Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XOVES EN COMPOSTELA E VENRES EN VIGO

Rexina Vega presenta 'Cardume', Premio Xerais 2007

A presentación do libro en Vigo, este venres no Marco, forma parte da homenaxe a Urbano R. Moledo, dramaturgo fusilado en 1936

Redacción - 18:30 29/11/2007

Juan Gelman, que vén de gañar o premio Cervantes, dixo nunha entrevista recente que o contrario do esquecemento "non é a memoria, senón a verdade". Cardume, a novela coa que Rexina Vega gañou o Premio Xerais este ano, é "outra maldita novela sobre a guerra civil", como ela mesmo dixo ao recibir o premio, pero é moito máis.

Cardume é unha autobiografía colectiva, escrita dende a ficción, pero autobiografía ao cabo. A memoria colectiva da guerra civil é a historia que queda, e Rexina Vega non trata na novela os grandes feitos históricos, senón os seus efectos na psicoloxía da xente. "Hai que saír do silencio", dicía nunha entrevista en xuño. Ou o que é o mesmo, ás feridas hai que deixalas sangrar. Como escribiu Juan Gelman, "sólo la esperanza tiene las rodillas nítidas: sangran".

Presentacións en Vigo e Compostela
O xoves 29, a partir das oito da tarde, Rexina Vega presenta Cardume na libraría Couceiro de Compostela acompañada de Suso de Toro e Manuel Bragado. O venres 30 terá lugar a presentación en Vigo, no Marco, tamén a partir das oito da tarde. Edicións Xerais de Galicia, Edicións do Castro e a Asociación Viguesa pola Memoria do 36 organizan unha homenaxe a Urbano R. Moledo, dramaturgo fusilado en 1936.

Ademais de Cardume, Rexina Vega presentará o estudo crítico de A Volta da perdida, drama de R. Moledo incautado polos militares e publicado agora por Edicións do Castro. No acto participarán Manuel Forcadela, Xavier Moreda, Rexina Vega e a cantante Rosaida.


Ligazóns

4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: