Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Especial Selección 2007: Sobrenome

RSS de Especial Selección 2007: Sobrenome
FRANCISCO CASTRO, ESCRITOR

"A Irmandiña; fronte ao glamour dos Beckham, a selección do pobo"

Para o recente gañador do García Barros de novela, a selección é un elemento de unión, de unión orgullosa.

Redacción - 10:28 19/12/2007

Un nome: "A Irmandiña, porque é unha metáfora do que é a historia de Galicia. Fronte ao glamour dos Beckham e dos futbolistas que anuncian champús en televisión, unha selección do pobo, humilde".

Un prognóstico: "Vou ser optimista, 3-1 contra Camerún e 2-0 contra Cataluña".

A Selección: "Eu non son moi futboleiro, ou non o era, porque agora saiume un fillo futboleiro. Pero no primeiro partido, ía no coche camiño da casa para velo na tele, e cando comezou a soar o himno, abrín as ventás e comecei a cantalo. É unha imaxe divertida, pero que simboliza o que é a selección: un elemento de unión, de unión orgullosa, irmandiña".


5/5 (4 votos)


Comentarios (2)

charino #1 20/Decembro/2007 charino

¿De nazon a seleçom? Vaiche boa a navalla!!

XenxinhO #2 24/Decembro/2007 XenxinhO

Eu votei por As Tropas de Breogán.
Pero unha vez no campo... como grito de guerra...
Ir---man---di---ños, Ir---man---di---ños, Ir--man--di--ños, Ir--man--di--ños, Ir-man-di-ños, Ir-man-di-ños, IRMANDIÑOS!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: