Nimo corría na casa, no Monte do Gozo, e fixo bos os prognósticos. Abel, e pesares de entrar de segunda na maratón de Sevilla, quedou a nada de conseguir o pasaporte para Beixín 2008.
Pedro Nimo
Pedro Nimo está a piques de entrar na historia do atletismo galego, porque o domingo conseguiu igualar a marca de Álvaro Salgado (catro veces campión galego de Cross), e fáltalle unha vitoria máis para chegar aos 5 triunfos seguidos que fixo Alejandro Gómez.
Nimo, xa totalmente recuperado da malaria que collera en África cando participaba nunha carreira, mantivo durante boa parte da carreira compostelá un duelo con Lolo Gómez, que ao final gañou Nimo, beneficiándose dun problema físico do seu rival. En mulleres venceu María Jesús Gestido, proclamándose tamén campioa galega de Cross.
María Abel, a un minuto de conseguir o pasaporte para Beixín 2008
O lado escuro da xornada protagonizouno María Abel, que non puido conseguir, pola mínima, o pasaporte para competir nas Olimpiadas de Beixín.
A atleta luguesa terminou en segundo posición a maratón de Sevilla, cun tempo de 2 horas, 33 minutos e 33 segundos, ficando a un minuto da marca mínima que pide a Federación Española de Atletismo para poder ir ás Olimpiadas. Só quedou por detrás da portuguesa Ana Dias.
Aínda así, Abel ten posibilidades de poder vivir a súa segunda experiencia olímpica (foi 26 en Atenas 2004) se ao final a federación aposta por un equipo feminino na maratón.
Maria é sin dudalo a mellor deportista lucense,pero o mais importante é que merece estar nas olimpiadas,seguro que non defrauda a ninguen.Temos que facer un esforzo para darlle o noso apoio.
¡MARIA QUEREMOS VERTE EN PEKIN!!!!!!!
FEDERACION SODES UNHOS PAQUETES SE NON VEDES A SUA CALIDADE!!!!!
ADEMAIS SERIAN AS SUAS TERCEIRAS OLIMPIADAS(NON AS SEGUNDAS,ESTIVO EN SYDNEY 2000 TAMEN)E PENSO QUE ESTA NO SEU MELLOR MOMENTO DE FORMA,O UNICO QUE LLE ESTA FALLANDO É A SORTE...A VER SI A FEDERACION POR UNHA VEZ PENSA UN POUCO CA TESTA