Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Conflito en Euskadi

Estrasburgo admite o recurso de Batasuna contra a súa ilegalización

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos considerou analizar, por primeira vez na historia, a reclamación dunha formación 'abertzale'.

Redacción - 11:15 10/12/2007
O Tribunal de Estrasburgo só admite a trámite o 1,5% das demandas presentadas

O Tribunal de Estrasburgo só admite a trámite o 1,5% das demandas presentadas

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) admitiu a trámite o recurso presentado por Batasuna contra a súa ilegalización.

A decisión, que segundo publica este luns o diario español El Mundo se vai facer pública antes de final de ano, é significativa porque o TEDH tan só admite a trámite o 1,5% das demandas presentadas. Das que logran superar este paso, un 80% ven recoñecida a súa demanda.

É a primeira vez que o tribunal comunitario se pronuncia sobre a ilegalización de partidos abertzales. No entanto, xa abordará esta cuestión hai tempo cando rexeitara valorar o recurso do goberno vasco contra a Lei de Partidos, alegando que unha parte do Estado non pode demandar a outra.

Xa que logo, o tribunal comunicaralle ao goberno español que está disposto a escoitar os argumentos de Batasuna, antes de rematar o ano, aínda que a decisión final pode tardar meses en chegar.


4,86/5 (14 votos)

Comentarios (2)

Barcelos #1 10/Decembro/2007 Barcelos

ZP tes un problema e PP tes dous problemas.

Agora terán que legalizalos e se teñen algo contra algún dos seus membros, pois xa irá a Xustiza un a un, con xuízo, probas...

Garzón, que vas facer avogado? Vas deter ao Tribunal de Estrasburgo?

Tavia #2 10/Decembro/2007 Tavia

A questom é:
que passa se o Tribunal falha contra a ilegalizaçom? Alguem deveria ir-se. Por certo, a ver se remata entom o acoso contra quem asinamos contra esta medida anti-democrática, em tanto calavam os demócratas de toda a vida, e outros, nom foram perder votos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: