Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANO NOVO

Vilagarcía recibe o 2008 por adiantado

A capital arousá celebra o fin de ano doce horas antes, ao mesmo tempo ca Nova Celandia.

Redacción / EP - 10:30 31/12/2007
Anuncio da festa

Anuncio da festa

Xente de todo país celebrará a noite do 31 ao 1 a chegada do ano 2008. Mais nunha vila adiantaranse 12 horas ao resto da xente. Unhas 3.000 persoas reuniranse este luns ao mediodía na Praza de Ravella de Vilagarcía de Arousa para seren as primeiras do país en recibiren o ano novo, á mesma hora que o estarán a celebrar nas súas antípodas, Nova Celandia. O Concello desta localidade precisou que dende as 11 da mañá se sucederán animacións musicais como a que ofrecerá grupo 'Troula' ou o concerto da Big Band de Vilagarcía e instalarase un panel para que os asistentes expresen por escrito os seus desexos para 2008. Antes das badaladas, repartiranse aos asistentes 3.000 cotillóns, 3.000 bolsas con 12 uvas, 500 botellas de cava, 300 quilos de doces de nadal, e 800 batidos e iogures para os máis pequenos, ademais de tubos de confeti.Cando o reloxo da casa consistorial dea as doce escenificarase a tradición de comer as uvas ao son das doce badaladas precedidas dos seus correspondentes catro cuartos, ao que seguirá unha traca pirotécnica e, a continuación, música até as 13:30 horas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: