Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRESENTACIÓN DO LIBRO

Miguel Anxo Fernández repasa os filmes rodados no noso país dende 1916

'Rodado en Galicia' recolle información sobre os traballos de filmación de 174 películas.

Redacción - 20:05 03/12/2007

Miguel Anxo Fernández destacou na presentación da obra que se trata dunha iniciativa "pioneira" no Estado que demostra que hai "sensibilidade e posibilidades reais de entender o país como un plató de cine". O libro inclúe de cada un dos filmes unha sinópse, unha ficha artística, unha ficha técnica e os lugares de rodaxe. Ademais, incorpora referencias de prensa, declaracións dos directores, reseñas bibliográficas, etc.

Rodado en Galicia recolle de xeito cronolóxico información sobre 174 rodaxes de ficción filmadas na xeografía galega, integra ou parcialmente, entre o ano 1916, con Miss Ledya de José Gil, até a actualidade, con Los Girasoles Ciegos, filme que José Luis Cuerda vén de rodar no noso país. 16 películas gravadas nos anos 40, 11 nos 50, 18 nos 60, 23 nos 70, 17 nos 80, 23 nos 90, e 57 no que levamos de século XXI. Precisamente, no ano 2008 vanse estrear catro filmes rodados na nosa comunidade: A noite que deixou de chover, de Alfonso Zarauza, Los girasoles ciegos, de José Luis Cuerda, Prado Longo, de Ignacio Vilar, e Rafael, de Xavier Bermúdez.

Unha aposta por converter Galiza nun plató de cine

"Rodado en Galicia confirma a nosa comunidade como plató de cine". Fernando Salgado recordou as palabras nas que o director José Luis Cuerda afirmara que "en Galicia tírase a cámara e sempre se obtén un plano válido". Así mesmo, recordou as palabras do realizador Jaime de Armiñán valorando a luz especial de Galicia para as rodaxes, as paisaxes ou o talento dos creadores, "características máis que propicias para recibir esas miradas alleas nacionais e internacionais dos que se acheguen á nosa terra como plató de cine", destacou Salgado.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Andrés Cuns (Fundación Caixa Galicia), Fernando Salgado e Miguel A. Fernández
Andrés Cuns (Fundación Caixa Galicia), Fernando Salgado e Miguel A. Fernández