo compostelán na tempada 2008-2009. O presidente do Obradoiro mantense seguro de seguir adiante.

A. Rodríguez - 19:50 27/11/2007



A ACB está a estudar xa a sentenza emitida na mañá deste martes polo Tribunal Supremo, pola que o Obradoiro podería xogar na tempada 2008-2009 na primeira división do baloncesto estatal.

A ACB, a Federación Española de Baloncesto e a Avogacía do Estado en representación do Consello Superior de Deportes, opuxéronse conxuntamente ao último recurso do Obradoiro para ser inscrito na Liga profesional; de feito, un equipo de avogados da ACB xa anda a estudar a sentenza, para atoparlle algún punto feble por onde collela.

Pero agora, tras a resolución do Supremo, a única posibilidade que lle quedaría á ACB sería recorrer ao Tribunal Constitucional. Mais, segundo lle contou a Vieiros o presidente do Obradoiro, Xosé Anxo Docobo, "non hai volta de folla; ao Constitucional pode ir quen queira, pero desta vez non lles vai valer de moito porque esta sentenza do Supremo está baseada en varias resolucións do Constitucional".

Sen falar aínda de cartos, o Obradoiro ten "moitas posibilidades de xogar na ACB"
Docobo tamén dixo que as posibilidades de que o Obradoiro xogue na ACB son "moitísimas", e aínda que non falou moito do financiamento que barallan ("aínda temos até xuño de 2008 para pensar que imos facer e reaccionar; nin sequera se reuniu a xunta directiva"), si salientou que desta volta o pago sería factíbel (deben pagar o canon de hai 17 anos, uns 720 mil euros), e non como en 2003, cando lles pedían o actual (algo máis de 2 millóns e medio de euros).

Aínda que teñen pequenos apoios económicos (os patrocinadores, a Deputación, o Concello e algunha subvención da Xunta), a "cousa vai ir para adiante, e xa o sabemos dende o comezo, todos estes anos que levamos loitando".

Docobo (presidente do club dende hai ano e medio, pero en labores directivas dende 1992), tamén se referiu aos ruxerruxes que circulaban na mañá do martes sobre a posíbel fusión do equipo co Beirasar Rosalía, o outro conxunto compostelán de baloncesto, que xoga na FEB: "Todos eses ruxerruxes están infundados. A xunta directiva aínda non se reuniu e non tomamos posicións no asunto".


5/5 (7 votos)


Comentarios (3)

piorno #1 28/Novembro/2007 piorno

Como que nom tem «VOLTA DE FOLLA»? Será que nom tem volta atrás. Postos a satelitizar o galego ao máximo, já o podíais ter escrito em espanhol directamente: «NON TEN VUELTA DE HOJA», e nom perderdes o tempo com pseudotraduções.

Lamentável.

botanico #2 28/Novembro/2007 botanico

O que me parece lamentável é que esta nova seja capa principal em vieiros e outra nova
http://www.vieiros.com/nova/62...
que aparece no canal verde nom tenha oco em nengum curruncho da capa

ACamTir #3 16/Xaneiro/2008 ACamTir

Pois este equipo da ACB,moito ten que mellorar,porque con estes xogadores non creo que aguante unha tempada na ACB,sin ir mais lonxe o sabado pasado(12.01.07)perderon ante o Establecimientos Otero(Xuven)de Cambados,o meu equipo.
Saudos

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha imaxe de cando o Obradoiro celebraba o posíbel ascenso á ACB / tirada do blogue http://cabobradoiro.blogspot.com/
Unha imaxe de cando o Obradoiro celebraba o posíbel ascenso á ACB / tirada do blogue http://cabobradoiro.blogspot.com/