Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTRÉASE 'CRISTOVÃO COLOMBO. O ENIGMA'

O novo filme de Manoel de Oliveira defende que Colón era portugués

A película de Oliveira, que acaba de cumprir 99 anos, únese ás teses defendidas por moitos investigadores de Portugal e doutros países.

Redacción - 18:38 09/01/2008
Cristovo Colón

Cristovo Colón

O filme leva á pantalla a teoría de que Cristovo Colón naceu na localidade alentexana de Cuba en 1451, e baséase no ensaio Cristóvão Cólon Era Português, publicado a comezos de 2007 por Manuel Luciano da Silva. De feito, a película recrea o traballo de investigación levado a cabo polo autor e a súa dona, iniciado nos anos sesenta nos Estados Unidos, onde residían. Como curiosidade, o propio Manoel de Oliveira, xunto coa súa muller, interpretan á parella protagonista nos seus últimos anos.

O lugar de nacemento de Colón segue sendo unha incógnita para moitos investigadores de todo o mundo, e moitos defenden, en Portugal e noutros países, que o descubridor do continente americano naceu en Portugal. Outros investigadores, como José-Martinho Montero Santalha defenden a súa orixe galega, baseándose na lingua empregada por Colón nos seus escritos.

O filme, que chega este xoves 10 aos cinemas portugueses, estreouse a nivel mundial na pasada edición do festival de Cine de Venecia, na que recibiu o premio Bisato de Ouro, concedido pola crítica independente. Despois do seu paso pola Mostra, a cinta participou nos festivais de Toronto, Montreal, Rio de Janeiro, São Paulo, Roma e e a Mostra de Cinema da Unión Europea de Washington.

Manoel Oliveira comezou hai escasas semanas a adaptación do relato de Eça de Queiróz Singularidades de uma rapariga loira, que se filmará este ano. O 2008 será un ano de homenaxes para Manoel de Oliveira, que en decembro cumprirá 100 anos.


4,88/5 (8 votos)


Comentarios (2)

esquio #1 9/Xaneiro/2008 esquio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

un dos maiores defensores da tese de que Colón era galego é Alfonso Philippot Abeledo, mariño vigués de pai italiano e nai galega, que publicou o libro "Colón, galego. O Almirante das mil facianas", entre outros sobre a orixe do navegante. A súa teoría parte de que Colón e Pedro Álvarewz de Soutomaior, Pedro Madruga poden ser a mesma persoa e que naceu en Porto Santo, San Salvador de Poio, a carón de Pontevedra. O certo é que alí ainda existe unha casa que se chama Casa de Colón ou Casa da Cruz (http://www.colon-philippot.com/images/casa.jpg">http://www.colon-philippot.com... ).
A páxina web de Philippot é:
http://www.colon-philippot.com

Esta outra web, defende tamén a orixe galega de Colón:
http://www.cristobal-colon.com...
e dá conta das teses a prol da mesma

Tino #2 10/Xaneiro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Menos mal: case prefiro q ese asasino, sanguinario, traficante de vidas humanas, e outras lindezas da sua vida, sexa español ou portugués e non galego.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: