Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DECLARACIÓN DE COMPOSTELA

"Ningún Estado democrático pode ignorar a súa realidade plural"

Galiza, Euskadi e Cataluña formarán unha fronte común para a promoción das súas culturas, mediante o intercambio e a creación de programacións conxuntas.

    Marcos S. Pérez / Vídeo: Pedro Carrasco Solla - 13:45 10/12/2007



    A Declaración de Compostela asinada este luns no CGAC polos máximos responsábeis da xestión cultural de Galiza, Euskadi e Catalunya enmárcase nun "Estado plurinacional de feito, pero non de dereito", como se afirma no texto, "unha realidade que ningún Estado democrático pode ignorar", en palabras de Joan Manuel Tresserras, conselleiro de Cultura e Medios de Comunicación da Generalitat. Esta fronte cultural conxunta entre os tres países nace no día en que se reúnen en Compostela os responsábeis de Cultura de todas as comunidades autónomas e máis o Ministro de Cultura, César Antonio Molina.

    Con todo, o acordo adoptado polas tres nacións non debe entenderse como "un ataque", segundo Ánxela Bugallo, que salientou que o diálogo entre culturas "xamais pode ir contra ninguén". Así e todo, a Declaración de Compostela si debe entenderse como unha aposta por unha "concepción plural" do Estado Español da que o ministerio "debería facerse cómplice", en opinión dos tres gobernos. A colaboración en materia cultural vai ir máis aló dun simple manifesto de intencións, e vaise reflectir, ao longo de 2008 (Ano Europeo do Diálogo Intercultural, ademais) nun conxunto de actuacións concretas, baseadas no intercambio de información e experiencias (sobre todo a través dos seus respectivos observatorios culturais), e na creación de programacións culturais conxuntas conformadas por artistas de cada un dos tres países.

    Liñas comúns entre as tres nacións
    O acordo de colaboración estábel asinado hoxe, inédito na historia dos tres países, chega nun momento en que as políticas culturais que se están a desenvolver en Galiza, Cataluña e Euskadi comparten non só o obxectivo de revitalizar as culturas propias, mais comparten igualmente metodoloxías e actuacións máis concretas, como a posta en marcha de circuítos e redes culturais, unha aposta por crear mercados internos e externos para os autores de cada país, e o fomento do diálogo cos creadores e axentes, para implicalos na toma de decisións, como se recolle tanto no Plano Vasco da Cultura, posto en marcha por Miren Azkarate, conselleira de Cultura do Goberno Vasco, coma na decisión de crear o Consell de les Arts a Catalunya.

    Outro dos obxectivos é o fortalecemento das industrias culturais e a súa proxección internacional, a través da presenza destacada de Catalunya na Feira do Libro de Frankfurt ou de Galiza nas de Guadalaxara e A Habana. A este respecto Joan Manuel Tresserras advirte dos "problemas de visibilidade" que sofren as culturas catalá, vasca e galega á hora de promocionarse no exterior, sendo ocultadas e subsumidas no interior da cultura española.

    "Isto esíxenos, para ter unha presenza normal, facer de cando en cando un xesto moi chamativo, como este", di Tresserras. A través da Declaración de Compostela os tres gobernos farán fronte común na difusión exterior das súas culturas. Finalmente, malia a certa normalización que se foi conseguindo ao longo dos anos no eido da produción cultural, na actualidade mesmo os mercados propios resultan moitas veces inaccesíbeis para as creacións e empresas culturais propias. Para normalizar tamén os mercados, as políticas públicas de cultura en Galiza, Euskadi e Catalunya enfócanse cada vez máis cara á promoción e distribución, mediante a creación de redes. O aspecto máis novidoso da Declaración de Compostela non é tanto o intercambio de producións culturais, que xa existía (aínda que se vai fortalecer), senón a aposta por crear programacións conxuntas entre os tres países, unhas redes cuxas características e contidos serán anunciados nas vindeiras semanas.

    César Antonio Molina di "descoñecer" a Declaración
    Compostela tamén acolleu este luns a Conferencia Sectorial de Cultura, que reuniu aos responsábeis de Cultura das 17 Comunidades Autónomas e máis ao Ministro de Cultura, César Antonio Molina. Na xuntanza analizouse a preparación da celebración en 2008 do Ano Europeo do Diálogo Intercultural e do Ano Iberoamericano dos Museos. Así mesmo, informouse da constitución dunha comisión española sobre dixitalización e accesibilidade en liña do material cultural e a conservación dixital. Finalmente, presentouse un informe do Ministerio de Cultura sobre o desenvolvemento da Lei do Libro e a Lectura.

    Pola súa banda, Molina afirmou "descoñecer" o contido da Declaración de Compostela, alegando que non lle foi presentado documento ningún, e declarou que a lerá "nos xornais".


    Documentos

    Ligazóns

    5/5 (22 votos)


    Comentarios (16)

    breixoak #1 10/Decembro/2007 breixoak

    Se Madrid quere avanzar no pluriculturalismo e rematar co lingüicidio que se practica no estado teno ben doado. Unha mostra de boa vontade sería que se poidera estudar galego, euskera e catalán nun instituto de Lavapiés ou en Aranda del Duero. Outra que a TVE deixara de marxinar as culturas nacionais que non son a castelán. Do contrario, todo conducirá ao mesmo: á morte lenta e consentida das culturas periféricas.

    llorllidan #2 10/Decembro/2007 llorllidan

    Hai Estados máis ignorantes que outros, a nós tocounos un manexado habitualmente por xente pouco sensible á pluralidade

    Gaviotero #3 10/Decembro/2007 Gaviotero

    El Estado democrático tiene perfectamente reconocida una diversidad que los firmantes de ese panfleto que no sirve absolutamente de nada no reconocen en sus propios territorios.

    De hecho, no estaría nada mal que alguno de ellos en vez de amparar y comprender el terrorismo, se pusiera a combatirlo.

    outrolector #4 10/Decembro/2007 outrolector

    Parabéns pola iniciativa!

    Concordo co Sr. Tresserras: Compre celebrar xestos coma este para constatarmos a realidade pluricultural na que vivimos, sen ir en contra de ninguén.

    ...ainda que os que queden en evidencia (negando con locuacidade, con falacia e teimosía, esta realidade) se laien con cinismo de seren atacados e excluídos. Cousas veredes!, e máis cando non hai vergoña!

    Aldara #5 10/Decembro/2007 Aldara

    Creo que é posible un Estado plural, aínda que dende 1978 non se ten avanzado practicamente nada. Coincido con breixoak en que é incríbel que non se lle dean nocións (polo menos o máis básico) das diferentes culturas nacionais a todos os estudantes, sexan de onde sexan. Parabéns pola iniciativa, seguro que é un paso adiante.

    Gaviotero #6 10/Decembro/2007 Gaviotero

    Estaría bueno...que los "nacis" no enseñen en la escuela quién es Cervantes, pero que los demás tuvieran (tuviéramos) que aprender quién era el mediocre de Castelao o el todavía más mediocre de Méndez Ferrín...

    Brais #7 10/Decembro/2007 Brais

    Gaviotero, para ti o sumum da literatura debe ser José María Pemán. Canta falta de ignoransia.

    Viva España, alzad la frente hijos
    del pueblo español.
    que vuelve a resurgir.
    Gloria a la Patria
    que supo seguir
    sobre el azul del mar
    el caminar del Sol.

    Xa se sabe, boa literatura

    diego83 #8 10/Decembro/2007 diego83

    en donde non enseñan quen era cervantes? gaviotero o malo non é que sexas subnormal, que iso teria desculpa, o malo é que eres un mentiroso e un facha redomado.

    eu estudiei bachiller nun pobo de cataluña nos anos 2002 e 2003 e na asignatura comun e obligatoria de lingua castela se estudia quen é cervantes, gongora, quevedo, espronceda etc. ademáis, no meu caso, se se escolle un itinerario de letras hai outra asignatura obligatoria que se chama literatura española na que se fai un estudio mais polo miudo.

    eres un papan, non tes nin puta idea do que falas e como decia castelao que foi mais brillante do que chegaras a ser na tua miserable vida: serias mais feliz en madrid que no mesmo ceo. por que vives en vigo se galicia esta chea de nacis? mudate a madriz que ali son tolerantes e abertos e non insultan a ninguen por ser galego (ogallá fora certo).

    das pena

    Inxel #9 11/Decembro/2007 Inxel

    Parece que os cans ladran, amigo Sancho; proba de que avanzamos. Inxel

    roto #10 11/Decembro/2007 roto

    Ahí estamos !! Pois mirade o que pasa na Costa da Morte... o baluarte da españolidade en http://www.camarinas.eu

    arinspunk #11 11/Decembro/2007 arinspunk

    que cansino o gaviotero...

    Maeloc-do-Rouco #12 11/Decembro/2007 Maeloc-do-Rouco

    Sr Gaviotero, nom tes cultura, nem classe, nem nivel...Pode-se opinar e argumentar COM TOTAL LIBERDADE, mais faltar ao respecto d@ outr@, descontextualizar pra confundir o debate e aos debatentes e asemade andar na procura de provocar a mantenta pra ferir as sensibilidades dos que defendem legitimamente postulados distintos so o pode fazer SEM SENTIR VERGONHA gente intelectualmente BRUTA

    Gaviotero #13 12/Decembro/2007 Gaviotero

    Pues al menos Pemán no era tan cursi como el rumoroso de Eduardo Pondal.

    diego83, gracias por tus insultos. Viniendo de un naci como tú son todo un halago.

    Vivo en Vigo porque en esta ciudad, mi ciudad, somos muchos más los que tú denominas "fachas", "españolistas", etc. que los miserables nacis totalitarios como tú.

    No necesito mudarme a Madrid, inculto, porque España, aunque a ti no te lo hayan enseñado, es mucho más grande que Madrid.

    Tú mismo, imbécil, eres español, mal que te pese.

    Así que ya sabes, a joderse.

    PD: Maeloc-do-Rouco, no te voy a pedir que alguna vez antes las amenazas e insultos que me lanzan a diario abronques a los demás, pues ya veo que como buen sectario que eres sólo tienes ojos para mí. Pues bien, por mi parte puedes irte a tomar por el culo. Con cariño, eso sí.

    serbia #14 12/Decembro/2007 serbia

    36204 Gaviotero, 36204

    Gaviotero #15 13/Decembro/2007 Gaviotero

    9.630.512 serbia, 9.630.512

    trapalleiro #16 14/Decembro/2007 trapalleiro

    que optes polo nacionalismo español é cousa tua que pouco nos importa, o problema é que ese nacionalismo nos respeta os demáis e mesmo carga peiorativamente contra o concepto do nacionalismo, ou sexa contra si mesmo, a ignorancia é o que ten.

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: