Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Medios e identidade'

O Consello da Cultura debate sobre a influencia da comunicación na construción identitaria

Un total de 26 expertos falarán durante dous días sobre o papel dos medios na difusión da lingua e cultura galega.

Redacción - 13:25 10/12/2007

Organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) o foro Medios de comunicación e identidade arranca o luns coa conferencia de Josep Lluís Gómez Mompart, catedrático de xornalismo da Universidade de Valencia, que xunto co profesor de historia Marcos Valcárcel falará dos medios de comunicación e nacionalismo no Estado e en Galiza respectivamente. A continuación seguirán tres paneis sobre os medios e o nacionalismo no Estado español no século XXI, e xa pola tarde reflexionarase sobre as nacionalidades históricas e os medios públicos e privados.

Os relatorios do foro continuarán o martes 11, con charlas sobre Lingua, medios e identidade na historia da comunicación de Galicia, para a continuación falar sobre os Medios impresos galegos na construción identitaria da Galicia autonómica. Ese mesmo día, haberá unha charla sobre a situación d'A Nosa Terra, a cargo do profesor da USC, Xosé Luís Álvarez Pousa, que continuará cunha mesa redonda na que participarán: coa participación de Lois Rodríguez, editor de Vieiros; Alfonso Eiré, exdirector d'A Nosa Terra; Xosé Manuel Vega, Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e Xosé Ramón Pousa, integrante da primeira redacción da etapa actual do semanario.

Xa para rematar, na conferencia de clausura debaterase sobre Medios e identidade, camiños de pasado, de presente e de futuro, de man da catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago e primeira directora da actual etapa d'A Nosa Terra, Margarita Ledo.


Documentos

0/5 (0 votos)


Comentarios (4)

Gaviotero #1 10/Decembro/2007 Gaviotero

Vaya, vaya, con la construcción identitaria...¿pero no eran estos progres los enemigos de las constructoras?

diego83 #2 10/Decembro/2007 diego83

os medios galegos xa fan moito pola lingua galega, pero a maioria dos cidadáns galegos non fan nada pola lingua. Paradóxicamente, hoxe en día, canto máis apoio institucional recibe a lingua máis falantes se perden, todo pola estúpida crenza dos pais de que é mellor educa-los fillos en castelán. Os únicos responsables son os pais educados en prexuizos estupidos inculcados dende fora do pais e sobre todo creados por nós mesmos.

charino #3 10/Decembro/2007 charino

Agora teremos que dicir: Terra, Tempo e un saco de Cemento. Nestas datas de Nadal Viva San Xosé

Gaviotero #4 11/Decembro/2007 Gaviotero

"hoxe en día, canto máis apoio institucional recibe a lingua máis falantes se perden"

Reveladora y muy acertada frase de diego83. Cuanto más apoyo institucional, cuanto más se obliga, cuanto más se impone una lengua...más hablantes se pierden.

En las manos de la Xunta, dando libertad a los gallegos para expresarse libremente en gallego o en castellano, haciendo de las dos lenguas libres, está la posibilidad de mantener vivo el gallego o convertirlo en una lengua administrativa e impuesta.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: