Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
RAMONET PRESENTA A EDICIÓN DE XERAIS DAS SÚAS CONVERSAS

Fidel falará galego este sábado

A obra, actualizada e revisada, será presentada na Habana polo seu tradutor, Xosé Manuel García Crego.

Redacción - 10:00 23/02/2008

Quixo a casualidade que Galiza fose a protagonista na Feira Internacional do Libro da Habana no momento histórico da renuncia de Fidel Castro a continuar no cargo de presidente. E tamén é coincidencia que na mesma semana en que isto se producía se presentase a versión galega, editada por Xerais, das conversas de Ignacio Ramonet co líder cubano. Fidel Castro, A Miña Vida, publicado en castelán orixinalmente co título de Cen horas con Fidel, presentarase este sábado na Feira do Libro a partir das once e media da mañá na Sala Nicolás Guillén.

Non se trata dunha simple tradución, pois a obra foi aumentada e actualizada (mesmo foi revisada polo propio Fidel durante a súa convalecencia). A obra, produto das entrevistas que Ignacio Ramonet tivo con Fidel Castro durante tres meses, repasa toda a vida do presidente de Cuba, dende a súa infancia, a Revolución ou os momentos que marcaron a historia do país nas últimas décadas, como a crise dos mísiles e a visita de Xoán Paulo II, así como a relación de Fidel co Che Guevara e Hugo Chávez, e o futuro do socialismo.

Finalmente, o libro, traducido por Xosé Manuel García Crego, tamén trata as orixes galegas de Castro, así coma a participación de galegos no asalto ao cuartel Moncada e no proceso revolucionario. Ademais, un dos capítulos está dedicado a Manuel Fraga e noutro repasa as súas relacións co Estado Español a través de Felipe González e José María Aznar.


4,64/5 (11 votos)


Comentarios (9)

Gaviotero #1 23/Febreiro/2008 Gaviotero

¡¡¡MUERTE AL DICTADOR, AUNQUE HABLE CASTRAPO, QUE NO GALLEGO!!! ¡¡¡VIVA CUBA LIBRE!!!

fouze #2 23/Febreiro/2008 fouze

Uma deputada do PP tambem dixo essas mesmas palavras , cuido que foi uma tal Loiola de Palacio.Semelha que o costume extende-se.

Ghaviotero #3 23/Febreiro/2008 Ghaviotero

Por certo, unha vez esoitei a uns do PP vasco dicir que eles amaban o éuscaro, que eles eran tan vascos coma o que máis, etc.

Pois esta Loiola de Palacio non se chamaba así. Ela chamábase Loiola Jauregi (Jauregi quere dicir palacio en éuscaro), e cambiou o apelido. pero o mellor é que Loiola cambiou "Jauregi" por "de Palacio" e a súa irmá Ana cambiouno por "palacio" a secas.

Pedir a morte de alguén, Gavi-Otero, é un pouco feixista canto menos. Sexa quen sexa.

Roi_Batti #4 23/Febreiro/2008 Roi_Batti

Para ser máis exactos Gaviotero é un liberal-feixista, unha persoa que utiliza a liberdade como excusa, pero que no fondo ten unha ideoloxía de caracter totalitario.

Roi_Batti #5 23/Febreiro/2008 Roi_Batti

ah! Eu mercarei o libro este porque Fidel é o derradeiro mito vivo e o máis grande estadista do século XX, por tempo que mantivo o seu proxecto político e por influencia relativa no mundo.
É unha mágoa que tivese que ser un fillo da diáspora galega, que sería de nós de ter desenvolvido a súa vida aquí?

simplementeego #6 23/Febreiro/2008 simplementeego

de ter desenvolvido a súa vida aquí non existiría ou sería un maqui como o piloto ou o foucellas. As condicións do mito non se darían.

Carlinhos #7 23/Febreiro/2008 Carlinhos

Fidel "falou" galego a começos dos anos noventa (já havia vida inteligente).FIDEL CASTRO. UN GRAO DE MILLO. Conversa con Tomás Borje. Asociación de Solidariedade Galego-Cubana "Curros Enriquez, traduzido por Francisco Pillado Mayor do imprensado na Havana em Julho de 1992 e a versom em mínimos fixo-se em Noia no 94. De nada.

COUTOVEN #8 24/Febreiro/2008 COUTOVEN

Estou ansioso en hojear as páxinas deste libro. En primeira instancia, para exercitar a lectura dun idioma tan fermoso que me herdaron os meus devanceiros. E en segunda instancia, como explica Fidel 2 feitos importantes na súa relación con Venezuela. A primeira, o O porqué da invasión a Machurucuto? E a segunda, A estraña relación con Carlos Andrés Pérez (C.A.P) baixo a cal estableceuse o pacto de San José que permitiu brindar petróleo en condicións vantaxosas a Cuba. Sendo tan beneficiosa, que determino que Fidel fose un dos invitados estelares á segunda toma de posesión de C.A.P. Ata o punto, que o 4 de febreiro de1.992 foi un dos críticos máis severos de Hugo Chávez e hoxe como todo o mundo sabe. A historia é outra.

ecoe #9 25/Febreiro/2008 ecoe

Non lle desexemos ó paxaro o mesmo final que á Jauregui.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: