Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONCURSO DE MICRORRELATOS

Ponlle unhas 'letras' a Cuba

Entre os participantes sortearase unha viaxe para dúas persoas á feira do libro da Habana, canda a delegación galega.

Redacción - 12:20 01/02/2008

CRTVG e a Consellaría de Cultura organizan un concurso de microrrelatos para celebrar a presenza de Galiza como país convidado na Feira Internacional do Libro da Habana. As mensaxes que se envíen a Letras de Galicia a Cuba deben ser breves, de non máis de 160 caracteres (a extensión máxima dunha mensaxe SMS), estar escritas en galego e ter vontade literaria. Os participantes poden deixar os seus microrrelatos na web do concurso ou a través dunha SMS coa palabra 'habana' seguida dun espazo e a mensaxe, ao número 7788. O concurso comeza hoxe e estenderase ata o día previo ao comezo da Feira, esto é ata as 24:00 horas do 12 de febreiro.

En certa forma, a iniciativa lembra o contacto epistolar que tradicionalmente houbo entre Cuba e Galiza. As mensaxes deixadas polos galegos serán proxectadas nunha pantalla situada no pavillón de Galiza na Feira. Ao tempo, caquera cubano poderá ir deixando alí mesmo as súas letras para o pobo galego, que se poderán ver na páxina web da CRTVG.


5/5 (3 votos)


Comentarios (1)

redaccion #1 1/Febreiro/2008 redaccion

A pé desta información foi borrado un comentario:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: