Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A irmandiña de cinco xogadores

Xa temos selección nacional de fútbol sala

Despois da de baloncesto ou balonmán chegou a do fútbol pequeno, de tamaño, pero non menos espectacular. Os seleccionadores: Pardeiro do Burela, e Bruno García, do Azkar.

Redacción - 17:30 06/02/2008
Bruno García

Bruno García

Aínda non sabemos dos seleccionados. O único que se coñece é que xa hai selección nacional, e que o primeiro partido que han xogar vai ser en Ferrol.

E tamén os nomes dos seleccionadores, dous históricos do fútbol sala galego: Pardeiro, adestrador do Burela FS Pescados Rubén, e Bruno García, adestrador do Azkar Lugo, que en todo o tempo que estivo nos bancos de varios equipos, dedicouse a facelos ascender (o último, o Leis, na tempada pasada, na que subiu á División de Honra).

No mediodía da quinta feira presentarase o combinado nacional, coa presenza da directora xeral para o Deporte, Marta Souto; os presidentes das Federación de Fútbol e Fútbol Sala, Carlos Meana e Luis Pena; e o concelleiro de Deportes de Ferrol, Manuel Santiago.

Queda aínda moito por saber da Galiza do fútbol sala.


4,55/5 (11 votos)


Comentarios (6)

Gaviotero #1 6/Febreiro/2008 Gaviotero

¡Jajaja! Estos nacionalistas siguen con su imaginación desbordante...No, hijos, no...Lo que tenéis es una selección autonómica que, por lo que relata el propio artículo, más bien parece un combinado de amiguetes. Para ser una selección nacional tendrían que representar a una nación y aquí sólo hay una que yo sepa: la española.

carmu #2 6/Febreiro/2008 carmu

Boa noticia para o deporte nacional! En fútbol sala sempre fumos máis potencia que no outro!

Maeloc-do-Rouco #3 6/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco

Escoitando a Gaviotero um entende como moitos desesperam coa especie humana. A sua Maldade, o seu Degoiro de Protagonismo, a sua Falta de Respecto polos criterios dos outros (e mais cando se trata dum meio de tendencia nacional-galega e nom nacional-espanhola que e a que ele professa)...Um verdadeiro exaltado, provinciano e sem formazom...Como dim os inglesses: a real liability to say the least...meu pobrinho...que magoa da...nom aceita o debate, o unico que lhe vai e a "chuleria paifoquinha do provinciano" e ja esta...Classico EXALTADO latino a "antiga usanza"...Acho que nem os mediterraneos nem os latinos de hoje por regra geral ja nom acaem neste estereotipo

Coruxeiro #4 7/Febreiro/2008 Coruxeiro

O gavoteiro,temos que nombralo,(por méritos propios)o tonto dos foros

Tino #5 7/Febreiro/2008 Tino

Gastade as vosas enerxias celebrando q cada vez GALIZA está mais presente en todos os ámbitos.
E pensemos tamén no grande labor q está facendo o bng co deporte de base, é un traballo de futuro q nos está dando xa grandes alegrias.
Morte aos fachas noxentos coma gaviotero!

senmon #6 7/Febreiro/2008 senmon

Non será porque non hai afición en Galiza ao fútbol sala.
Dende Burela moi contentos cos seleccionadores, xa que Pardeiro merece isto por traxectoria e polas últimas críticas.
Bruno é un gran adestrador e entre os dous seremos campións no que nos deixen participar, espero xente moi distinta ao gaviotero.
Haber se así chegamos a ser socialmente o que merecemos!!!!!!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: