Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Comezou a galeguización das federacións

"Canastra" para o galego

O presidente da Federación Galega de Baloncesto reuniuse coa secretaria xeral de Política Lingüística para lle dar pulo ao galego no seu deporte.

Redacción - 14:00 24/01/2008
Cabeceiro da web do FGB

Cabeceiro da web do FGB

O presidente da FGB, Francisco Martín, foi recibido esta cuarta feira por Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística, para traballar xuntos dentro do Plan xeral de normalización da lingua galega, tamén no baloncesto.

Desde que comezou o seu proceso de revisión identitaria, a FGB, segundo contan, "quérese converter na entidade deportiva que se precisa en Galiza como símbolo do país". En coherencia con esta súa nova identidade corporativa, a FGB asumiu o sinal de identidade dos galegos: a nosa lingua.

As federacións comezan a se comprometer co uso do galego
Nesta estratexia, Francisco Martín falou con Marisol López e comezou un traballo que vai tentar converter o eido deportivo do baloncesto nun espazo de uso xeneralizado e normalizado do galego, segundo contan dende a FEB, facendo un traballo para que o galego sexa a lingua natural do baloncesto, a ferramenta do cambio social. Para isto vaise promover unha "visión afable, moderna e útil" del, "esfarelando prexuízos, reforzando e a súa estima e aumentando a súa demanda".


5/5 (13 votos)


Comentarios (8)

LOIS_DE_SILAN #1 24/Xaneiro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Évos indubidábel que está ben, desde a óptica da normalización do galego no seu territorio propio, que as federacións deportivas galegas asuman lingüisticamente a súa indentidade propia; mais, non volo é menos que esta conduta sectorizante supón unha estratexia normalizadora totalmente equivocada: sempre vos han quedar sectores por normalizar e por renormalizar.

As accións normalizadoras teñen que estar presididas polo criterio ou regra, derivado do ordenamento xurícico vixente e ó efecto aplicábel: na Galiza na súa lingua territorial propia coma en castela na súa, sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen aínda descoñeza lexitimamente a propia do territorio.

A sectorización évos coma querer baleirar o mar con cestos ou con caldeiros sen fondo!

xurxinho_tolo #2 24/Xaneiro/2008 xurxinho_tolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É UNHA BOA NOTICIA PARA O GALEGO DENDE LOGO.PODÍA ACONTECER TODO ISTO TAMÉN NO FUTBOL GALEGO

Alecrin #3 24/Xaneiro/2008 Alecrin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moito me temo que sexa un mero acto ritual para recoller euros.

Gaviotero #4 24/Xaneiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Y las canastas "en gallego" cuánto valen? Dios mío, cuánto paletismo...

BonKarallan #5 24/Xaneiro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero creo que vas bater o record de comentarios censurados por Vieiros.

lute #6 24/Xaneiro/2008 lute
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Espero que ninguém tenha que passar outra vez a vergonha que passamos os seareiros galegos, alomenos no primeiro partido da selecçóm galega em Lugo, quando emocionados de ver a camissola galega fomos procurar umha e nos decatamos de que no escudo destava em grandes letras: Federación GaLLega de Baloncesto, e por certo, que eu saiba, nengúm meio de comunicaçóm se fixo eco de tal aberraçóm.

Espero que tal aberraçóm se amanhara, pois acho que nom é um tema banal.

Poderia alguém confirmar como está o assunto?.

Grazas por adiantado

rothko #7 25/Xaneiro/2008 rothko
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como se pode ver na nova web da FGB (http://www.fegaba.com), a imaxe corporativa mudou en deseño e tamén en lingua. Neste punto xa non hai máis Federación GaLLega. Pero o de que o organismo -e, por extensión, o baloncesto galego- se normalice realmente por dentro, iso é outra historia.

rockandroll #8 26/Xaneiro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Já sabia eu que ia sair por aquí o assassino este do Gaviotero. Nom queremos falar com assassinos, só queremos bailar a moinheira sobre o seu fígado.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Martín e Marisol López, durante a xuntanza
Martín e Marisol López, durante a xuntanza
Dúas imaxes do baloncesto galego. As mulleres e os homes de Galiza, nos seus partidos contra Cuba
Dúas imaxes do baloncesto galego. As mulleres e os homes de Galiza, nos seus partidos contra Cuba