Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
PROTESTA

Un autobús de 'Galicia Bilingüe' percorrerá o país para denunciar a "imposición lingüística"

O colectivo pasará por todas as comarcas galegas mostrando a súa oposición ao decreto de galeguización do ensino.

Redacción - 19:54 30/01/2008

A asociación 'Galicia Bilingüe' segue en pé de guerra contra o decreto de galeguización do ensino. O colectivo reivindica a liberdade dos pais á hora de elixir o idioma nas aulas. Segundo a súa visión, os intentos de normalizar a precaria situación do galego nos centros de educación vulneran os dereitos lingüísticos.

O autobús, que repartirá panfletos da asociación, inicia a súa andaina este xoves na praza de Vigo de Compostela. Logo de percorrer todas as comarcas do país a campaña finalizará o vindeiro 1 de marzo na cidade da Coruña.


1.41/5 (39 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: