Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FEIRA INTERNACIONAL DO LIBRO DA HABANA

"A algúns dálles pánico que a literatura galega se visibilice fóra"

Para moitos autores, as críticas á presenza de Galiza na mostra cubana revelan unha visión subalterna da cultura propia. O debate está aberto.

Redacción - 19:07 22/02/2008

A participación de Galiza na Feira Internacional do Libro da Habana marca un antes e despois na internacionalización da literatura galega. As críticas do PPdeG á viaxe fixeron que se dera un debate sobre o papel da literatura propia e a importancia de que esta saia alén das nosas fronteiras. Os conservadores acusaron á Consellaría de Cultura de “dilapidar” fondos públicos e dubidaron publicamente da utilidade deste tipo de encontros.

O posicionamento dos populares, ao que tamén se sumaron algúns medios, non sentaron nada ben entre moitos dos escritores que participaron nos actos. Para moitos, a polémica ten que ver co papel de cultura “subalterna” que dende determinados sectores se lle dá á nosa literatura. Este xoves, algúns escritores non deixaron pasar a ocasión para analizar o acontecido en diferentes artigos de opinión. Dous exemplos diferentes son os de Manuel Rivas, que estivo na Habana, e o de Xosé Luís Méndez Ferrín, que aínda que estaba convidado non acudiu finalmente. Rivas publica en El País “Cuba, Galicia e o complexo de Procrustes” e Ferrín fai o propio en Faro de Vigo cun artigo titulado “N´A Habana”.

A escritora e presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro, tampouco ten dúbidas do acontecido: “Dame vergoña a utilización política que se fixo da Feira do Libro da Habana. Eu creo que foi un escaparate magnífico. Sen dúbida, sempre pode haber cousas criticábeis, mais neste caso estou segura que se combinaron os ataques electoralistas dun partido cunha preocupante falta de confianza na cultura propia do país. A algúns dálles pánico que a literatura galega se visibilice fóra”.

“Non somos unha Santa Compaña gastronómica”
Máis crítico e expeditivo co ocorrido foi aínda o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (Aelg), Cesáreo Sánchez Iglesias: “Cando se fala do autoodio do colonizado sempre se pensa nas clases populares e isto non é así. Por exemplo, o caso do autoodio revelouse aquí en determinados sectores con poder. O obxectivo é destruír a imaxe positiva que pode vir de fóra cara adentro, porque un pobo tamén é o reflexo de como se percibe dende fóra”. Cesáreo Sánchez mostrouse especialmente doído por algunhas críticas que se verteron contra os participantes na feira: “Nós non somos unha Santa Campaña gastronómica como ten sucedido no pasado, nin imos facer negocios por aí a conta dos emigrantes”.

Outro dos que se sinte moi sorprendido pola polémica é Miguelanxo Prado. O autor, recoñecido internacionalmente polo seu traballo, cre que a presenza da banda deseñada galega na Habana foi moi positiva xa que contribúe a darse a coñecer e abrir novos mercados no exterior. En canto ás críticas ao gasto, Prado sinala que “descoñezo o trasfondo económico do evento. Aínda así coñezo outros desembarcos, como de Cataluña ou o de España en Francfort e foron moito máis espectaculares e potentes. O que sí sería terríbel e ridículo é chegar cunha proposta limitada”. Prado considera que a lista de autores convidados a Cuba é “incontestábel” e cualificou de “irresponsábeis” as lecturas do evento que se fixeron dende “determinadas tribunas”.


4,72/5 (29 votos)


Comentarios (21)

esquio #1 22/Febreiro/2008 esquio

Comparto totalmente a visión de Manuel Rivas e de Helena Villar. Á parte máis conservadora do poder real no pais, é dicir oa PP e máis a La Voz de Galicia, proelles que a nosa cultura ande soa polo mundo, como a de calquera outra nación que se prece. Ese é o problema, nin os cartos, nin a organización, nin quen foi á Habana. Non asumen que temos unha cultura e queremos estar no mundo por dereito propio. Ogalla veñan moitas Feiras onde sexamos páis convidado, ogalla os de Cultura non se asusten do que di algún medio e sigan por este camiño.

simplementeego #2 22/Febreiro/2008 simplementeego

o auto odio dos galegos non é tal. O único autoodio é aquel que queren fomentar algunhas clases politicas absorvidas por madrid, onde non interesa nada máis que o uniformismo. "España una y antes roja que rota"

simplementeego #3 22/Febreiro/2008 simplementeego

por eso lles proe que saimos da niñada, porque é aí onde se ve a súa falsa "España" e onde se tenta difundir aquela Hespaña, con H da que falaba castelao.

ecoe #4 22/Febreiro/2008 ecoe

Si fala alguén de despilfarro qsue miren para o Gaiás -que non nos traerá a CULTURA á MAIORÍA de galeg*s-, ou mesmo para o grandísimo emprendimento do TAV/AVE de mal aghoiro -que non impedirá que a IMENSA MAIORÍA DE GALEG*S sigamos a ter que nos desprazar polas carreteruchas terceiromundistas e polos trazados das estradas de velocidade limitada, con centos e miles de aldeias e pobos e máis vilas por circunvalar-.

O problema real está, como sinala moi ben Ferrín, no tratamento de GZ como Nación, como País: próelle ós españoleiros de toda a vida, tangas, multilingües en español, etc., etc.

Eso sí: como levan demostrado os medios en tódolos incidentes de prensa pasados e presentes: a información CONTRASTANDO AS FONTES sempre e con absoluta OBXECTIVIDADE, ou sexa, informando, NON opinando. LCozdeG e os outros NUNCA OPINAN: Ja, ha, ha, ha!

Lidor #5 22/Febreiro/2008 Lidor

Que se fodan, Galiza si muove.

ecoe #6 22/Febreiro/2008 ecoe

En calqueira caso a nosa CULTURA, a GALEGA, chega con retraso ó mundo, mentres que os nosos emigrantes recorrérono todo para sobrevivir desde HAI SÉCULOS, -porque a GZ submetida ó €$tado €$pañol NUNCA poido, hoxe tampouco, os nosos xóvenes seguen a emigrar- dar traballo á sua población.

xaviersouto #7 22/Febreiro/2008 xaviersouto

O Rivas no seu artigo no Pais não defrauda. Como sempre amostra-se um hábil escapista na melhor tradição de Hudini, e é que se trata de um artista escamoteando certos deficits inocultáveis para um escritor que se diz de esquerdas: “o primeiro compromisso dum escritor é escrever”, “Ir a Cuba era unha misión obrigada para un escritor democrata”,... Desde o princípio nos confessa que ele foi lá dar lições de democracia, e que só ficou dois dias, não se fora contagiar. Para fazermo-nos engolir mais doadamente o facto de que seu compromisso real é com o jornal e com o grupo que sistematicamente calunia tudo o que seja emancipador em América, o senhor Rivas faz uma peça de vitimismo impagável. Faz olhinhos de carneiro degolado, pobrinho, mas quem lhe paga e lhe oferece sua plataforma para a promoção de vendas é o grupo Prisa, e este põe condições que são obvias para qualquer que tenha olhos para olhar: Viva a liberdade de expressão!

pampeiro #8 23/Febreiro/2008 pampeiro

Estes ¨populares¨ queren que de paso tamén difundamolo castelán polo mundo diante coma lle pediron ós cataláns na Feira de Francfort.Iso que o faga a Xunta de Castela e León !!!

COUTOVEN #9 23/Febreiro/2008 COUTOVEN

As opinións non son para nada desacertadas. O que me parece que asusta pouco aos detractores da nosa lingua, é o suposto pánico que pode producir a difusión da Literatura Galega fóra das nosas fronteiras. Como en a Feira Internacional do Libro dá Habana, Iso simplemente parece un titular esaxerado.

Todo o mundo sabe que esta feira é un parapeto como outros tantos comúns en Cuba para difundir un pensamento político e reunir a moitos “intelectuais” e “xornalistas” para establecer liñas de traballo ideolóxicas. Por suposto, hai verdadeiros creadores literarios que van ao que van. Difundir literatura. Posiblemente sexan os menos.

Moito máis dano prodúcese á nosa literatura, á nosa cultura e os nosos intereses cando a preocupación pola Galiza exterior por parte de VIEIROS é practicamente nula. Por non dicir inexistente. Destacando que esta conduta traizoa flagrantemente os seus principios fundacionais deste medio. É triste ver como os titulares dedicados a Venezuela son simples traducións da axencia bolivariana de noticias e só cóbrense noticias que pouco ou nada teñen que ver coas problemáticas que a nosa comunidade padece neste país. Pola contra, asume unha liña de defensa servil y rastreira dun réxime fascista e criminal que o único de socialista que ten é o nome.

A comunidade Galega na diáspora tería que ser o promotor máis adecuado para facer coñecer o noso idioma noutras latitudes. Simplemente porque a nosa presenza é real, e non esporádica como na feira do libro antes sinalada. O Nº de emigrantes Galegos en Arxentina e Venezuela, coas súas relacións en todos os ámbitos a trabes de décadas de convivencia e identificación con estas nacións é a mellor garantía de promoción da nosa cultura.

kelsen #10 23/Febreiro/2008 kelsen

Ise é a gran eiva da cultura galega; que algúns despistados de casino residentes e ausentes non aturan que a cultura galega se abra ó mundo sin complexos. Parabéns para o artigo de Manolo´O rivas.

Gaviotero #11 23/Febreiro/2008 Gaviotero

No nos da pánico que la literatura en gallego, que no gallega, se "visibilice" fuera. Lo que nos da pánico es que a gente ya de por sí adinerada como Manolito Rivas o Suso de Toro, se les compren 400.000 libros y se les lleve una semana junto a 250 personas más con todos los gastos pagados a cargo del erario público, porque si no, no venden una puñetera mierda.

Y nos da pánico que con las necesidades culturales que hay en Galicia, se destine más de UN MILLÓN DE EUROS a enriquecer a los amiguetes, que a eso y no a otra cosa se ha ido, en una feria escasamente relevante en una dictadura bananera.

En fin, nos da pánico la corrupción a espuertas con dinero público. Nos da pánico, en definitiva, el nacionalismo caciquil.

bertus #12 23/Febreiro/2008 bertus

Concordo algo contigo, xaviersouto. Penso que, aínda respectando que Rivas coincida co país en non ser partidario do rexime cubano, tratándose dun evento destas características, debería facer alusión ao asunto na súa columna en castelán; non porque o galego non serva pra tratar determinados asuntos, madialeva (eis a culumna de Ferrín nas páxinas centrais de Opinión do Faro), senón porque o xornal madrileño ten as páxinas en galego nunha sección de asuntos locais, cando o asunto ten unha dimensión claramente internacional. Dalgún xeito Rivas é obxecto hipócrita da crítica que está a facer, amonsando certo "complexo de Procrustes", ao darlle un tratamento de portas pra adentro.

xaviersouto #13 23/Febreiro/2008 xaviersouto

O Rivas não tira a mascara nem pode fazê-lo já que perderia parte da sua paróquia ou de seus confortáveis retribuições. Ele pousa á esquerda mas só e uma pose. O que não se recata em dizer é que uma “democracia”, ainda que seja com Aznar ou com Bush– e estes não se podem separar de suas guerras devastadoras–, é melhor que o governo cubano. O subtexto de seu discurso sempre é o mesmo, o que compartilha com o jornal ao que serve: o governo de Colômbia e de México, ponhamos por caso, são muito mais democráticos do que os de Cuba, Venezuela e de Equador. É aqui onde eu acho a sua identidade, colonizadora, com a direita que ele aparenta criticar. Que se assuma com claridade e que não ande a chorar pela ruas.

bertus #14 23/Febreiro/2008 bertus

Eu non son un lector habitual do país, sei que teñen manipulado información arreo sobre Venezuela e Cuba. En troques, non sei cal é a opinión de Rivas a respecto de Colombia ou Venezuela. Deste artigo seu, con respecto a Cuba só se desprende: 1) que está en contra de que en Cuba haxa un partido único, e 2)contra do bloqueo ianqui. E xoga a dicir que o está tanto dunha cousa coma de outra porque o considera unha vulneración dos dereitos humanos. Este é o discurso de Rivas sobre o seu posicionamento respecto á cuestión da política cubana. Deste texto non se pode inferir que lle pareza máis democrática Colombia ca Cuba, nin moito menos Venezuela (país que está en contra do bloqueo e no que hai un réxime político pluripartidista -e a proposta fracasada, de momento, de reforma constitucional, pesia ao que dixera El país (non sei, insisto, o que dixo Rivas) seguía a manter un modelo pluripartidista).
Falo desde o descoñecemento doutros artigos, se os hai, nos que Rivas se posicione sobre estas cuestións. O feito de que estea contra dun modelo cun partido único non fai que estea ideoloxicamente máis próximo a un modelo coma o Colombiano. Temos, por exemplo, o caso de Ignacio Ramonet, que é crítico co modelo cubano neste sentido, e, sen embargo, non podemos dicir que prefira o modelo colombiano. Ora ben, temos que engadir que a distinción que fai entre "sociedade" e "réxime" indica algo desa falta de claridade á que aludes. Por outra banda, tal distinción é bastante confusa conceptualmente, xa que sería máis axeitado falar de pobo e non de sociedade pra contrapolo a un réximen.

Galego-na-diaspora #15 23/Febreiro/2008 Galego-na-diaspora

***Simplementeego: "O auto odio dos galegos non é tal"? Dasme permiso pra escarallarme de risa? O último episodio vivino no Aeroporto do Prat (Barcelona, onde eu vivo): Cola pra facturar a equipaxe. Parella de mediana edade, cun neno, falando galego entre eles. Nun certo momento, a nai xírase cara ao fillo e fálalle en castelán.

***Calquera comparación de Galiza con Catalunha fai chorar.
Galiza é unha terra en decadencia, cun galego que esmorece na franxa de edade entre os 16 e os 21 anos e episodios insólitos que, de darse en Catalunha, convertiríanse en escándalo: Negativa de xuices a casar en Galego, Alcaldes que gastan cartos públicos pra manter topónimos deturpados (Vázquez), Empresarios que ordean non falar "en lenguas menores" aos empregados...

***Eu sou fillo de galegos, nin tan sequer nacín na Galiza, pero apredín a súa lingua. Na minha propia familia, tenho tíos que votan ao BNG e falan castelán aos seus fillos, meus curmáns...

***Simplementeego: Galiza, capital do Auto-odio. Non o cres? Lé a Gaviotero.

Galego-na-diaspora #16 23/Febreiro/2008 Galego-na-diaspora

***Por certo: aproveito a ocasión pra manifestar a minha nostalxia por aqueles vellos foros de Vieiros, onde pode ser que nos insultáramos, pero que amosaban estar mais vivos que estes. Que se lle vai facer. Pra os que non vos lembrades, son G@legoenCatalunya.

Sara_Mago #17 23/Febreiro/2008 Sara_Mago

tinha que ir Rivas a apreender-lhes aos cubanos como é a cultura livre... quanta soberba!!!

bertus #18 24/Febreiro/2008 bertus

Sara_Mago (nome doutro escritor "el país" que firmou este manifesto con Rivas entroutros - http://www.letraslibres.com/in... - e que non por iso deixa de valorar outros aspectos positivos da política cubana), a referencia de Rivas a "cultura libre" no seu artigo é un bo argumento ad hominem. Repito que non coñezo outras opinións de Rivas sobre Cuba e admito certa ambiguedade nese artigo, mais son cauteloso respecto a sacar conclusións precipitadas del, xa que penso que hai que ter tino con non ser víctimas da manipulación mediática e admitir que en Cuba se permite a crítica sen que iso signifique apoiar o outro ou tachalo de herexe (eis a boa acollida a Rivas nos medios cubanos: http://www.cubarte... ou http://www.juventudrebelde.cu/... ), pois esa é a estratexia mediática de xornais coma El país. Sucede isto nos casos mencionados de Saramago ou Ramonet. http://www.rebelion.org/notici...

ecoe #19 25/Febreiro/2008 ecoe

Ó millor algúns dos escritores e outros é que "se confunden" un algo, pois non é sinónimo de libertade política ter uns cantos partidos legais, nun espectro político determinado (de tal ponto a tal outro, o que determina un Réxime político, esto é, un abano da "Constitución €$pañola 1977"); como tampouco é ter libertade de expresión poder decirte (a ti mesmo?) calquera posición política si non hai canles para a expresión de posicións semellantes (p.e. que non aparezan a miude nos medios esas opinións en contrastes con outras, xa que de contrastes pouco entenden os medios do Réxime: para detentar a libertadde de expresión, os Roura e unha Compañía moi limitada tiveron que dispór de máis de 7.000 millóns de ouros.

Son esas libertades políticas e de expresión, esto é, DEREITOS HUMANOS BÁSICOS IMPRESCINDIBLES?

Ó millor o que pasa é que o CAPITALISMO, sustrato básico da sociedade na que vivimos e que nos deturpa, NON TEN CAPACIDADE PARA RESPECTAR OS DDHH DA POBLACIÓN, nin propia nin allea!

bertus #20 25/Febreiro/2008 bertus

ecoe, non sei por quen dis que "se confunden" e en que. Humildemente agradecería que mo dixeras, pois, como xa dixen, do artigo do Rivas non se pode dicir que se faga unha loubanza do capitalismo; antes ben, dise que non respecta os dereitos humanos ao someter a Cuba a un bloqueo económico e mediático.
Insisto en que ser partidario dun modelo pluripartidista (caso de Ramonet ou Chávez en Venezuela) non significa ser favorable ao capitalismo. Polo demais, concordo contigo, xa que non só "non é sinónimo de liberdade política ter uns cantos partidos legais" -pois, coma dis, o capital silencia moitas voces- senón que tampouco o é ilegalizalos e pechar xornais. E non falo de Cuba.

xaviersouto #21 25/Febreiro/2008 xaviersouto

# 18 Olha, gosto muito do sentido do humor do Rivas, e acho que deveria usá-lo mais. É um gajo engraçado. Por outro lado, a “ambiguidade”, e a elipse, bem estão na literatura, ainda que eu prefira a “verdade”; pior a vejo, àquela, na política: sei que é difícil, mesmo querendo com todas as forças, ver com claridade o caminho, mas nossas limitações não escusam as consequências.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: