Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
CAMPIONATO DE RAPOSO ¿CRIME MEDIO AMBIENTAL?

Apoia as mobilizacións do 15 de decembro convocadas por “Matar por Matar Non”

ADEGA apoiará e participará nas mobilizacións contra “Liga Popular da Caza do Raposo” de Escairón (O Saviñao-Lugo) este vindeiro sábado 15 de decembro. A cita é ás 10h fronte á casa do Concello de O Saviñao en Escairón, para logo partir ao monte e voltar ás 13h cunha concentración diante do concello.

A Plataforma Matar por matar non, ven de denunciar a legalidade destas “matanzas” está fundada, principalmente, no exceso de individuos que, segundo os tecores, existen desta especie. Tamén se fundamenta en que, o número de raposos a ser abatidos neses “campionatos”, está sempre dentro dos cupos, autorizados por Medio Ambiente, que teñen outorgados os tecores para ese ano.

Redacción - 14:27 10/12/2007
Tags:

Estas cacerías organizadas pola Federación Galega de Caza non contan estudos que demostren o estado das poboacións de raposos, polo que carecen do mínimo rigor científico e non xustifican a necesidade de eliminar exemplares mediante a caza. Portanto, a excusa dun exceso de poboación de raposos é totalmente falsa. Temos examinado planos aproveitamento cinexético de algún Tercor aprobados pola administración, onde se fala dunha densidade de 8 raposos por km2, cando estudos recentes falan de ratios medios de 0,5 a 1,8 raposos/km2. É dicir, moitos destes planos están falseados con densidades ficticias entre 8 e 16 veces por riba do normal.

Outra xustificación á que frecuentemente recorren as sociedades de caza é que os raposos son negativos para a actividade cinexética, e por iso hai que matalos sen máis. O raposo non ten ningunha culpa da falta de pezas de caza no monte. As razóns que realmente explican o descenso da caza en Galiza son:

-Un excesivo número de cazadores.

-O abandono das terras agrarias que beneficia a especies como o xabarín en detrimento doutras como o coello que necesitan paisaxes máis abertas.

-As enfermidades que afectan dende hai anos ao coello, unha das principais presas do raposo.

-As “repoboacións” mal realizadas: soltánse os animais xusto antes de cazalos, sen realizar biotopos e sen establecer zonas vedadas para que podan adaptarse ao novo medio.

-O incumprimento case xeralizado das leis en vigor que afectan á actividade cinexética.

Por estas razóns, que partillamos coa Plataforma “Matar por Matar Non, e porque ninguén ten dereito masacrar á fauna silvestre para divertirse, ADEGA convoca a todas as persoas sensíbeis co sufrimento innecesario dos animais e aos amantes da caza respectuosa co medio, a achegarse a Escairón este 15 de decembro para expresar o seu rexeitamento a este bárbaro masacre disfrazado de “concurso”.



CAMPIONATO DE RAPOSO ¿CRIME MEDIO AMBIENTAL?
A legalidade destas “matanzas” está fundada, principalmente, no exceso de individuos que, segundo os tecores, existen desta especie. Tamén se fundamenta en que, o número de raposos a ser abatidos neses “campionatos”, está sempre dentro dos cupos, autorizados por Medio Ambiente, que teñen outorgados os tecores para ese ano.

Temos documentos que indican claramente que,a lo menos por parte de algún tecor participante neses “campionatos”, as estimativas de raposos contidas en seu “plan de aproveitamento anual” exceden en hasta o 1.600% a cantidade posible de raposos que é biolóxicamente posible. Concretamente, están a se facer estimativas de hasta 8 raposos por kilómetro cadrado. Unha poboación imposible dado que, todos os estudios e datos existentes nos cálculos científicos , indican que as poboacións de raposo, en Europa, poden oscilar entre 0.5 e 1.8 raposos por kilómetro cadrado, na mellor das hipóteses e sen problemas como a seca que estamos padecendo.

Se os datos aportados para solicitar os “campionatos” son falsos, habería indicios serios de que os “campionatos” e “ligas” de caza de raposo puideran constituír un crime contra o medio ambiente que, nese caso, estaría sendo cometido, presuntamente, por parte da Federación Galega de Caza e os Tecores que participan neses “eventos”.
Tamén habería que resolver sobre as posibles fallas de fiscalización que estarían existindo na Consellería de Medio Ambiente e nas Delegacións que autorizan tales “campionatos”.

Con o obxecto de alertar ás autoridades responsables da Consellería de Medio Ambiente xa remitimos, tanto á Delegación desa Consellería en Ourense como a o Director Xeral de Conservación da Natureza, sendos escritos dando conta das posibles irregularidades que puideran existir neste tipo de eventos. Solicitamos neles que se abra unha investigación e que os datos aportados, nas solicitudes de campionatos, sexan verificados.

Temos solicitado á Consellería de Medio Ambiente, ademais da verificación anterior, que suspenda inmediatamente tales “competicións”, hasta que as posibles irregularidades citadas sexan aclaradas, unha vez que se podería estar a por en perigo a poboación deses mamíferos.

Tamén está sendo feito un estudio e recollida de documentos, por parte do noso departamento xurídico, con vistas a presentar unha futura denuncia, perante a fiscalía, por posible crime ecolóxico contra a fauna, no que estarían participando, tanto a Federación Galega de Caza, como as provinciais desa federación e os tecores que colaboran.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: