Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CERTAME DE CARTAS DE AMOR DE FENE

"Rodeado de pingas e de ti"

Paulo Jablonski, de Redondela, é o gañador do concurso organizado por Radiofusión, que este ano chegou á súa décima edición e recibiu unha ducia de textos.

Redacción - 09:00 15/02/2008

O xurado convocado por Radiofusión valorou a orixinalidade da carta gañadora, e a estructura e contido da carta enviada. Asimesmo acordaron conceder accesits ás cartas presentadas por Francisco Maceiras, e por Xose Luis Vazquez Somozas pola súa calidade literaria. O autor da carta gañadora, Paulo Jablonski, poderá gozar dunha cea e unha estadía dunha noite no Hotel Pazo Libunca de Narón. Paulo nunca se presentara ao certame fenés, e tampouco é habitual doutros concursos literarios. Porén, si que lle gusta escribir cartas e mais, un hábito que aos poucos vaise perdendo. Dáse a circunstancia de que Paulo, nacido en Galiza e galegofalante, ten as súas orixes familiares noutra Galizia, na rexión polaca.

Curiosamente, o gañador do certame de cartas de amor que Radio Fene (Radiofusión) vén organizando dende hai dez anos no San Valentín, non ten moi boa opinión do Día dos Namorados: "Como lin que dicía hoxe un grupo que protestaba nun centro comercial de Vigo: San Valentín, a min plin!". Di Paulo que o día está moi mercantilizado e que baséase todo en estrataxemas comerciais para vender produtos: "o día dos namorados é para quen estea namorado, e se o estás é todos os días", conclúe. Presentarase ao concurso de microrrelatos de Vieiros?

Fragmento da carta gañadora
Levántome. Os pés descalzos lévanme ata o salón. Lévanme rápido. As baldosas adáptanse perfectamente ao frio da noite e non teñen contemplación co insomnio. No chan e na mesa, os dous caldeiros e as dúas toallas humedecen aos poucos, ao ritmo da choiva. Coa man atrapo a pinga que molla esta carta. Tela aquí. Escóitaa. Quizais te convide a danzar o vals de Cohen ou coller unha toalla. No meu salón hai dúas e algo de baldosa para o baile agardándote. Sabes, xunto coa pinga, que a noite non perdoa os silencios.

Rodeado de pingas e de ti,

eu

Escoita en Radiofusión a Xosé Leira, presidente do xurado


4.57/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxe do xurado, conformado por Iván Puentes, María Xesús Arias, e Xosé Leira, que o presidiu
Imaxe do xurado, conformado por Iván Puentes, María Xesús Arias, e Xosé Leira, que o presidiu