Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Sétima edición

O Pen Clube fai públicos os seus premios Rosalía de Castro

Este ano os galardoados foron Mia Couto, en portugués; Joan Margarit, en catalán; Álvaro Mutis, en castelán; e Jon Kortazar, en éuscaro.

Redacción - 18:52 22/02/2008

Un ano máis o Pen Clube sacou á luz a resolución dos seus premios Rosalía de Castro, que van xa pola súa sétima edición. Cada dous anos, a entidade galega premia a catro relevantes personalidades do mundo da literatura, que este ano recaeron en Álvaro Mutis, Mía Couto, Joan Margarit e Jon Kortazar, nas linguas castelá, portuguesa, catalá e éuscara, respectivamente.

Tras a deliberación do xurado do Pen Clube, o seu presidente, Luís G. Tosar, anunciou que "ninguén mellor que o colombiano Álvaro Mutis, escritor, novelista, poeta, crítico e unha das figuras cimeiras das letras hispánicas" para recibir o galardón. Así mesmo, tamén foi escollido o mozambiqueño Mia Couto no referente ás letras portuguesas.

En lingua catalá, acadou o galardón o poeta Joan Margarit, nado en Lleida, con obras traducidas a diversas linguas, mentres que o vasco Jon Kortazar, crítico, ensaísta e investigador, recibiu o premio por converterse nunha "figura relevante na literatura en éuscaro e estar ademais moi vencellado a Galiza", xa que este premio recoñece aos escritores pola súa obra significativa, pero tamén "por seren amigos do noso país".


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: