Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NO ECUADOR DO CURSO

Cincuenta centros incumpren "gravemente" o decreto do galego

A Mesa presentou en Educación unha listaxe cos casos máis graves, salientando que son "só un exemplo" do que realmente hai.

Redacción - 18:42 20/02/2008

A Mesa pola Normalización Lingüística entregou esta cuarta feira no rexistro da Consellaría de Educación unha listaxe cos nomes de medio cento de centros nos que se incumpre "de forma especialmente grave o decreto de galeguización do ensino".

O presidente da asociación, Carlos Callón, asegurou que a listaxe é só unha selección cos nomes daqueles centros dos que A Mesa ten coñecemento, mais salientou que existen moitos máis na mesma liña: "case sería máis fácil entregar unha listaxe de parabéns aos centros nos que si se cumpre, que unha nómina de todos os que non o fan", dixo Callón, poñendo como exemplo que "en ningún ciclo formativo de toda Galiza se cumpren os mínimos estabelecidos pola lexislación".

Dende A Mesa tamén destacaron que o incumprimento é masivo, sobre todo "no tocante aos ciclos formativos e ao ensino infantil, unha etapa educativa onde, segundo o novo decreto, o galego tería de ser a lingua vehicular nas zonas de maioría galego falante, e chegar a un mínimo dun cincuenta por cento nos outros sitios".

Nalgúns colexios mesmo os propios mestres recoñecen o incumprimento da norma por escrito. Algúns exemplos sabidos pola Mesa: hai quen, tendo o libro en galego, tradúceo, dando os apuntamentos en castelán, ou quen mesmo dá as clases da materia de Lingua Galega tamén en castelán.

Nas vilas, nas cidades e no rural, incumprimento por igual
O presidente da Mesa quixo destacar que os nomes destes centros denunciados ante Educación non se van facer públicos, de momento. Porén, vaise realizar un seguimento para comprobar que se está a traballar de cara á aplicación de norma. Se os centros "persistiren", daquela si que se darán a coñecer os seus nomes.

Segundo Carlos Callón, os casos recollidos de vulneración do decreto no conxunto do país distribúense dun xeito semellante en cidades, vilas e no rural, algo que cualificou de "un tanto sorprendente". Callón destacou tamén o feito de que "non hai moitas diferenzas entre centros públicos e concertados".

Unha listaxe de medio cento de centros dos que deron aviso
Os datos presentados foron obtidos grazas á colaboración "da base social da Mesa", segundo a propia organización, cuxo presidente informou de que van entregar un novo informe coma este antes de que remate o curso, para que "que a información sexa dinámica, e que os centros que hoxe non cumpren comecen a facelo".

A pesar do negativo dos datos, Callón recoñeceu que "hai unha mudanza a respecto dos últimos anos do PPdeG, e no caso dos libros de texto naquelas disciplinas en que existe material en galego, estase a cumprir máis coa lexislación, aínda que non plenamente".


4,8/5 (20 votos)


Comentarios (14)

raposo #1 20/Febreiro/2008 raposo

Os que nom queiran cumprir a lei terán que responder ante a xustiza!

raposo #2 20/Febreiro/2008 raposo

E que nom quera passar por lo aro terá que dedicarse a outra cousa. O ensino é o pilar clave da nossa construçom de pais. Som horas de depurar.

kkruxo #3 20/Febreiro/2008 kkruxo

Pero, porfa, que alguén llo faga chegar aos teimosos membros de Galicia Bilingue, que andan co rollo de que é imposible escolarizar aos alumnos en español...Eu dou aulas nun centro de Vigo, e ben sei que os meus compañeiros asinan que traballan en galego, cando todos saben que non é certo. Por certo, ningún dos meus dous fillos -que sairon da casa falando galego- volveu da Gardería falando o mesmo idioma. E do Bacharelato non quero falar, por suposto.

Gaviotero #4 20/Febreiro/2008 Gaviotero

Si la noticia fuera cierta, lo cual viniendo de la Mesa por la Falsificación Lingüística, ya nos tememos que no será así, mi enhorabuena a esos 50 centros que se niegan a ser pisoteados por la bota del fascismo-nacionalista. Y cada vez serán más los centros que apostarán por la LIBERTAD de los padres y los alumnos a hablar en la lengua que elijan frente a los experimentos nazis, con Z de Zapatero, de Callón y los que le subvencionan.

outrolector #5 20/Febreiro/2008 outrolector

Parabéns á Mesa pola Normalización Lingüística polo seu traballo de recolleita de testimonios, e por amosar publicamente, e tamén no rexistro do goberno galego, a situación surrealista, indigna e hipócrita que se vive nalgúns centros de ensino con algúns profesores que non cumpren a lei.

fuco-lois #6 20/Febreiro/2008 fuco-lois

Non hai un "filtro" para que o Gavi-otero a vaia rañar contra os fentos...!

raposo #7 21/Febreiro/2008 raposo

Se censuraramos a 'Gaviotero' caeriamos no mesmo erro que eles cometeron. Gaviotero pode participar neste espazo pq entende o Galego.
Paradóxico Gaviotero, quenes son os fascistas??

raposo #8 21/Febreiro/2008 raposo

E quero anhadir que é moi triste que os mesmos galegos estemos enfrentados po-la actitude de esta xente. Hai que facer-lles entender que fora do galego nunca pasarán de paletos provincianistas. EDUCAÇOM!

Gaviotero #9 21/Febreiro/2008 Gaviotero

El Colegio de Beade (¿o debería denominarlo granja naci?) también incumple gravemente el decreto de normalización porque TODAS sus asignaturas se imparten en el idioma de laboratorio RAG-2003, incluida la de Lengua Española...

raposo, fascistas sois tú y los tuyos, que pretendéis imponer una lengua y un pensamiento único, y que tenéis un miedo terrible a dejar que la gente elija LIBREMENTE. Y que además, si no os hacen caso, agredís, insultáis y, si pudiérais y tuviérais dinero para ello, pegariais tiros en la nuca.

roixordo #10 21/Febreiro/2008 roixordo

non é a miña intención, como dí algún, a de alimentar os trolls, ¿pero é de recibo este último comentario onde se acusa a alguén de non matar por falta de cartos? a liberdade de cada un remata onde comeza a do próximo, e este usuario hai tempo que rebasou este límite.

Cancalla #11 21/Febreiro/2008 Cancalla

Gaviotero, polo que a min respeita non estou a favor de impoñer nada a ninguén Mais non entendo que sexa unha imposición que en Galiza se eduque en galego.

Até o de agora, eu mesmo fun vítima, a educación foi prácticamente ao cento por cento en castelán. E non oín aos que agora defendedes o dereito a elixir que o defenderades daquela.

Eu estiven escolarizado durante a democracia. Non estou a falar da época franquista, estou a falar que durante a democracia un rapaz coma min, na década dos trinta, non tiven a posibilidade de escolarizarme na lingua natural de Galiza. Tan só tiña que conformarme en ter unha única asignatura (Lingua Galega) ao cento por cento en galego. E iso no mellor dos casos.

O que se trata agora é de situar ao galego no eido que lle corresponde e tratar de repoñer, ata onde sexa posíbel, os agravios aos que foi históricamente sometido.

Dame pena, denantes que vergoña, que haxa galegos que desprezen o seu idioma. A chave a sua cultura autóctona.

Txopas #12 21/Febreiro/2008 Txopas

Casteláns a Castela. Xa o dixo Rosalía

davidelc #13 23/Febreiro/2008 davidelc

Muito se leva comentado ao respeito do idioma nestes dias (as eleizóns están aí, e a direita española ten que mover ficha, que España se nos desarma...!)

Non entendo como unha persoa, mesmo con algun tipo de problema mental, pode facer o comentário último do gaviotero. Das-me pena

Por certo, opina de todo... Pergunto-me: non será que recebe un salário desde PP por despotricar tanto?

Maeloc-do-Rouco #14 5/Marzo/2008 Maeloc-do-Rouco

Deixade-o que siga dizindo burradas e animaladas...Nom e possibel debater porque nom quer..o unico que quer e rebentar qualquer ponte pra falar-mos como pessoas por que NEGA-SE A SER PESSOA...Quem vai contestar se este ser vivo e incapaz de respectar a maioria no foro no que ninguem lhe pom obstaculos a ceivas burrada apos burrada e monologo apos monologo (ao reves que os foros da onda ultraconservadora a que coido que ele pertence, onde nom e o caso, cousa que ele hipocritamente omite..nada raro, deficits educacionais profundos de quem che tira os joguetes a face se nom queres jogar canda ele...Patetica crianza...Deixemo-lo...Cos discos arraiados NOM SE FALA e menos ainda com este naipelinho que ainda semelha nom ter madureza avonda pra falar sem encrespar e contrastando ideias e arguementos ainda que sejam diferentes e mesmo opostos..E que??...Mais nom e possibel e este "gamberrete" so cuspe PALABROS: que si liberticidas, fascistas, nazis, nazional-socialistas, totalitarios, etc etc...Pra que seguir?? Som essas achegas dignas dumha pessoa que nom venha directamente do curuto dum bananeiro???...Por favor! Medra meninho e aprende a escoitar, a falar e a moderar a tua linguagem supra-exaltada e de baixos instintos. Ningum dos teus interlocutores (se e que es quem de pensar alem do teu embigo en-vigo) se meresce que digas o que dis sem achegar NEM UMHA SOA IDEIA OU ARGUMENTO DIGNO DE SER (POTENCIALMENTE) CONTRASTADO COM SERIEDADE...Isto nom e umha feira rapazolo, a ver se falamos como as pessoas, que ja vai sendo tempo...E tu dis-te cristiano??

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: