Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O equipo estrea unha moderna tenda virtual

A camisola do Celtiña, en galego, castelán e inglés

Os vigueses crearon unha páxina na que todo aquel que o desexe poderá mercar a roupa e máis os produtos oficiais do clube celeste, dende calquera parte do globo.

Redacción - 13:12 21/01/2008
A camisola Ceeeeeeel... ta!

A camisola Ceeeeeeel... ta!

Ademais das que hai en Balaídos e na Rúa Carral, o Real Club Celta de Vigo ten unha nova tenda, mais desta volta, na rede. Nesta tenda virtual os seareiros de todo o mundo poderán "contemplar e adquirir con total comodidade" toda a liña de roupa e produtos celestes.

A web www.tiendacelta.com ábrese en tres idiomas (aínda que o nome só está en un): o galego o inglés e o castelán.

Dende o clube insisten na seguridade das operacións ("permite realizar compras mediante tarxeta con total seguridade") e en que os produtos non van ser máis caros que nas tendas físicas do equipo ("os envíos hanse realizar a un prezo menor do habitual, xa que a empresa de mensaxería que traballa do Celta vai aplicar un desconto aos afeccionados celestes que empreguen este servizo").

A web representa, segundo o propio clube, un paso máis na "explotación das novas tecnoloxías", na "modernización do Celta".


4.44/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: