Na xuntanza acordouse rebaixar a altura do edificio, regresando á concepción orixinal, así como a posta en marcha de medidas urxentes de conservación.
A Consellaría de Cultura e Deporte e a Deputación da Coruña chegaron a un acordo para resolver o proxecto do edificio do Dolmen de Dombate nunha reunión á que asistiron o director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, un representante do organismo provincial, Gonzalo Prego, e o alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muiño; ademais de varios arqueólogos e arquitectos dos servizos técnicos das dúas institucións.
Na xuntanza acordouse rebaixar a altura do edificio. Polo tanto, a altura desta construción será menor que no último proxecto presentado e o seu deseño farase máis sinxelo e transparente para proporcionarlle un maior protagonismo ao conxunto dos dólmens e os seus elementos asociados e non ao seu contedor. Precisamente vólvese con esta modificación ás ideas contidas no proxecto orixinal que no seu día gañou o concurso convocado pola Deputación, que pretendía que non tivese unha incidencia excesiva ou agresiva para o propio monumento e a súa comprensión e percepción no contorno paisaxístico que o abeira.
Conservación
En canto á conservación, acordouse axilizar unha serie de medidas urxentes para a protección do conxunto do dolmen (incluídos os restos de pintura parietal que se conservan) con carácter provisional mentres non se constrúe o edificio que o cubra e que sirva, ao tempo, de instalación museográfica complementaria.
Paréceme ben que dunha vez por todas DOMBATE poida ser visitado en condicións. Non é normal que un plástico estea enriba desta xoia do megalitismo galego durante case 20 anos. Non se pode crer que sexamos tan retrasadiños. Pero o positivo é haxa alí un centro de recepción de visitantes e que as pinturas non desaparezan. Claro que aínda que a riqueza megalítica da Costa da Morte non se esgota en Borneiro(Cabana)é un bo paso que se fagan as obras nesta anta-símbolo de Galicia. Penso que Pondal tamén se alegrará se a Arca da Piosa (Muíño-Zas)recibe as atencións da Xunta de Galicia.