Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A pesar das negociacións dos seleccionadores galegos

Barragán, Míchel Salgado, Pablo Álvarez e Noguerol, baixas para o Galiza-Camerún

Os futbolistas que militan no fútbol británico tampouco poderán estar en Balaídos este 27-D: Nacho Novo, Pablo Couñago e Sito.

Redacción - 11:00 26/12/2007
Pablo Couñago, xogador do Ipswich Town

Pablo Couñago, xogador do Ipswich Town

Nacho Novo (Glasgow Rangers), Pablo Couñago e Sito (Ipswich Town), os tres galegos que xogan no fútbol británico non poderán participar no partido de Galiza contra Camerún, o vindeiro 27-D.

No seu lugar, entran na convocatoria Alex (do Depor B) e Fuentes (da Ponferradina), aínda que poderíanse acrecentar novos nomes á listaxe, até esta quinta.

Novo, Couñago e Sito quedan sen poder xogar coa selección

O seleccionador Fernando Vázquez estivo en contacto cos futbolistas da liga británica tentando chegar a un acordo para que puidesen estar en Balaídos o 27-D. Mais finalmente foron os seus clubes os que decidiron, e os tres futbolistas terán que ficar no Reino Unido para xogar os partidos de liga, que non para polo Nadal.

Novos xogadores han cubrir as ausencias destes tres futbolistas ademais das de Noguerol (que non tivo o permiso do Albacete para xogar), Barragán (fisicamente danado após o partido do domingo co Deportivo), Pablo Álvarez (que acaba de fichar polo Racing) e Míchel Salgado (que se está fóra de Galiza).

Primeiro adestramento de preparación do Galiza-Camerún

Os xogadores galegos adestran esta cuarta feira, ás 19:30 horas no estadio de Balaídos. Hora e media despois adestran os leóns indomábeis.


1/5 (1 votos)

Comentarios (3)

vickyboy #1 26/Decembro/2007 vickyboy

Glasgow Rangers esta en la liga escocesa y no la inglesa

dumiense #2 26/Decembro/2007 dumiense

Que xoguen os que queren xogar e que os que non veñen que non inventen contos de que non lles deixan. Mira como os cataláns sempre xogan todos. Non podemos obrigar a ninguén (como se fai na selección española), o que se sinta galego que veña. Prefiro a un galego da 3ª autonómica que a un paspán destes que veña obrigado, por moita liga inglesa nin carallos de gaita.

pablo #3 26/Decembro/2007 pablo

¿que excusa é esa de que Salgado está fóra da Galiza? Se non vén é porque non quere, outros que están fóra veñen igual

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: