O militar indonesio gobernou o país dúas décadas dende 1975, tras unha brutal incursión militar, pouco despois de se proclamar a independencia timorense.
José Ramos Horta, presidente de Timor-Leste
O presidente de Timor-Leste, José Ramos Horta, fixo esta cuarta feira un chamamento ao pobo para que perdoen ao ex ditador de Indonesia, Suharto, ingresado nun hospital dende hai dúas semanas, e preguen por el.
Suharto, que en decembro de 1975 -unha semana despois de que, tras a Revolução dos Cravos en Portugal, o goberno da Frente Revolucionaria de Timor-Leste (Fretilin), proclamase a república- invadiu militarmente o país, está moi grave e permanece conectado a un respirador artificial.
O seu mandato, deica 1998, estivo marcado por un rápido crecemento económico, mais tamén pola corrupción, polos abusos dos dereitos humanos e polas masacres. Precisamente, varios familiares do presidente timorense foron asasinados durante a ocupación indonesia.
Énos imposíbel esquecer o pasado, mais Timor-Leste debería perdoalo antes de que morra; pídolle ao pobo que pregue por Suharto como ex presidente de Indonesia", sinalou Ramos Horta.
Calcúlase que máis de 200.000 persoas -unha cuarta parte da poboación de Timor-Leste- morreron nas batallas, de fame e a causa das enfermidades durante a invasión e a ocupación indonesia.
perdoarlle a este cabrón? hum, creo que este non é o camiño.
o vello dictador debería ser xulgado por crimes contra a humanidade, pero para nada merece o perdón. e do pobo de timor menos que de ningún outro. era boa...
E que lle rece o Horta tamén para o perdón polo millón de comunistas que fixo desaparecer físicamente, mortos e exiliados, para se impór polas armas e os poderes do amo imperialista USA, ó lexítimo gobernante democrático da Indonesia: Sukarno.
Os mexapilas non poden chegar a presidentes ou córrense tódolos perigos. Pobre Timor en qué mans vai: promeiro o Xanana sae rato e agora éste. Todo son pulgas, demo!
As leis e os tribunais nacionais e internacionais,coma os pobos, non deberían entender de esquecementos senón de xustiza.
que curioso o concepto de perdon, tan catolico, tan axeitado para que o pobo esqueza as falcatruadas e os crimes especialmente dos ditadores de dereitas... pero cando llelas fan a eles non che hai perdon que valla tan só torturas e matanzas e paredons...