Manuel Brañas convida aos veciños afectados polo PXOM a presentar alegacións.
Dende o goberno local de Aranga deféndese a legalidade do proceso de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Aranga, cuestionado nos últimos días dende os grupos da oposición, e lémbrase que o concello está a ser escrupuloso co procedemento habitual para a aprobación deste tipo de planeamentos. A este respecto, o alcalde Manuel Brañas nega as acusacións de "ocultismo" e afirma que todos os veciños recibiron unha carta informándolles do inicio do período de exposición pública. Así mesmo, ofrécese para explicarlles persoalmente aos veciños as consecuencias do novo PXOM.
O rexedor engadiu que os grupos da oposición "so queren enfrentar aos veciños co Concello, e buscan a crispación". Brañas manifestou o desexo do gobierno local de resolver esta situación garantindo os dereitos dos veciños, e ofreceuse para atender todas as súas demandas. "O que teñen que facer os veciños e consultar os seus problemas cos técnicos da oficina de urbanismo, e presentar por escrito as súas alegacións", afirmóu o alcalde, quen reiterou o seu compromiso de "atendelas todas, dacordo cos informes dos técnicos".
Brañas convocou un pleno para o vindeiro día 27, como lle solicitaba o PSOE, para tratar o asunto.
Según declaracións do Alcalde ós medios, hay dous anos que chegou a un acordo para urbanizar "A Carballoa". A forma, recalificando os terreos no seguinte plan urbanistico. Ata que se presentou o plan a exposición pública os veciños non se enteraron, agora dí que o explicará.¿Isto non é ocultismo?
Di que atenderá tódalas reclamacións según os informes dos técnicos. ¿Que poden esperar dos veciños da palabra dunha persoa coma esta?, si están todos comprados.
É máis aseguraría que as declaracións deste artigo non se lle ocurriron a él, non sabería falar tan ben, e escribir menos.