Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XIV edición da xornada de radio interescolar

"Identidade e territorio": Ponte nas ondas esténdese máis aló das aulas

O próximo mes de xuño, por primeira vez, as asociacións xuvenís poderán participar en Ponte...nas ondas! sen necesidade de facelo a través dos centros educativos.

Redacción - 09:00 08/02/2008

A localidade de Vilanova de Famalicão, en Braga, recibe esta fin de semana os participantes no Encontro Asociativo Xuvenil do Norte de Portugal e Galiza. Trátase dunha iniciativa que reunirá colectivos das dúas beiras do Miño para expoñeren as súas actividades, intercambiaren experiencias, afondar no achegamento cultural entre Galiza e Portugal e veren de como colaborar e estimular a participación social da mocidade.

Na xuntanza destaca a presencia de Ponte...nas ondas!, colectivo de xa longa traxectoria na exploración desa relación entre Galiza e Portugal e que terá un stand na mostra onde aproveitará para a promoción do novo proceso da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.

Desta volta, Ponte nas Ondas presenta ademais a convocatoria da XIV edición da xornada de radio interescolar que se vai celebrar o 6 de xuño baixo o lema "Identidade e territorio". Destacan desde o colectivo que é a primeira vez que as asociacións xuvenís poderán participar no evento sen necesidade de facelo a través dos centros educativos.


3.75/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: