Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA

Milleiros de persoas berran 'Galiza non se vende'

Veciños e colectivos sociais e medioambientais chegados de todo o país conforman unha marcha masiva caracterizada polo ambiente festivo e a música.

Redacción - 12:52 17/02/2008

Na presentación da rede Galiza non se vende o pasado novembro os representantes que exercían aquel día de voceiros da rede resumiron os dous anos de goberno bipartito cun rotundo "quedamos sen espazos de oposición", e acusaron aos dous partidos que conforman a Xunta de defender un "modelo enerxético depredador, en contra dos intereses dos cidadáns" e de ter mudado moi pouco as políticas exercidas polo Partido Popular.

Galiza non se vende sitúa entre os principais problemas do país o plano acuícola elaborado pola Xunta, a Lei de Minaría, a Lei de Portos Deportivos, o urbanismo salvaxe, a destrución do litoral e das rías, a instalación de indsutrias perigosas ou contaminantes como Reganosa e Ence, así como a destrución do entorno provocada polos parques eólicos e a contaminación xerada polas centrais térmicas.

A rede espera reunir este domingo en Compostela a milleiros de persoas chegadas de todo o país e que están a sufrir distintos problemas a nivel local ou cuxo entorno máis próximo está véndose ameazado ou está sendo destruído. Os integrantes da plataforma definen a convocatoria como unha mani-festa-acción, polo carácter lúsico e orixinal que terá a marcha.

As orixes da rede
O xermolo da plataforma foi a Rede Litoral Vivo, nacida hai uns meses e que en maio convocou unha gran manifestación en Compostela baixo o lema, precisamente, de "Galiza non se vende". En Litoral Vivo aglutinábanse xa un bo número de colectivos en defensa das rías ou da costa. Pero non só a costa está ameazada, como quedou claro nas accións locais en defensa do Courel ou da Serra da Grova. Así pois, a rede abriuse a outros colectivos e hoxe agrupa xa a máis de sesenta asociacións. As entidades que conforman a rede comparten o obxectivo de "acadar unha xestión máis sustentábel e solidaria dos nosos recursos naturais e pular por unha ordenación do territorio racional e socialmente xusta".


4,53/5 (30 votos)


Comentarios (19)

piscus #1 16/Febreiro/2008 piscus

Na aldea de Perros,concello de Sarria,un residente previo arboricidio de castaños,pechou parte dun souto que sempre estivo aberto e foi de disfrute colectivo, con bloques de cemento,e unha alambrada,nel atopase unha capela,en pleno Camiño de Santiago,atenta claramente contra lei de protecion do Camiño de Santiago,lei de patrimonio cultural galego,dereito civil, e incluso a asociacion amigos de souto, temos un documento donde especifica un camiño publico pola parte pechada, esto temolo denunciado xa coa Xunta do PP, esperando que se cumpla as leis,e non recordar os tempos do "CACIQUISMO".A asociacion amigos do souto temos reinvindicado un area de ocio e descanso, que poidera levar unha lapida en recordo de F.Martin Sarmiento,por ser os seus orixes familiares de esta aldea,e ser un gran loitador pola dignificacion da nosa lingua e cultura,
SEGUIREMOS LOITANDO POR TER UNHA LAPIDA EN RECORDO DE F.MARTIN SARMIENTO NO SOUTO DE PERROS

Gaviotero #2 16/Febreiro/2008 Gaviotero

Como siempre, con excusas medioambientales y disfraces de cordero, los lobos del BNG vuelven a intentar movilizar a su electorado, esta vez con el curioso lema de que Galicia no se vende.

¿Lo dirán por ellos que se han vendido al socialismo español a cambio de coches oficiales, sueldazos y secretarias?

Sería bueno que algún medio de comunicación gallego investigara quién financia a esta plataforma y por qué. Porque tanta cartelería no sale de la nada...

Albert #3 16/Febreiro/2008 Albert

Piscus, tedes o meu apoio moral.

Gustaríame ir a esa manifestación, mais a situación xeográfica impídemo. Tamén contades co meu apoio.

Gaias #4 17/Febreiro/2008 Gaias

Esa manifestacion tiña que ser aqui, en A Coruña ou en Vigo e non en Santiago (ainda que sera igual un exitazo) pois e na costa donde mais sufrimos esta politica depredadora que esta a destruir a nosa costa, medio ambiente, e saude.
Dende Ferrol ata a fronteira Sur con Portugal, unha costa destruida, contaminada e se non lle poñemos fin a tempo, unha nova Marbella en Galiza.

Gaviotero #5 17/Febreiro/2008 Gaviotero

Será un exitazo en Vieiros y poco más...pues en el resto de los sitios pondrán la cifra real de manifestantes.

pitelo #6 17/Febreiro/2008 pitelo

piscus moita sorte na tua loita.

agardo que hoxe sexa un bo dia para galiza non se vende.

Ó señor gaviotero dalle igual todolos problemas que ten galicia , o único que lle importa é o seu partido de caciques.

AGIL #7 17/Febreiro/2008 AGIL

Não pude ir, mas estou convosco. O reino boubónico de espaÑa está a esmagar o que não é os interesses das suas classes dominantes, aliás, vendidas ao capital estrangeiro, como o sr. asnar ou como o genro do sr. asnar... Tanto patriotismo..., mas preferiu os dólares do Murdoch antes que salvar espaÑa no "consejo de estado": Será isso o que pretendem os militantes do pEpE, vender ao estrangeiro, acusar de vendidos aos que não nos vendemos, burlar as leis fundamentais do reino... numa palavra: enriquecer-se. Mas há tantos Murdochs dispostos a comprar pelo mesmo número de dólares os militantes que não são asnar? Com um ou dous, basta. Os outros a desfazer todas as que eles chamam "regiones espaÑolas", e não só, para tirar benefícios a eito, como o Pizarro ou o Fabra, o ladrão de Castelló.

sozinho #8 17/Febreiro/2008 sozinho

Estou convosco, inda que non puidese ir, porque non me considero hostil ao bloque. Pero as fotos que aparecen aquí fan que vexamos claramente de que partido é a manifestación. Isto é unha derrota ao ecoloxismo galego independente.

charino #9 17/Febreiro/2008 charino

Chama a atención que nas fotos da representación feita pola gentalha do pichel non apareza Quintana. A manipulación tamén chega ata eiquí. Debería darvos vergoña. Pola contra, non estou de acordo con sozinho cando di que é unha derrota do ecoloxismo independente. Isto é unha victoria de aqueles galegos e galegas que loitan por unha firme política de conservación do medio ambiente.

remexendo #10 17/Febreiro/2008 remexendo

Poidemos ver ó Beiras e a Camilo Nogueira. Que non sería o BNG se os dirixentes do mesmo non fosen Paco Rodriguez e o dos bailongos e paparotas con vellas ( Quintanilla)

sozinho #11 18/Febreiro/2008 sozinho

Charino, non só é iso, son as bandeiras do bloque (había algunha do PSOE ou do PP, ou das súas xuventudes?). Ademais, se non sae Quintana é que tiña un papel secundario porque fai menos graza. Tampouco me parece ben a transformación do patrimonio galego non se vende a Galiza non se vende, coma se fose a nación o que está en xogo.

charino #12 18/Febreiro/2008 charino

Me parece sozinho que ti eres dos que pensan que Galiza soamente é a do BNG. Pois vos foderon, agora xa non é só vosa. Tedes que comezar a traballar, pero non na moqueta. ¿Qué é para tí a nación? Para min é como cantaban fai tempo os de Fuxan os Ventos: "unha terra, un pobo e unha fala".

signatus #13 18/Febreiro/2008 signatus

sozinho: Derrota do ecologismo independente? Vé-se claramente de quê partido é a manifestaçom? Bandeiras do Bloque?

Esta convocatória é um éxito de organizaçons (ecologistas e outras) apartidárias e independentes (o que nom quer dizer que absolutamente todas as entidades participantes o sejam). Foi umha convocatória realizada à marge de partidos políticos, sindicatos e meios de comunicaçom de massas e, contodo tivo os impressionantes resultados que tivo.

Nom houvo bandeiras do BNG nem de nengum outro partido, houvo algumhas bandeiras galegas (com e sem estrela, da CNT e dalgumhas plataformas locais.

Quem tem um problema coa naçom és ti. O lema Galiza Nom se Vende fai referência ao território e às gentes, nom à naçom. "O Mundo Nom Está á Venda" fai referência à naçom mundial? "A Ria Nom se Vende" fai referência à naçom da ria? "Murcia No se Vende" fai referência à naçom de Murcia?

Isto nom foi umha manifestaçom patrótica, foi umha mobilizaçom cidadá construída desde o ecologismo apartidário e independente.

sozinho #14 19/Febreiro/2008 sozinho

Aí, aí. Demostrando apertura de miras, instinto de liderazgo. Viva a Galicia desconfiada!
Pois nada, charino e signatus, facédesme os deberes de ler dúas veces as mensaxes anteriores e entregádesma por triplicado e a limpo (coas descalificacións ben contundentes e traballadas!).
Exponse un comentario ou unha información e aparecen os detectives da filiación, os sicólogos da idea de nación. Unha vergoña.
Para os organizadores moito ánimo! Só certos imberbes confunden a crítica co desacordo.

signatus #15 19/Febreiro/2008 signatus

sozinho, meu, nom sei de quê estás a falar. Podes explicar, por favor isso de:
- "as fotos que aparecen aquí fan que vexamos claramente de que partido é a manifestación"
- "Isto é unha derrota ao ecoloxismo galego independente"
- "non só é iso, son as bandeiras do bloque (había algunha do PSOE ou do PP, ou das súas xuventudes?)"

É que a cabeça nom me dá para mais.

sozinho #16 19/Febreiro/2008 sozinho

Ola, signatus. Procurarei abreviar: Sempre que hai unha manifestación ecoloxista, aparece algunha bandeira, invitado ilustre, discurso ou calquera outro tipo de presenza visible do BNG... e case nunca outro partido.
Iso é o que non me gusta, corresponda a quen corresponda. (E estou pensando na sociedade galega, non en ningún partido concreto!).
Dende logo formalmente a manifestación foi independente, non o poño en dúbida. Sen embargo de fondo habería moito que falar...

sozinho #17 19/Febreiro/2008 sozinho

Por certo. Nación: conxunto de xentes asentadas nun territorio que comparten unha cultura común, non?
E pregunto eu, por que non "a natureza non se vende"? Do contrario parece que estamos a falar de grupos empresariais autóctonos que resisten ante unha opa hostil!

signatus #18 20/Febreiro/2008 signatus

sozinho:
- Que ti vejas na palavra "Galiza" só o nome dumha naçom e, já que logo, umha proposta nacionalista, é problema teu (ou deste país). Repito-che que o nome é semelhante a "O mundo nom está à venda", "A ria nom se vende", "Murcia nom se vende"... Nom sei se foi o nome mais acertado ou nom, simplesmente foi o lema (junto com "Terra viva e vida digna para tod@s", nom o esqueças) da manifestaçom da Rede Litoral Vivo, que medrou e mudou o seu nome.
- Nom se pode controlar que tal ou qual pessoa do BNG ou do partido que for vaia a umha manifestaçom, mas si que nom vaia na cabeceira desta, que nom tenha um papel central, que se mantenha num segundo plano, como qualquer cidadám. E acho que a Rede GNSV fijo isto mesmo.
- Umha bandeira galega coa estrela nom é umha bandeira do BNG. A bandeira do BNG é branca e co logo desta organizaçom. Controlar que haja bandeiras com escudo, com estrela, sem nada, anarquistas ou de cores variadas é quase que impossível.
- A postura da Rede GNSV é bem clara a respeito dos partidos políticos, e nom é precisamente amável co BNG, como tampoujco o é co PSOE ou co PP. Se fosses à manifestaçom teria-lo comprovado em pessoa.
- O que si é certo é que determinadas organizaçons neste país procuram "nacionalizar" toda mobilizaçom que tenha um certo relevo, tentando reconduzir discursos como o ecologista neste caso, cara o seu campo, o do nacionalismo/independentismo. Mas por muito que haja quem pretenda outra cousa esta mobilizaçom, como o trabalho da Rede, nom é patrótica senom de defesa dum ordenamento territorial ecologicamente sustentável e socialmente justo.

sozinho #19 20/Febreiro/2008 sozinho

Xa, agradezo a información, pero temos unha percepción algo diferente do asunto. No que me contas si vexo presenza do BNG e tamén vexo que hai intensas loitas dentro do BNG. Pero non penses que teño unha paranoia co BNG, sei positivamente que a maior parte das persoas que estaban na manifestación non teñen unha motivación nacionalista. Sen embargo, se me dis que unha bandeira galega coa estrela vermella se non leva o logo oficial do bloque non manifesta polo menos apoio ao BNG... pois entón si que estou paranoico. Voume toma-la pastilla a ver se non vexo nacións por todas partes, ghe, ghe.
Pero hala, se estamos de acordo no fondo, alegrémonos de que houbese polo menos dez mil persoas e que vaia para algo! Que pescadores quiten a ganancia non me preocupa tanto, realmente, se o medio ambiente e a democracia saen gañando.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: