Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Especial Selección 2007: Sobrenome

RSS de Especial Selección 2007: Sobrenome
Pablo Padín, presidente de Terra Galega

"Non me parece ben que se xogue con seleccións estranxeiras"

O dirixente do partido nacionalista cre que Galiza debe xogar con seleccións autonómicas, aínda que lle prognostica a vitoria fronte a Camerún.

Redacción - 17:24 26/12/2007

Un nome: "Os Xabaríns"

Un prognóstico: "Á selección masculina, un 3-0. Á feminina, 6-1, aínda que non son partidario de que as mulleres xoguen ao fútbol, porque lles estraga as pernas"

A Selección: "A min paréceme moi ben que se xogue a nivel autonómico, pero non con seleccións estranxeiras. Unha cousa é ser nacionalista, como eu son, e outra confundir o cu coas témporas. Dálle menos categoría á política"


1,47/5 (30 votos)


Comentarios (25)

tonohxc #1 26/Decembro/2007 tonohxc
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

vaia discurso mais rancio: machista e antinacionalista, ainda que el diga que o é. en fins, notase de que pe coxea...

ghalisia #2 26/Decembro/2007 ghalisia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Santodiós... de onde sacastes este dinosaurio?

BonKarallan #3 26/Decembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Con todos os meus respectos, vaiche a sentar as "tuas témporas" onde che caiban.

Estranxeiras son todas menos a Galega e non van xogar os homes contra as mulleres, aínda que todos mesturados ben poderían xogarse unhas estrelas de Galiza.

BonKarallan #4 26/Decembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estráganselles as pernas. Que peniña. ¡Manda carallo!

Unha cousa é ser nacionalista como ti es e outra ser nacionalista como hai que ser.

ranciadas #5 26/Decembro/2007 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero aínda pensades que este é nacionalista? Si, como Fraga. Terra Galega desaparecede xa e metervos no PP.

ichavinho #6 26/Decembro/2007 ichavinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Claro que é nacionalista e nacionalista espanhol;ademais machista

GALIZA_SOSEGO #7 26/Decembro/2007 GALIZA_SOSEGO
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dende Galiza Sosego (GzS) queremos constatar a nosa mais enérxica repulsa polas declaración extremadamente machistas, insultantes, e fora de lugar do Sr. Padin. Tales declaracións amosan un subconsciente permisivo coa violencia de xénero e co asasinato de mulleres por maltratadores de pensamento machista idéntico ao do Sr. Padin. Eximimos por respecto a tódalas mulleres, a sua nai, as suar irmas, a sua compañeira, as suas fillas, a rectificación inmediata de declaracións tan repugnantes.

GALIZA_SOSEGO #8 26/Decembro/2007 GALIZA_SOSEGO
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sr. Padin, as mulleres do seu partido que din das suas declaracións?

http://www.terragalega.es/mull...

furabolos #9 27/Decembro/2007 furabolos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E este tipiño quen é?

piorno #10 27/Decembro/2007 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois outros e outras nom somos partidários de que os meios de comunicaçom social entrevistem cavernícolas como este, porque lhes estraga o cérebro, se é que o têm.

Terra borrega.

triforio #11 27/Decembro/2007 triforio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

EPAAAAAAAAAAAAAAA¡¡¡¡¡¡¡
Erguede o brazo ben alto, que agora até hai nacionalistas feixistas¡¡
Pero manda carallo, vaia artistazo que hai aco.
Claro oh¡ As mulleres na casa e fregando para que non se lles estraguen as pernas. Menudo simpático.

Barcelos #12 27/Decembro/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Semella Jose Luís Coll (Tip e Coll), ou mellor Coliflor con Bacalhau.

¡Espantosaurio!¡Nazi-non-listo!

galeguzo #13 28/Decembro/2007 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este fulano não é nacionalista e, em todo o caso, nacionalista espanhol. Liguei-no por telefone em plena campanha das eleições municipais em nome de um meio de comunicação do país que usa o galego e falando-lhe em galego e atendeu-me em castelhano (às vezes cortava a comunicação, passava ao galego para dar algumas instruções, sei lá a quem, e voltava ao castelhano). Na Galiza, qualquer pessoa que milita no nacionalismo, mesmo que só seja por coerência, fala em galego, melhor ou pior.

baltar69 #14 28/Decembro/2007 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

bueno, bueno, bueno...
anque non comparto o exposto polo señor padín, coido que endosarlle " un subconsciente permisivo coa violencia de xénero e co asasinato de mulleres por maltratadores de pensamento machista idéntico" é unha deriva que non se desvía moito das diatribas tastabexas de algúns primeiros espadas da oposición a zapatero.
o tono de esas manifestacións eran, no que eu podo sopoñer, unha chanza e non se pode entrar a matar por cousa tan nímia, a pesares de que mulleres e homes morran no mundo por unha mala entendida política de convivencia e asociacionismo.
se o sr. padín entende que unha muller con traxe de chaqueta, falda pitillo pola rodilla e zapato de tacón alto está máis fermosa que outra xogando o fútbol e chea de bulleiro poderá buscar a quen cerre co seu canon estético e poderá incluso comentalo en público. por que si non é así apaga e vamos.

jrcoruna #15 28/Decembro/2007 jrcoruna
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

hai que ver os individuos que se apeghan ós espectáculos masivos pra ver se molan máis.... son máis tristes cós Lunnis....

jrcoruna #16 29/Decembro/2007 jrcoruna
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ó mellor habería que xogar.... non sei.... aquí na Coruña... Mariñeiros contra Cidade Vella (e pedindo permiso ós da Pza. de Pontevedra) que igual nos poñemos "independentistas".... ¿non sí?

pampeiro #17 29/Decembro/2007 pampeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A mín o que non me parece ben é que Espanha represente deportivamente á Galiza !!! Acaso o fai Inglaterra co Gales ou coa Escocia ???.Señor,por favor,mire un poquiño cara ás Illas Británicas !!!

Anti_Lusista #18 2/Xaneiro/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dende logo, para moitos nacionalistas o BNG non nos representa en absoluto, e non me serve a escusa barata de que o PNG representa a moderación no Bloque.

Moitos temos a esperanza posta en Terra Galega, que ate o de agora camiñaba con bo paso, pero como se lle ocorra contar con Carlos Marcos moitos non teremos máis remedio que votar os pailáns do Bloque.

Respecto ao das mulleres, non é machista, é unha estupidez supina, é o seu canon estético, pero está de máis a verdade.

Con respecto ao da selección, pois que se aclaren dunha vez porque a súas xuventudes manifestaron isto fai ben pouco na páxina do partido.

Cada un vai o seu rollo, constituíronse en cada comarca e aínda se están a organizaren. Pero o milleiros de vatantes potenciais esixímoslles coherencia, porque se non...

Anti_Lusista #19 2/Xaneiro/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aquí esta o link do que manifestaron na súa páina respecto das seleccións galegas.

http://www.terragalega.es/nova...

dumiense #20 3/Xaneiro/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para cando un nacionalismo de centro como é debido. Imaxinades á xente de CIU e do PNV dicindo o que dí o machista este?

Anti_Lusista #21 4/Xaneiro/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Je, pois machistas non, pero racistas e algunha vez radical cristiano no caso de CIU si, e xenofobas no caso do PNV tamén.

Roquinho #22 23/Xaneiro/2008 Roquinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei que tipo de nacionalista é xa que so se define como nacionalista sen especificar de onde: nacionalista galego, español, ou de que caste. Evidentemente nacionalista galego non parece, e ademais de nacionalista, como se con eso xa se definira, parece que non está moito pola igualdade de xénero (as mulleres mellor na cociña parece ser o seu lema) polo que penso que políticos desta indole deberían ir desaparecendo, aínda que eso correspondelle os votantes decidilo.
Penso que ten razón no da pouca categoria que lle dan a política persoas coas ideas que este señor reflicte nesas poucas liñas.

xurxinho_tolo #23 24/Xaneiro/2008 xurxinho_tolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

XA wen agardo que esa terra galega sea un conxunto a favor de galiza como o BNG e lle reste votos ao PP

Alecrin #24 24/Xaneiro/2008 Alecrin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bah estes non pintan nadiña de nada, ja, ja, ja que ironía "Partido Nacionalista" erraron o nome tiñan de nomearse "Partido Autonomista".
Por certo estes empregan sempre o español,teñen a mesma visión da nosa lingua que o insigne "embaixador español no vaticano". Pero certo é se serven para desviar votos do PP...

dumiense #25 27/Febreiro/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cando se darán conta de que Galicia precisa dun nacionalismo de dereitas, hai unha gran parte da poboación, votante do PP maioritariamente que está farta do españolismo rancio. Con intentos como o de este señor non imos a ningures. Un partido español como o PSOE entende mellor o sentido da nosa selección nacional, e iso que non o entende aló moi ben, que esta panda de inútiles.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: