Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Os irmandiños máis pequenos tamén xogan

O equipo cadete chega á final do Campionato Estatal

As seleccións nacionais tiveron unha desigual sorte no campionato. Os rapaces clasificáronse no último momento, mais as rapazas non puideron pasar á seguinte fase.

Redacción - 19:24 08/01/2008
Un momento do partido contra Canarias

Un momento do partido contra Canarias

O equipo cadete masculino de fútbol necesitaba empatar sen goles ou gañar contra a selección da Rioxa para pasar á fase final. Ao final empataron a uns, o que non lle chegaba a ningunha das dúas seleccións. Ao final pasaron á quenda de penaltis, na que os pequenos irmandiños foron derrotados. De todas, todas, á final pasaron, mais como segundos de grupo.

A final disputarase os días 29 de abril e 4 de maio en Albacete, e Galiza será un dos 8 mellores equipos alí reunidos para conseguir o ouro.

O equipo feminino non logrou a clasificación, aínda que puido despedirse da competición cun empate contra Asturias (1-1).


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: