A Fiscalía descarta que o alcalde de Mugardos forme parte activa do tramado, aínda que considera que hai indicios de prevaricación na súa xestión.
Vista aérea da vila de Mugardos
O Ministerio Fiscal ve indicios de prevaricación na xestión do alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, que terá que declarar como imputado o 19 de decembro, mais considera que non foi membro activo da trama urbanística que se investiga dentro da Operación Virgin, porque doutro xeito "xa estaría detido".
En Mugardos estabeleceuse, presuntamente, unha cadea de favores entre o departamento de Urbanismo do concello e varios promotores e estudos de arquitectura privados. A vindeira semana comezarán a prestar declaración os imputados na trama urbanística que polo momento, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, son seis persoas.
Ademais, o Xulgado de Instrución Número 6 de Ferrol xa citou a declarar á funcionaria xudicial acusada de cometer un delito de revelación de segredos, xa que supostamente informou da investigación os implicados na trama. A Fiscalía non considera que esta filtración reste "capacidade probatoria", mais si cre que pode dificultar as investigacións.
Ataque ao BNG
Por outra banda, o concelleiro de Urbanismo, Xosé Antón Bouza, defendeu a legalidade de todas as xestións realizadas desde que tomou posesión do seu cargo, o pasado mes xullo, ante as novas aparecidas nalgúns medios apuntando a que podería ser chamado a declarar.
Este amosou a súa "sorpresa" ante as informacións de prensa que aseguran que as escoitas telefónicas realizadas pola Garda Civil o implican en negociacións cos imputados. Neste senso, non negou as conversacións telefónicas con algún dos implicados, mais argumentou que forma parte do seu traballo diario informar aos veciños dos trámites administrativos dos seus proxectos.
Bouza manifestou a súa plena vontade a colaborar coa Xustiza para aclarar os feitos e evitar que se siga prexudicando a imaxe externa do municipio. "O mal que está a facer a Mugardos é demasiado caro", manifestou. Neste senso, sospeita que "pode haber un xogo político" para tratar de danar ao BNG: "semella que queren facer ver que participamos nestas historias que tan de moda están agora".
Cheira mal este asunto. O actual alcalde foi en anteriores etapas concelleiro de Urbanismo. E algo debeu pasar cando ocupaba ese posto. Non esquezamos que en Mugardos está Reganosa e que esa vila está soportando unha grande mudanza en varios sentidos, tamén no urbanístico. Por exemplo, e só a título de exemplo e, ademáis miudo, porqué razón se mudou de emprazamento da piscina que ían disfrutar os veciños de Mugardos e Ares, cando estaba aprobado por instancias algo máis altas cos concellos citados, e no lugar onde ía ir a piscina está construíndo unha coñecida empresa do ladrillo?.
Sinceramente, desexo que nengún do BNG estea implicado neste caso pero aproveito para lembrar que o comportamento do Alcalde durante o peche dos veciños en contra da planta de Reganosa non foi precisamente elegante, como tampouco o do policía municipal.
O que teñen que facer os do BNG do concello de Mugardos , en lugar de "ver tramas", é poñerse a traballar e a dar o mellor de si: buscando toda a información que lles soliciten, explicando PÚBLICAMENTE todo aquelo que non estea claro, e defendéndose con probas das acusacións falsas, se son tales.
Moito traballo que se non se fai ben ao seu tempo - e o traballo honesto ten que *amosarse* e *parecer* honesto, en troques de que quede agochado e exposto ás malas linguas - , entón haino que facer agora, multiplicado por x e a cara de can.
Estou certo de que o pior para a esquerda nacionalista é que calle a afirmación de que "todos son iguais". E falo por min: a miña simpatía e o meu voto ao BNG, ainda que cometan erros ou non sexan 100% eficientes, ten todo que ver coa súa DIFERENCIACIÓN respecto tanto da dereita autista e elitista como do centro-pseudo-esquerda dos falsos e sectarios. Por riba de todo ten que quedar a súa vontade efectiva de honestidade, equidade, claridade e defensa da nazón a todos os niveis.
En Mugardos nunca se mudou o emprazamento de ningunha piscina, foi ó revés, no canto de situarse entre os concellos de Ares e Mugardos, como se acordou, ó principio o PSOE intentou unha campaña para que se puxera ó lado da urbanización dunha gran inmobiliaria, coa que por certo agora o Concello está pleiteando (co único voto a favor do BNG) para recuperar un pazo que a oposición quixo darlle a cambio duns terreos sen valor. En canto ao tema da suposta trama, agardemos a que o 19 ou o 20 creo declare o alcalde.
Sabrexo, as miñas informaciósn eran outras e en distinto sentido.
Se estou errado, pido disculpas porque non traballo para a dereita nen para o PP e tampouco para o PSOE.
Por certo a grande inmobiliaria, é Maía?.
E, sí, agardemos a que declare o alcalde porque unha cousa é como aparece en prensa e outra como remata o conto.
Si, éche Mahía. Non te acusei de nada, só quixen aclarar ese punto, perdoa ti. É mellor agardar a que declaren, aínda que debemos ter en conta que o fiscal que acusa é o mesmo que decidiu non actuar contra Cendán (ex alcalde do PP en Ares), nin contra Paco Vázquez e creo que tampouco contra o alcalde de Cambre.
Claro, claro...cuando los que denuncian son los del BNG, muchas veces sin pruebas, entonces ya tenemos que tomar directamente por culpables a los acusados.
Sin embargo, cuando se les acusa a ellos y encima con pruebas, es que todo es una trama contra ellos...
Si toda su defensa es esa, pronto veremos a los acusados en el banquillo y quién sabe si entre rejas...