A UFGCs nega a existencia desta organización como tal, e critica que se converta aos tres arrestados en 'vítimas expiatorias' para tranquilizar á sociedade.
A investigación oficial que se está a levar a cabo tras a detención de tres independentistas en Portosín e Compostela vincula a estes con Resistencia Galega e cos atentados dos últimos meses en lugares como Cangas ou Nigrán.
Basean as súas hipóteses na "abundante documentación incautada" en varios rexistros, tanto dixital como en formato papel, e o seu xeito de proceder (artefacto explosivo caseiro composto de bombonas de cámping gas e un temporizador).
Porén, a Unión Federal de Gardas Civís (UFGCs) rebate a maioría das argumentacións dadas até o de agora: Reducen a documentación incautada a uns "artigos de prensa" e afirman que a detención se produciu "fortuitamente" e non nun "ambicioso plan" de prevención.
Critican a Delegación do goberno español en Galiza
Consideran, ademais, que os apresados son "meros obreiros", e que coa súa detención non se desartella o "armazón orgánico" de Resistencia Galega, xa que como tal, "ese grupo non existe", polo que "non se resolven os últimos episodios violentos".
Ademais, acusan a Delegación do goberno español en Galiza de querer "vender a sensación de calma" para "tranquilizar" á cidadanía de que se colleu os responsábeis dos últimos atentados contra intereses inmobiliarios. Xa que logo, a UFGCs augura novos atentados se non se dá co "ideólogo da causa radical".
Resulta impresentável que nesse comunicado se presuponha a propensão a atentar de Nós-UP, um partido político democrático e perfeitamente legal. Imprensentável, por não falar de injurioso e calunioso.
e que tamén destaquen como moi importate e salientábel que un dos detidos levara consigo un cartón de Siareiros Galegos, por favor, que terá que ver o touciño coa velocidade, son gañas de emporcallar e de botar merda por riba de todo o movimento nacionalista galego... calqueira socio de SS.GG. é considerado xa un criminal por esta xente ou que ???
Os da UFGCs, grandes amantes do galego, que se preocupem de analisar o casso da assassinda por um dos deles, por certo diante dum quartel. Pero claro esso nom é problema.É um "pobre chaval com problemas " e com pistola. Manda truco para os ghichos!!!
Non me extrañen que investigue polo menos algo. Resistência NON existe!
É peor o do Embora! Un local onde a música é de todo menos reaccionaria por dios! se poñendo ska , reggae , pinchadas MOD e etc se fai país...
É un exemplo claro das peliculas que montan os da policia e os seus medios de comunicación.
Datos non teñen ningún, pero inventan un "comando central con Toninho", celulas "estanco", e non sei que organización que nunca existiu, pero eso si, a presunción de inocencia, pasana polo forro dos collons.
É un exemplo claro das peliculas que montan os da policia e os seus medios de comunicación.
Datos non teñen ningún, pero inventan un "comando central con Toninho", celulas "estanco", e non sei que organización que nunca existiu, pero eso si, a presunción de inocencia, pasana polo forro dos collons.
Porqué delinguir sendo membro do €$tado non é maior delito que facelo sin utilizar aquél?
Seguramente o noso ínclito -e habería bastante que dicir do personaxe- redactor (xunto co olleiroso ministro biministerial de Interior e Xustiza (unha confirmación obvia do cacau incontrolado da "democracia") do código penal, hoxe no Tribunal Supremo, non tivo tempo nin preparación para afondar nestes asuntos de debaixo da alfombra do €$tado do que tan ben cobra.
¿¿¿MEROS OBREROS??? ¿¿¿NO HABRÁN QUERIDO DECIR MEROS TERRORISTAS??? ¿Y ENTONCES LOS QUE LE PEGARON UN TIRO EN LA NUCA A SUS COMPAÑEROS HACE UNOS DÍAS QUÉ ERAN? ¿MEROS GUDARIS?
ÓJALA ESTOS DE LA UFPGC FUERAN MEROS GUARDIAS CIVILES. SON LO PEOR DE LA PROFESIÓN.
Con los terroristas, a la cárcel. Y con los cómplices del terrorismo, también.
e o q lle pegou un tiro á ex en cambados que é gaviotero? Ese non é o peor da profesión, non si? Ou os acusados de maltrato a detidos, eses que son??
Non, os peores son os gardas que critican as operacións propagandísticas de ghillados coma ti...
Agora xa nin che valen os pikoletos se non din o que ti queres que digan, viva a liberdade e o liberalismo!!! ha ha ha
Nem todos os gardas civis som maltratadores, como nom todos os homes o somos. Mas esta asociaçom, criticou há uns meses um castigo inflingido a um garda de Lugo, por maltratador.É repito que é um crime dumha gravidade mui superior ao dos que acusam aos tres activistas.Os defensores do régime gostam muito de solicitar a represom do entorno , do entorno. Gostam de ficar sós para ganar sempre e seguir a cobrar dos fundos reservados.