A obra, dirixida aos rapaces, busca romper os preconceptos e as falsas ideas sobre as vantaxes e desvantaxes dos fillos criados por parellas homosexuais.
O Livro de Pedro é unha historia infantil narrada en primeira persoa por Maria, que lle conta á súa filla como ela viviu unha infancia feliz nun contexto pouco común: tivo dous pais, o Pedro e o Paulo, parella homosexual. A historia remata coa filla de María en casa dos avós, Pedro e Paulo, no día en que todos celebran o cumpreanos da pequena.
É o primeiro libro infantil de Portugal que trata de xeito tan directo a homosexualidade, sobre todo o xeito en que un rapaz críase nese entrono, con dous proxenitores do mesmo sexo. A obra, realizada pola ilustradora Manuela Bacelar, presentouse este xoves en Lisboa e está editado por Porto Editora.
Unha editorial de Bilbao, A fortiori, ten desde hai un par de anos unha colección de libros nesa mesma liña provocadoramente chamada "En favor de la familia". Un dos seus títulos téñeno traducido ao galego, de feito: O día da ra vermella.
Web de A Fortiori: http://afortiori-bilbao.com/
Ficha d'O día da ra vermella: http://afortiori-bilbao.com/editorial/documents/35_11.html
Os primeiros non son:
http://timeout.sapo.pt/news.as...
En decembro foron publicados "De Onde Venho?" e "Por Quem Me Apaixonarei?".