Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACUSADOS DE PERTENCER A UNHA ORGANIZACIÓN ARMADA

A Audiencia Nacional decreta prisión incondicional para os dous mozos detidos en Portosín

O terceiro dos arrestados queda en liberdade baixo fianza á espera de xuízo.

Redacción - 17:52 18/12/2007

O xuíz da Audiencia Nacional Fernando Grande-Marlaska decretou na tarde deste martes prisión incondicional para os dous mozos detidos o pasado venres en Portosín, Santiago Vigo e Xosé Manuel Sánchez, cando portaban nun vehículo un artefacto explosivo. Pola súa parte, o maxistrado deixou en liberdade baixo fianza ao terceiro detido, Adrián Ponte, propietario do automóbil. O mozo ten que abonar 6.000 euros para eludir a cadea.

A Audiencia Nacional aponlles aos dous primeiros mozos un delito de pertenza a organización terrorista, outro de tenza de explosivos e un terceiro de conspiración para cometer estragos. Os tres rapaces, de idades comprendidas entre os 18 e os 20 anos, negaron que pertenceran á organización Resistencia Galega tal e como afirmaba a acusación.


3.71/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: