É a primeira vez que unha cidade situada fóra da Cataluña administrativa organiza os actos.
A capitalidade da Cultura Catalana ten o obxetivo de contribuír á difusión, uso e prestixio sociais da lingua e a cultura catalanas. Antes de Perpiñán exerceron o título Banyoles (Girona), Esparreguera (Barcelona), Amposta (Tarragona) e Lleida, mentres que Figueres (Girona) será a cidade elixida no año 2009.
Joan Pau Alduy, alcalde da cidade francesa, declarou estar "moi ilusionado e orgulloso" pois a designación "representa para nós o resultado de anos de traballo e de obstinación postas ao servizo da nosa identidade, do noso particularismo, do recoñecemento do noso territorio".
A capitalidade articularase en torno á paz e o pacifismo e incluirá un cento de actividades relacionadas coa lingua e a cultura catalanas, que se unirán ás máis de 400 que se organizan habitualmente todos os anos.