Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
XA TEMOS NOME PARA A GALIZA FUTBOLEIRA

'A irmandiña' xa agarda polos 'leóns indomábeis'

O xurado de 'Ímoslle poñer nome á Selección Galega' coincidiu cos lectores de Vieiros. Os nosos xogadores son irmandiños e as irmandiñas.

Redacción - 15:05 26/12/2007

Xa temos un outro nome para a Selección Galega: 'A irmandiña'. Un xurado composto por xornalistas da Radio Galega, Televisión de Galicia e Vieiros optou tamén polas variantes de 'irmandiños' e 'irmandiñas' para denominar aos xogadores, xogadoras e siareiros.

Os membros do xurado tiveron moi en conta as preferencias dos lectores. Hai que lembrar que 'os irmandiños' foi a proposta máis votada polos internauta e que a variante 'a irmandiña' tamén se atopaba entre as catro que contaban con máis apoio. Na deliberación tamén estivo o nome de 'tropas de Breogán'.

Péchase así un concurso no que se propuxeron preto de cincocentos nomes diferentes para a nosa selección e na que votaron numerosos usuarios de Vieiros. Este mércores tamén se coñeceu o nome dos 6 premiados no concurso. Xa temos berro para este xoves, que se preparen as catalás e os cameruneses, diante teñenen as malladoras 'irmandiñas'.


4,64/5 (11 votos)


Comentarios (17)

eu_mesmo #1 26/Decembro/2007 eu_mesmo

gosto moito do nome...

adiante @s irmandiñ@s!!!!!!!!!

breixoak #2 26/Decembro/2007 breixoak

Avante a escuadra irmandiña

JohnLocke #3 26/Decembro/2007 JohnLocke

Já o dizia eu...

Brais #4 26/Decembro/2007 Brais

Eu apostei polo grelo mecánico, pero ben me valen os irmandiños. A por eles!

Anxo #5 26/Decembro/2007 Anxo

Pois bautizada queda, noraboa aos premiados.

Anxo #6 26/Decembro/2007 Anxo

E a JohnLocke que foi quen o propuxo.

BonKarallan #7 26/Decembro/2007 BonKarallan

Noraboa o nome elexido

Chegara o momento en que "os gorrións habían de correr tralos falcóns".

¡¡Fuxan os leóns!!

OBSERVADOR #9 26/Decembro/2007 OBSERVADOR

Ai, é? Os irmandiÑos?

micsha #10 26/Decembro/2007 micsha

frikis

breixoak #11 26/Decembro/2007 breixoak

O fraticidio lingüístico non se amaña nin no fútbol. Se gusta máis Irmandinha, por min non vai haber problema. Pronúnciase igual, non é? Como se di en español: hermanita?

micsha #12 26/Decembro/2007 micsha

si

la seleccion hermanita

...de la caridad.............

XDDDDDDDDDDDD

frikis

Vaffanculo #13 27/Decembro/2007 Vaffanculo

TROLL

spider #14 27/Decembro/2007 spider

Cona! mellor ser 'hermanita' ca puta como a espanhola, que sae bastante máis cara.

piorno #15 27/Decembro/2007 piorno

A Federaçom Galega de Futebol... perdom, «Federación Gallega de Fútbol», anuncia na sua página web a possibilidade de comprar as entradas para a partida de hoje da Galiza contra os Camarões. Mas trata-se de um anúncio absolutamente enganoso, pois nom há lugar em toda a web onde se poda efectuar essa aquisiçom.

Por outro lado, quase nom se vê publicidade desta partida polas ruas, como si se tem visto doutras organizadas pola federaçom.

O que é claro é que o sr. Meana, presidente da citada federaçom, foi a pessoa que durante anos e anos se dedicou a boicotar qualquer tentativa de recuperaçom da selecçom nacional da Galiza, apesar do clamor social que o reclamava.

Actualmente, e porque o poder político o exige, a federaçom nom pode continuar a negar-se à posta em andamento da nossa selecçom, mas o que si pode, e parece que fai, é boicotar por todos os meios o seu êxito.

Conseguirá o mundo do futebol galego enviar finalmente para casa os caciques que o agrilhoam?

Meana NUNCA MAIS!

Avante GALIZA!

Barcelos #16 27/Decembro/2007 Barcelos

#12 Tes serios problemas. Deberías ir celebrar a túa festa particular a algún funeral, pasarías igual de desapercibido. Por min podes rirche ata da túa negra sombra.

OBSERVADOR #17 28/Decembro/2007 OBSERVADOR

Não são leões que são camarões...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: