Os citados a declarar son representantes da CIG mais, segundo outras informacións, poderían tamén ser chamados outros dous de CCOO e un da UXT.
Tres dirixentes da CIG: Antolín Alcántara (responsábel nacional de Negociación), Miguel Anxo Malvido (secretario nacional do Metal) e Víctor García (responsábel comarcal do Naval) foron citados a comparecer no Xulgado de Instrución número 1 en relación con algúns dos incidentes acontecidos durante a folga no sector do metal que tivo lugar en Vigo o pasado mes de maio.
Porén, segundo informa este martes o diario Faro de Vigo, tamén terían que comparecer o responsábel comarcal do Naval de CCOO, Ramón Sarmiento, o secretario comarcal do Metal deste mesmo sindicato, Emilio Docampo, e o homólogo deste último na UXT , Xosé Antonio Álvarez.
No entanto, tanto Sarmiento como Álvarez declararon a este xornal que non recibiran ningún tipo de notificación. Aínda así, o primeiro afirmou que de chegar esta non serían "os máis indicados para lle dicir á Fiscalía como ten que facer o seu traballo". "Eles fan o seu e nós facemos o noso", dixo.
Máis contundente foi o representante da UXT, ante a posibilidade de que se confirme esta información. "Parécenos unha auténtica carallada", sentenciou, e considerou que este tipo de actuación busca "demonizar aos sindicatos". "A parte empresarial foi a primeira que incumpriu a lei pero a esta non a implican", engadiu.
Neste mesma liña manifestouse Sarmiento: "No conflito había tres partes implicadas; coido que co paso do tempo traballadores, patronal e Administración conseguimos pechar as feridas que se puideron producir e unha actuación deste tipo podería volvelas abrir, e iso non está ben".
Indignación na CIG
Antolín Álcantara si confirmou que recibiran a citación hai días. Foi o responsábel nacional de Negociación da CIG o máis crítico coa Fiscalía, á que acusou de aplicar varas diferentes de medir.
"Xa que despois de sete meses actúa con tanto celo, podería aplicarse igualmente coa Policía, que durante a manifestación fixo unha carga brutal e sanguinaria -porque produciu feridos graves- contra os traballadores", dixo Alcántara.
Por último, considerou que "se hai sentido común, as dilixencias deberían ser arquivadas".
¿Dirigentes sindicales o terroristas callejeros? Porque los que agreden, queman contenedores y acuden a la violencia callejera son terroristas callejeros puros y duros.
Pueden estar tranquilos estos dirigentillos que no se va a demonizar a ningún sindicato, porque muchos ya tenemos bien clara la verdadera cara de los sindicatos...
NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡
A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:
http://brenlla.blogaliza.org/n...
Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.
ilegalizacion de ANV, multas a Causa Galiza, detencions por queimar fotos do rei, penas de prision para sindicalistas asturianos (Candido e Morala), e agora os do metal de Vigo (xa tardaban)... Todo baixo a criminalizacion de "terroristas".
Agresion ao idioma galego, baixo a mentira da liberdade: cántos notarios, medicos, avogados, etc deixan facer as demandas, as actas notariais e demáis en galego (na coruña cobran por facer a traduccion como se fora inglés).
Agresions as liberdades democráticas dende o goberno, empeñado en ser máis duro que o seu competidor o PP. Gaviotero ti defendes, se non o sabes, a Zapatero.
Mentras, os asasinos de Carlos en Madrid, os que provocaron o xenocidio iraqui, os que non condenan o franquismo etc. estan libres e van de democratas, repartindo criminalizacions.
Cando faremos unha mobilizacion na defensa das liberdades democráticas.