ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Especial Selección 2007: Sobrenome

RSS de Especial Selección 2007: Sobrenome
Iolanda Díaz, tenente de alcalde do Concello de Ferrol

"Gustaríame que se xogase entre as federacións do Estado, tamén contra a española"

A coordinadora nacional de Esquerda Unida afirma que se está a facer un "bo traballo" por "retomar algo que xa funcionaba durante a República".

Redacción - 14:10 21/12/2007

Un nome: "Non me gustan os nomes militaristas. Os Irmandiños é o meu favorito, aínda que tamén está moi ben o de Estrellas de Jalisia".

Un prognóstico: "Eu quero que gañen por riba de todo. Voume concentrar ese día para que así sexa ... Coido que gañaremos 1-0 tanto na masculina como na feminina".

A Selección:
"Estou satisfeita co esforzo que se está a realizar para recuperar algo que xa funcionaba durante a República. Estase a facer un bo traballo, aínda que lentamente, para pór en valor o noso deporte".

Ano vindeiro:
"Estaría encantada de que a Selección galega xogase en Ferrol o ano que vén. A nosa cidade é a gran esquecida do noso país, está moi abandonada, e un evento como este serviría tamén para erguerlle a autoestima a Ferrol, que a ten moi baixa".

Un rival: "Gustaríame, máis que un país en concreto, que se xogase unha especie de campionato entre as diversas federacións do Estado, e tamén, por que non, un partido contra a selección española".


4,22/5 (9 votos)

Comentarios (6)

ranciadas #1 21/Decembro/2007 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai, Iolandiña, españolismo cutre. "Gostaríame entre as diversas federacións", que potito, claro é mellos con Andalucía que con Camerún...

dumiense #2 25/Decembro/2007 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

torneo entre federacións do estado é unha festa folklore para que os nacionalistas calen, o fútbol debe xogarse entre culturas entre pobos do mundo, non entre Estados!!!

Higinio #3 25/Decembro/2007 Higinio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non, home, non: está mellor unha pachanga ao ano. Mira a prensa do Camerún, ou a páxina da FIFA o que lle dedican.

Hai que ser papán...ranciadiñas.
Estrella Jalisia...

Vaia MERDAAAAA !!!!.

Selección de Fútbol e xa estamos no mundo; que ben, que marabilla. Somos "la caña".

O BNG xa é como o Paquiño co Madrid. Está ben, cada réxime político debe ter o seu equipo de fútbol, como está mandado.

Agora, investir nos clubs... NOOOOONNNNN

Higinio #4 25/Decembro/2007 Higinio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, imaxino que aos galegos e aos españois en xeral estes partidos nos sairán gratis; supoño que os gastos se cobren cos patrocinadores e as entradas.

ESIXO que quen saiba algo o comente.

dumiense #5 25/Decembro/2007 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Higinio,
Gastar cartos no partido da selección galega é o mesmo que patrocinar e pagar aos nosos deportistas olímpicos, bolsas para deportistas novos...

cun partido coma este facemos promoción do deporte galego e damos proxección a nosa nación no mundo

Gaviotero #6 26/Decembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pobre Yolandita...a la que tanto nacionalismo le nubla el intelecto, si es que alguna vez lo tuvo...

Yolanda, guapa, no es posible poner a la misma altura al todo y a las partes. Es imposible que tu cerebro se enfrente contigo misma a una partida de ajedrez, porque el cerebro tendría que estar de uno o de otro lado, pero no de ambos...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: